- Infantil (a partir de 6 anos):
"La danza del tiempo" de Irene Aparici e Enrique Quevedo
Cuento de Luz
Fermosa obra que, mesturando ficción e realidade, achega o coñecemento do sistema solar e a mitoloxía aos máis pequenos. Compara o sistema solar cunha compañía de danza, na que a directora é dona sol, e explica como os oito planetas dan voltas ao seu redor, nun baile harmonioso e delicado. Ao mesmo tempo, para explicar a orixe do nome dos distintos planetas relaciónaos coa mitoloxía.
Un imaxinativo álbum, cunhas orixinais ilustracións, que vai gustar aos nenos e nenas, pero tamén aos pais, nais e profesorado que queiran introducilos no mundo da astronomía.

- Moz@s e adult@s:
"El mar" de John Banville
Anagrama
Premio Príncipe de Asturias das Letras 2014
Autor irlandés que ademais de asinar as súas obras como John Banville, tamén escrebe novela negra co pseudónimo de Benjamin Black.
Tras a morte da súa muller, despois dunha longa enfermidade, o historiador de arte Max Morden, marcha a unha vila costeira, na que veraneou cos seus pais na infancia. O pasado convértese no seu refuxio, fronte ás dolorosas lembranzas de cando vivía con Anna, a súa esposa.
Intercala recordos da infancia e da adolescencia, outros da vida coa súa muller, xunto con partes nas que explica o que lle está acontecendo actualmente, tanto na casa de veraneo “Los Cedros” (lugar a onde se traslada), como na relación coa súa filla.
Sobre "Los Cedros" rememorará, especialmente, a súa relación coa familia Grace, que tanto o marcou. Ese verán será o inicio do descubrimento da amizade e o amor, pero tamén da dor.
Banville é coñecido polo estilo conciso e preciso da súa prosa. Esta obra gañadora do Premio Man Booker 2005 ou do Irish Book 2006, é unha conmovedora meditación sobre a perda dun ser querido, a dificultade para asimilar a dor e a desaparición dese ser, a nostalxia polos tempos pasados, xunto coa liberación que lle producen as lembranzas.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario