29/10/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 29 de outubro:

-Nenos-as de 10 a 12 anos:
"Amar unha serea" de X.H. Rivadulla Corcón e ilustracións de Antonio Seijas, en Galaxia
Varucho, ten oito anos e vive en Muxía. O seu primeiro día de clase ve que hai unha compañeira nova. Unha nena moi fermosa chamada Almudena, que para el é como unha serea.
Quere falar con ela e pedirlle que sexa a súa moza, pero non se atreve...
-Mozos-as e adultos-as:
"Anatomía de un instante" de Javier Cercas, editado por Mondadori.
Esta obra é a crónica dos feitos que aconteceron o 23 de febreiro de 1981 cando o tenente coronel Tejero irrumpíu no Congreso dos Deputados.
Javier Cercas vai analizando minuciosamente as gravacións dese momento nas que vemos como Adolfo Suárez permaneceu sentado no seu escaño, xunto co xeneral Gutiérrez Mellado e Santiago Carrillo, pero tamén nos explica como se chegou a ese momento e o que pensaban distintos sectores da sociedade española: exército, igrexa, empresariado, medios de comunicación, ...
Unha obra moi interesante para saber o que aconteceu neses momentos cruciais da incipiente democracia española.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

No hay comentarios:

Publicar un comentario