
O
Vento Lois zoa con forza na
Biblioteca Central Rialeda. Como di a letra da canción escrita por Lois Pereiro para o grupo de rock
Radio Océano,
Como unha lanza do vento, como o vento a avanzar!: Un nordés poético protagonizado por Cristina Veiga, David Pernas, Fran Insua, Luz Corral, Mª José Ruiz, Milagros González, Pablísimo, Pura Quiroga, Rose Conchado, Soledad Felloza, Sabela Moralejo, Pilar Silva e Chelo Seixo que recitan versos do poeta monfortino na Biblioteca Rialeda, sumándose así ao furacán imparable que percorre Galicia enteira de corazón en corazón, fundando unha

comunidade poética latexante.












No hay comentarios:
Publicar un comentario