19/2/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 19 de febreiro:
- Infantil (nenos-as de 6 a 8 anos):
"Los lobos de la pared" escrito por
Neil Gaiman e ilustrado por Dave Mckean, en Astiberri
Lucy escoita ruídos nas paredes da súa casa. Dillo a súa nai porque pensa que son lobos mais esta dille que é imposíbel. Pero ela insiste na idea e co tempo acabará tendo razón. Un libro que conta unha historia a cabalo entre a tradición e o novo, protagonizado por unha nena que leva o peso da narración xunto cos animais. Ilustrada por un dos mellores profesionais ingleses da actualidade.
- Mozos-as e adultos-as:
"A vida interior de Martin Frost" de Paul Auster en Galaxia. A edición en castelán "La vida interior de Martin Frost" está editada por Anagrama.
Guión cinematógráfico no que Auster conta como Martin Frost, escritor que está descansando no campo, desperta cunha muller ao seu carón. Quen é ela, que o sabe todo da súa vida?. O libro inclúe unha entrevista na que o escritor explícanos como se rodou a película, da que tamén foi director.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario