- Infantil (menores de 6 anos):
O meu avó Carmelo, de Dani Torrent
Kalandraka
Esta obra é un emotivo álbum que nos fala da relación dun neno co seu avó, como el lle contaba historias de lugares afastados, pero agora todo cambiou. Presenta, con delizadeza, unha nostalxia do pasado, a transición da infancia á etapa adulta, e a relación coa morte.
O meu avó Carmelo, de Dani Torrent
Kalandraka
Esta obra é un emotivo álbum que nos fala da relación dun neno co seu avó, como el lle contaba historias de lugares afastados, pero agora todo cambiou. Presenta, con delizadeza, unha nostalxia do pasado, a transición da infancia á etapa adulta, e a relación coa morte.
Ten evocadoras ilustracións, predominando suaves tons verdes e ocres, que enchen totalmente as páxinas, nas que, a veces, altera as proporcións e debido a que nos fala de lugares lonxanos, abundan as referencias gráficas ao correo postal: restos de cartas, de sellos.
- Mozos/as e adultos/as:
¡Acabad ya con esta crisis!, de Paul Krugman
Crítica
Paul Krugman é un economista estadounidense e está considerado como un dos máis destacados da súa xeración. En 1991 concedéronlle a medalla John Bates Clark, o premio máis prestixioso entre os economistas norteamericanos; no 2004 o Premio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais e no 2008 o Premio Nobel de Economía.
¡Acabad ya con esta crisis! é un interesante libro sobre a actual situación económica. Dunha forma clara, fácil de entender para a maioría das persoas e con exemplos sinxelos, explica o que está sucedendo, como se chegou a esta situación e aporta solucións. Dedícao “Aos que están en paro, que merecen algo mellor”.
Trata sobre a depresión económica principalmente en EEUU, pero tamén fala doutros países, entre eles España. Segundo el, estamos vivindo unha verdadeira depresión, aínda que recoñece que a resposta é moi distinta dependendo a quen se lle pregunte, pois non van contestar igual os gregos, os irlandeses ou os españois que os alemáns. Pensa que estamos sufrindo penalidades similares ás dos anos 30 e, tanto polas análises de Keynes como polo gran nº de estudos posteriores, sábese o que se debería facer agora para solventar as dificultades, pero non se está usando ese coñecemento porque, por unha serie de razóns, demasiadas persoas de entre as que máis influencia teñen (políticos, funcionarios públicos de primeiro orden, comentaristas, etc) elixiron esquecer as leccións da historia e as conclusións de varias xeracións de grandes analistas económicos e optaron por prexuízos ideolóxica e politicamente convenientes.
Segundo Krugman : “A estratexia de austeridade non funciona. Con elevadísimos niveis de desemprego, a lóxica da austeridade xa parecía equivocada no 2010 e, máis de dous anos despois, demostrouse a súa ineficacia. Así que necesítase poñer en marcha estratexias que fomenten a creación de postos de traballo e crecemento; non unha estratexia que xa demostrou o seu fracaso”.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario