- Xuvenil (a partir de 15 anos):
"A punta de pistola" de Fran Alonso
Xerais
Dúas historias paralelas que converxen nun inesperado final, a do Varas, delincuente habitual e a súa muller, que secuestran a punta de pistola durante un encontro familiar aos seus fillos tutelados polos servicios sociais. Este será o punto de inicio dunha trepidante fuxida, con final inesperado e na que terá algo que ver o outro personaxe da historia: Camila, unha camioneira que non só conduce o seu vehículo senón que é dona da súa empresa, escribe un blog e está a punto de embarcarse nunha nova aventura no outro lado do océano. Temas como a marxinalidade, a desestructuración familiar e social, a igualdade, a superación e a educación póñense de manifesto ao longo da obra.
- Moz@s e adult@s:
"Un mundo soñado" de Grace McCleen
Salamandra
O tema principal da novela é o fundamentalismo relixioso. Narra a historia de Judit, unha nena de 10 anos orfa de nai que vive co seu pai e ambos son membros participativos dunha secta cristiana. A habitación de Judit convértese no seu pequeno mundo onde confecciona co material que atopa unha maqueta en miniatura da súa cidade. É o seu refuxio fronte a hostilidade coa que se atopa na escola e a incomunicación co seu pai. Alí os seus desexos poden facerse realidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario