Títulos recomendados o venres 26 de febreiro:
- Infantil (nenos-as menores de 8 anos):“Manuela color canela” está escrito por Elena Dreser, ilustrado por Marisol Fernández e publicado por Fondo de Cultura Económica.
"É a historia de Manuela, que quería tomar o sol, porque lle gustaba verse cor caramelo, cor cacao, cor canela; pero a nube cor sal, cor sacarina sempre se pon no medio e quítalle o sol, polo que Manuela terá que convencela para que se aparte.
A nube está disgustada porque sempre ten cor nata, cor néboa, cor nevado, en cambio Manuela ten cor espiga, cor esponxa, pero dille que non se queixe que cando recorde que é auga logo terá cor faisán, cor fror ou cor frambosa.
É un conto sinxelo, no que alterna nunha páxina o texto e na seguinte unhas ilustracións moi coloridas e fermosas, con gran atractivo para os máis pequenos. Ademais de lelo tamén nos permite xogar cos nenos e nenas a que cor teñen as distintas cousas que observamos".

- Mozos-as e adultos-as:
"Rosalía de Castro: antoloxía", introdución e selección de textos de Anxo Angueira, limiar de Xosé Luis Méndez Ferrín en Xerais.
Como di Xosé Luis Méndez Ferrín esta obra recolle "todas as Rosalías poéticas posíbeis nunha soa entrega".
Atendendo a criterios temáticos, Anxo Angueira dividiuna en sete unidades:
Terras de Rosalía, con poemas centrados na paisaxe.
Santos, campás e pecados, remiten ao feito relixioso.
Festas e fames, no que trata sobre o compromiso social cos máis desfavorecidos.
Elexías.
Sombras e soidades, coa voz poética rosaliana máis intimista.
Verba de muller, sobre a situación da muller.
Pola dignidade nacional, denuncia a situación social de miseria e emigración de Galicia.
Os poemas van acompañados de reproduccións de obras pictóricas de pintores da época de Rosalía de Castro.
O libro acompáñase dun CD que contén 14 poemas recitados por Anxo Angueira.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario