O agasallo consistirá nun lote de 200 libros e un premio en metálico de 12.000 €, financiado por la Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña.
O proxecto presentado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros denominouse “Lecturas refrescantes” e nel presentáronse as principais actividades de fomento da lectura realizadas durante o primeiro semestre deste ano.
Esta convocatoria tiña como obxectivo premiar o mellor proxecto que incluíra as accións de animación á lectura, a eficiencia e labor bibliotecaria, a integración social na comunidade e o uso das novas tecnoloxías, valorando a eficiencia na administración dos recursos da biblioteca e o esforzo realizado en función dos recursos dispoñíbeis, os proxectos de extensión bibliotecaria levados a cabo, a colaboración cos centros educativos e outras entidades e en conclusión aqueles proxectos que fomentaran a convivencia intercultural e o desenvolvemento tecnolóxico.
Desexamos compartir este premio cos veciños e veciñas de Oleiros e coas persoas, entidades, asociacións e centros educativos que colaboran coas bibliotecas, aos que lles expresamos o noso agradecemento. Grazas a todos e todas por facer posible que Oleiros sexa un referente a nivel estatal na promoción lectora cun servizo bibliotecario eficiente e de calidade.
Moitísimas felicidades!!! Dende a Biblioteca municipal "Juan Fernández Latorre" de Ortigueira alegrámonos moito de que o traballo dos compañeiros sexa recoñecido a nivel nacional. Unha aperta.
ResponderEliminarNuestra más sincera enhorabuena y ya sabeis que aquí estamos para todo lo queda hacer falta. Un Saludo!
ResponderEliminarAs persoas que formamos o equipo do IES María Casares queremos tamén felicitarvos por este premio que nós, seguidoras habituais do voso blog, sabemos que é moi merecido. Noraboa e a seguir traballando tanto e tan ben.
ResponderEliminar