10/2/23

Entroido 2023 en Bibloleiros

Obradoiros de sombreiros de Entroido
- Dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos
- Máximo de participantes en cada obradoiro: 20
- Hora: 17:30
- Imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexen participar. Podes facelo telefonicamente ou achegándote á biblioteca correspondente. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade. 

Luns 13 de febreiro
Tlf.: 981 626 638

 
Martes 14 de febreiro 
Aforo completo!!!

Mércores 15 de febreiro
Aforo completo!!!
 
Xoves 16 de febreiro
Aforo completo!!!
 
Venres 17 de febreiro 
Aforo completo!!!
 
Xoves 23 de febreiro
Tlf.: 981 618 201
 
Venres 24 de febreiro
Tlf.: 981 628 507  
 
AVISO

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Recomendacións en Radioleiros: 10 febreiro 2023

- Infantil (menos de 6 anos):

Cómo encender un dragón apagado, de Didier Lévy con ilustracións de Fred Benaglia
Libros del Zorro Rojo

Un divertido libro que presenta a un dragón que non arroxa lume, parece un lagarto, e suxire diferentes formas de acendelo: saltarlle na barriga, facerlle cóxegas cun plumeiro, enfadalo facendo trampas en diversos xogos, poñerlle un pastel de aniversario a ver se acende as velas, etc.
Desanimado pensas que o teu dragón non se acenderá nunca máis...

Un libro fermoso, cun texto e unhas orixinais ilustracións, diversas tipografías e moito colorido. Segundo se vai lendo estás desexando que o dragón recupere o lume. Perfecto para lerlle ás nenas e nenos máis pequenos.


Unha obra entrañable que recomendamos para un público infantil menor de 6 anos, pero que tamén lle gustara ler aos maiores, principalmente aos pais.

- Mozas/os e adultas/os:

Azucre, de Bibiana Candia
Pepitas de Calabaza

Unha novela dedicada aos emigrantes que non puideron contar a súa historia e ás familias que quedaron e que nunca recibiron nin unha carta.

É o relato novelado da historia real de 1.700 mozos que viaxaron a Cuba para traballar e que acabaron sendo vendidos como escravos por Urbano Feijóo de Sotomayor, un galego residente na illa que, aproveitando a necesidade dos seus compatriotas, promoveu unha campaña de colonización branca e substitución laboral dos escravos de África por un sistema de traballo formado por galegos, que debía ser asalariado pero que en realidade era en réxime de semiescravitude.
Urbano Feijoo de Sotomayor foi un empresario e político galego, elixido deputado por Ourense nas eleccións de 1854 e de 1872 e en agosto de 1881 polo distrito de Matanzas en Cuba, en representación do Partido Liberal. Enriquecido co comercio do azucre, fundou a Compañía Patriótica Mercantil coa que trasladou a Cuba a máis de mil setecentos galegos en condicións de semiescravitude coa intención de branquear a poboación da illa e substituír o traballo escravo da poboación negra (ameazado pola prohibición da trata, o auxe do abolicionismo e, parece ser, a súa baixa rendibilidade).

A finais do século XIX, Galicia está acosada pola fame, as enfermidades e as penurias, invernos moi chuviosos destruíron os cultivos e unha epidemia de cólera comeza a causar estragos entre a poboación. Viaxar ao novo mundo para gañar algúns cartos é unha das solucións que ven moitos mozos galegos.
Orestes ou Rañeta son algúns dos protagonistas que, xunto a outros mozos galegos, deciden emigrar a Cuba na procura dunha vida mellor. Marchan para gañar a vida nas plantacións de cana de azucre. Non saben que hai un proverbio cubano que di “o azucre faise co sangue”. Esa viaxe ten un calvario que non imaxinan.
Ao chegar a Cuba, despois de prepararlles os permisos para desembarcar, mándanos asearse e entréganlles un uniforme por persoa formado por: 3 camisas, uns pantalóns, uns zapatos e un sombreiro de palla. Impresiónalles a Habana: casas de cores, rúas cheas de tendas, mulleres cos ombreiros espidos, carros de cabalos engalanados..., aínda non se recuperaron desa impresión cando teñen que subir ao ferrocarril para que os leve ás plantacións. Ao chegar a elas, “o mayoral” dilles “prepárense para traballar, porque aquí na seca trabállase sen descanso. A caña non agarda por ninguén, se non se recolle, púdrese”. Durante a seca practicamente non se descansa, dormen 4 horas e volven para o campo, para iso foron eles...

Parte dos 1700 mozos que chegaron á illa nestas condicións, morreron nas instalacións azucreiras. Algúns que foron encarcerados por rebelarse, ditan, ao escribinte, cartas pedindo axuda, pero esas cartas nunca chegarán as súas familias.

En España, no Arquivo do Congreso dos Deputados, e baixo acceso restrinxido, hai algunhas destas cartas enviadas desde Cuba.

