Os 3 libros máis valorados polas participantes do Grupo A son os seguintes (dun total de 16):
Philip Roth (Premio Príncipe de Asturias 2012) lembra nesta novela a dobre moral da sociedade norteamericana con toda a complexidade do problema racial. Distintas caras dunha sociedade que ao aferrarse a valores como a raza, a relixión e a orientación sexual, na defensa do seu individualismo sobre todo na defensa dos seus mesquiños intereses, perde parte da liberdade conquistada.
- Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez (8,9)
Máis de corenta anos dende a súa aparición mantense intacta a maxia do mundo de Macondo, co prolongado e laberíntico proceso que o leve da inocencia dos seus orixes ata unha prosperidade precaria e o seu final, a través do ascenso e caída da estirpe dos Buendía.
- Salir a robar caballos, de Per Petterson (8,6)
As lembranzas de adolescencia de Tron Sender, un relato iniciático ambientado a finais dos anos corenta do século pasado nun lugar entre Suecia e Noruega. Os feitos relacionados co seu pasado irán saíndo á luz, nun descubrimento do erotismo, da morte e da falsa harmonía familiar.
Os 3 libros máis valorados polas/os participantes do Grupo B son os seguintes (dun total de 16):
- Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez (9,2)
Máis de corenta anos dende a súa aparición mantense intacta a maxia do mundo de Macondo, co prolongado e laberíntico proceso que o leve da inocencia dos seus orixes ata unha prosperidade precaria e o seu final, a través do ascenso e caída da estirpe dos Buendía.
- Retahilas, de Carmen Martín Gaite (8,4)
Eulalia é unha muller madura que regresa ao pazo familiar ante a inminente morte da súa avoa. No lugar da súa nenez atopará ao seu sobriño Germán e ambos confrontarán os seus respectivos roles a través das súas lembranzas e das persoas que marcaron as súas vidas.

- Viajes con Heródoto, de Ryszard Kapuscinski (8,3)
Un mozo polaco xornalista é enviado como corresponsal á India. Consigo leva a Historia de Herodoto e así establécese un paralelismo entre este novo viaxeiro e o lendario cidadán de Halicarnaso. Un libro sobre a actividade mental que supón viaxar en contraposición ao simple desprazamento dun lugar a outro.
Unha vez máis, agradecemos a fidelidade e interese amosado a todas e todos os participantes en ambos grupos, emprazándoos para unha nova tempada que empezará aló polo mes de outubro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario