- Infantil (nenos-as de 8 a 10 anos):
"Blancanieves" de Jacob & Wilhelm Grimm, ilustrado por Benjamin Lacombe, en Edelvives.
As ilustracións de Benjamín Lacombe, son o que fan diferente este conto tradicional dos irmáns Grimm. Atopamos unha Brancaneves fermosa, fráxil, delicada, fina e doce acompañada dunhas ilustracións onde predominan os tonos fríos que contrastan co vermello da mazá envelenada e os beizos da Brancaneves. Álbum ilustrado de gran tamaño e cunha moi boa calidade de papel, que de seguro será un pracer tanto a lectura como a contemplación das imaxes tamén para os "menos cativos" da casa.
- Mozos-as e adultos-as:
"Feminismos" de Olga Castro e María Reimóndez, editado por Xerais
O libro fai un percorrido ameno e divulgativo sobre os feminismos no mundo e tamén en
Galicia, poñendo de manifesto a grande cantidade de estratexias desenvolvidas en contextos social, política e culturalmente tan diferentes, tendo como finalidade mellorar a situación das persoas do mundo, non só das mulleres."Blancanieves" de Jacob & Wilhelm Grimm, ilustrado por Benjamin Lacombe, en Edelvives.
As ilustracións de Benjamín Lacombe, son o que fan diferente este conto tradicional dos irmáns Grimm. Atopamos unha Brancaneves fermosa, fráxil, delicada, fina e doce acompañada dunhas ilustracións onde predominan os tonos fríos que contrastan co vermello da mazá envelenada e os beizos da Brancaneves. Álbum ilustrado de gran tamaño e cunha moi boa calidade de papel, que de seguro será un pracer tanto a lectura como a contemplación das imaxes tamén para os "menos cativos" da casa.
- Mozos-as e adultos-as:
"Feminismos" de Olga Castro e María Reimóndez, editado por Xerais
O libro fai un percorrido ameno e divulgativo sobre os feminismos no mundo e tamén en
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario