Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Hora: 10,30 h.
Destinado ao alumnado de 2º de Bacharelato do I.E.S. María Casares
Rubén Ruibal (Ribadeo, 1970) traballou como actor, axudante de dirección e director nas compañías Teatro de Aquí, Teatro Cachuzo e Centro Dramático Galego entre os anos 1994 e 2004. Formouse no mundo do teatro durante os dez anos que colaborou con Roberto Vidal Bolaño na compañía Teatro do Aquí. En 2000 formou, xunto con Carlos Losada, a compañía Teatro Cachuzo, que levou á escena os seus textos teatrais Fume (2000) e Nunca durmo, de Erik Cachuzo (2003). Patatín & Patatán Superproductions representou as súas obras Trafic, arroz mubi (2004) e ¡Triumfadores! (2005). Logo do peche da compañía Teatro do Aquí, tras a morte de Roberto Vidal Bolaño, dedicouse a escribir, logrando o Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais 2005 con Limpeza de sangue (o sangue fai ruído) (Xerais, IGAEM, 2006, Premio Nacional de Teatro, 2007). Con Peter Buckley, un firme traballador da derrota, escrito xunto con César Candelas, recibiu o Premio de Teatro Radiofónico do Diario Cultural da Radio Galega no ano 2009. Os seus textos máis recentes: Estigma (escrito xunto con Jacobo Paz e Vanesa Sotelo), Delimvois (Xerais 2009), ¿Onde andas, Karl? e Cambios de destino foron estreados polo Centro Dramático Galego, a Oficina de Guimaraes, a Escola de Teatro de Narón e Teatro en Punto. Actualmente é o coordinador da Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña.
(fonte: Xerais)
No hay comentarios:
Publicar un comentario