Desde o 31 de marzo de 2021 están, baixo custodia do Arquivo da Emigración Galega, unha serie de documentos doados polo hispanista Luis Tomás González del Valle Río, entre os que constan unha relación de 139 colonos galegos e outros informes que demostran a implicación directa de Urbano Feijoo de Sotomayor nesta empresa fraudulenta e criminal.

Estamos ante unha narración que desvela unha tráxica realidade, denuncia unha viaxe ao horror (non moi coñecida pola poboación galega) que fala de dor, crueldade, enriquecemento ilícito e impunidade, pero tamén da ilusión deses mozos por mellorar, as sensacións e emocións  que puideron experimentar, e que serve para rescatar do esquecemento a estes galegos escravizados.


A Asociación de Librerías de Navarra recoñeceu esta obra como o mellor libro en español do ano 2021.
A Asociación de Librerías de Madrid outorgoulle o Premio Novel “Almudena Grandes”, dentro dos premios “Libro do Ano” correspondentes ao 2022.

«Azucre es un viaje al horror, y tan bien contado que no quieres abandonarlo».—Juan Tallón
«Hay vidas cuyo destino muestra a las claras la miseria del ser humano. Casi siempre se trata de personas humildes, por lo que rara vez sabemos de su existencia. Por suerte, Bibiana Candia ha tenido el acierto de rescatar del olvido la historia de los gallegos esclavizados en Cuba en el siglo xix. Detrás de su bella prosa, se oye la voz de todas aquellas personas que emprendieron aquella travesía sin saber qué les esperaba al otro lado. Más que leerse, Azucre se escucha».—Rebeca García Nieto
«Azucre es un texto sobre la ilusión chocando contra el desengaño y haciéndose añicos ante la distancia y sus cicatrices, como puentes entre el mundo de ayer y el de mañana donde hoy es un lugar a oscuras».—Emma Pedreira

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

7/2/23

Květa Pakovská ou cando as ilustracións son o propio texto

Květa Pakovská (Praga, 1928 - 2023), graduouse na Academia de Artes Aplicadas de Praga, especializándose en arte gráfica libre, pintura e creación de libros de arte conceptual.
Desde os anos sesenta do pasado século traballou o álbum ilustrado como un obxecto artístico, tridimensional e táctil. As súas inmensas pinturas e esculturas de papel puideron ser vistas en museos e galerías de todo o mundo. Os seus libros traducíronse ao alemán, inglés, xaponés, francés, italiano, portugués, español, danés, finés, holandés, chinés, etc. Ela mesma ten confesado en repetidas ocasións a súa admiración por Paul Klee, por Kurt Schwitters e polos contrutivistas rusos. Resulta fácil ver como Pacovská emprega a colaxe nas súas composicións, e como coida o tratamento das superficies das páxinas, facendo de cada libro un obxecto único e prezado. Repasando a obra de El Lissitzky, de Vladimir Tatlin e de A. Rodchenko, referentes do movemento construtivista, encóntranse paralelismos coas composicións de Pacovská no uso das diagonais, no emprego do vermello e o negro contrastando co branco, nas formas xeométricas puras e sinxelas, elementos empregados para atraer a atención e contarnos unha historia.
Unha artista singular e marabillosa que queremos homenaxear na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Lévate en préstamo os libros que temos na sala infantil, xoias de cores que zumegan orixinalidade.

4/2/23

Hora do conto: 7 a 10 de febreiro 2023

- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.
 
Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 7 de febreiro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
TÍTULO: “Contando números, cantando cores”
CONTACONTOS: Pablo Díaz
 
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 8 de febreiro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Un para ti, dous para min”
CONTACONTOS: Bululú
 
 
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 9 de febreiro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Canto conto ten"
CONTACONTOS: Fran Amil
 
Biblioteca  Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 9 de febreiro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “O cole de Lonxedetodo”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro
 
Biblioteca  Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 10 de febreiro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Pipo, o paxaro que non sabía voar”
CONTACONTOS: Trémola Teatro
                                                                           AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 8 febreiro 2023 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h. (2º andar)

Comentario de "La isla de las mujeres del mar" de Lisa See
Documentación

Seguinte lectura: "Virtudes (e misterios)" de Xesús Fraga

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 7 febreiro 2023 (Grupo A)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro"

17:30 a 19 h.

Comentario de "Canto yo y la montaña baila" de Irene Solá
Documentación

Seguinte lectura: "Ollos de auga" de Domingo Villar

3/2/23

Recomendacións en Radioleiros: 3 febreiro 2023

- Infantil (nenas-os a partir de 3 anos):
"Dentro de nuestra mamá" de Jo Witek. Ilustrado por Christine Roussey. En Bruño.
Un álbum ilustrado infantil ideal para aquelas familias que preparan a chegada dunha-dun nova-o pequerrecha-o. Imprescindible frente á impaciencia da nena ou neno a punto de convertirse en irmá-irmán maior, e verdadeira-o protagonista do conto.

