Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda
(2º andar), o venres 3 de febreiro ás 18:30, para participar nesta
actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e
público en xeral.
Primeiramente Irene Casás, alumna de 1º ESO do IES Neira Vilas realizará unha breve presentación sobre “Os Mayas”.
Primeiramente Irene Casás, alumna de 1º ESO do IES Neira Vilas realizará unha breve presentación sobre “Os Mayas”.
Posteriormente o Doutor Manuel Gago Mariño,
profesor asociado da USC, na Facultade de Ciencias da Comunicación falará na charla
científica de “Repúblicas de Homes Libres: na procura dos viquingos en Galicia”.
Debido á súa posición no Atlántico, o Reino de Galicia estivo durante a Idade Media no punto de mira do ataque dos piratas viquingos. Manuel Gago, divulgador cultural e profesor da USC, explica como a sociedade galega da época reaccionou e se defendeu dunha das maiores ameazas da súa Historia.
Seleccionamos para ti libros e DVD para esta charla científica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario