Presentámosche unha serie de actividades para o mes do libro e da lectura. As sete bibliotecas municipais acollerán diversas propostas para todas as idades, tanto público en xeral como para o alumnado dos centros públicos do Concello.
Da ciencia para tod@s de Ler para Saber ata o encontro literario co escritor Santiago Jaureguizar para falar da súa obra "A coroa de Napoleón". Tamén achegaráse o ilustrador Xosé Tomás para impartir novos obradoiros de banda deseñada e Yolanda Castaño iniciará a mozas e mozos á creación poética.
Ademáis, exposicións temáticas e contacontos con Pedro Brandariz, Marisa Irimia e outr@s, recitais de poesía e dramatizacións literarias con Soledad Felloza xunto con espectáculos como "Abrapalabra" de Matapiollos Teatro e "Hip hop, poema pop" de Modestos Contos de Broadway, completarán o noso mes do libro e da lectura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario