1992 persoas, entre nenos/as e pais/nais, participaron na actividade da Hora do Conto durante os meses de febreiro a maio de 2012, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
Realizáronse nas oito bibliotecas municipais, a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e cunha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Os obxectivos que se intentaron conseguir son que os nenos e as nenas participantes se divirtan escoitando contos, facer novos lectores/as ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.
Participaron as contadoras e contadores Pablísimo, Soledad Felloza, Fran Ínsua, Inés Cuadrado, Ramiro Neira, Andrea Bayer, Caxoto, Pedro Brandariz, Pavís-Pavós, Cristina Moreira, Marisa Irimia e a Compañía Trinke-Trinke (cos “ratos da biblioteca”) que narraron diversos contos, como unha invitación a viaxar a un tempo máxico de fantasía e imaxinación.
Con esta actividade pretendeuse introducir as persoas máis novas no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, que os/as faga gozar e divertirse.
- en LETRAS VIVAS:
1405 persoas, participaron na actividade da Letras Vivas, dirixida a nenas e nenos, durante os meses de marzo a xuño de 2012, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
O PROGRAMA LETRAS VIVAS é unha iniciativa da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia para apoiar o fomento da lectura e o libro galego a través de diversos axentes como as bibliotecas municipais. Estas actividades están patrocinadas pola Consellería de Cultura e o Concello de Oleiros.
Participaron as seguintes compañías e contadores/as: Chrystyan Magic, A illa dos-das nenos-as, Yolanda Castaño, Cucarandainas, A xanela do maxín, Teatro Patán, Eduvía, Cachirulo, Soledad Felloza, Pavís Pavós, Marisa Irimia, Pablísimo, Migallas, Trinke Trinke, Juan Carlos Vázquez Otero e a ilustradora María Lires.
No hay comentarios:
Publicar un comentario