25/4/11

Día do Libro na Biblioteca de Nós: "O que le, vístese por dentro"

foto biblioteca de NósPara conmemorar o Día do Libro, na Biblioteca Ánxel Fole de Nós, estáse a realizar a actividade "O que le, vístese por dentro".

Do 19 ao 29 de abril, os rapaces e rapazas que queran participar nesta actividade teñen que recomendar un libro. Para iso, teñen á súa disposición recortes de cartolina con formas de camisetas e saias onde teñen que escribir a recomendación, para despois colgala nun improvisado tendal da biblioteca.

No hay comentarios:

Publicar un comentario