- Mozas-os e adultas-os:
"La firma de todas las cosas" de Elizabeth Gilbert. Editado por Suma de Letras.
Narra a vida de Alma Witaker, unha rapaza chea de enerxía, nada en Filadelfia no seo dunha familia que sempre alentou a curiosidade da súa filla. Co tempo Alma converteuse nunha reputada bióloga e naturalista pese á discriminación de xénero que supuña para a época.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


31/1/23

Hora do conto: 1 a 3 de febreiro 2023

- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 1 de febreiro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Brinca vai”
CONTACONTOS: Paco Nogueiras

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 2 de febreiro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
TÍTULO: “Historias no mar"
CONTACONTOS: Olga Abad

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 3 de febreiro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
TÍTULO: “Paxariños”
CONTACONTOS: Trinketrinke Teatro 

AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

27/1/23

Recomendacións en Radioleiros: 27 xaneiro 2023

- Infantil (a partir de 4 anos):

Me quedo contigo, de Smriti Halls con ilustracións de Steve Small
Blume, 2022

É marabilloso ter amigos nas boas e nas malas ocasións. Un relato arredor da amizade con magníficas ilustracións.

- Mozas/os e adultas/os:

O negociador, de Miguel Sande
Xerais, 2022

Versión dixital en Galiciale

A testemuña dun negociador con ETA é o punto de partida desta novela que traballa con elementos reais e á vez emprega recursos literarios para armar un texto convincente e ben estruturado. Finalista do XXXVIII Premio Xerais de Novela.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/1/23

Hora do conto de febreiro a maio en Bibloleiros: eis a programación!

Serán unha morea de actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas-os de 2 a 5 anos e a partir de 6 anos, entre os meses de febreiro e maio, as que poderás gozar nas sete Bibliotecas Municipais de Oleiros. Moitas oportunidades para que nos visites no teu tempo de lecer. Xa que o aforo é limitado é imprescindible que reserves praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización. Podes facelo chamando por teléfono ou achegándote persoalmente!!!

Pretendemos que as nenas-os se divirtan escoitando contos, descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e aquelas-os nenas-os ás que xa vos gusta ler afiancedes este marabilloso hábito. Tamén haberá música, e outros espectáculos para atraer á lectura ao público infantil. Contaremos con compañías como Trémola Teatro, Trinketrinke Teatro e Tarabelos. Narradoras-es como Pavís Pavós, Proyecto Bululú, Charo Pita, Olga Abad, Raquel Galavís, Paula Carballeira, Lía Magalia, Raquel Queizás, Ramiro Neira e Iván Davila. Músicos como Fran Amil, Paco Nogueiras, Antón Ke e Pablo Díaz.
Toda a información en calquera das sete bibliotecas municipais e nesta ligazón.
 
AVISO
* O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

20/1/23

Recomendacións en Radioleiros: 20 xaneiro 2023

- Infantil- Xuvenil :
"El asombroso mundo de Bernardo" de César Bona. Ilustrado por Òscar Julve. En Beascoa.

Dispoñible en eBiblio
 
Bernardo, o protagonista da historia, ten un grande corazón e a súa familia sábeo, pero o rapaz non entende por que os demáis se enfadan con el cando fai cousas tan sinxelas como cruzar flotando, cos ollos pechados, o corredor recén fregado. Ou esconder as xoias da súa nai debaixo das alfombras para que o seu avó as atope e leve unha grande alegría, ou cando sae ao xardín co seu gato a camiñar baixo a chuvia. Por unha cousa ou por outra, todos os adultos acaban recriminado a Bernardo por algún dos seus actos, por moi boas que sexan as súas intencións. Poderán Bernardo e a súa familia resolver os problemas?
 
- Mozas-os e adultas-os:
"La mujer de un solo hombre" de A.S.A. Harrison. Editado por Salamandra.
A historia vai narrando o deterioro, sen volta atrás, dunha parella. Ela, Jodi, unha psicoterapeuta de 45 anos, ten unha vida apacible, burguesa e moi satisfactoria. Todd, a súa parella desde hai máis de vinte anos, é un empresario exitoso, un home feito a si mesmo. Non están casados nin teñen fillos. Comparten un apartamento de luxo con vistas ao lago Michigan. Ante este escenario, a vida para esta parella semella do máis idílica, se non fose porque na primeira páxina do libro xa se nos advirte que ela acabará converténdose nunha asasina.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/1/23

AVISO: Días de peche das bibliotecas en decembro e xaneiro

Biblioteca Municipal "Manuel María" (Oleiros)
Pechada ao público:
- Venres 23 de decembro (de 9:45 a 13 h. e de 16 a 20 h.)
- Xoves 5 de xaneiro (de 9:45 a 13 h. e de 16 a 20 h.) 
- Mércores 11 de xaneiro (de 9:45 a 13 h. e de 16 a 20 h.) 
- Xoves 12 de xaneiro (de 16 a 20 h.) 
- Mércores 18 de xaneiro (de 9:45 a 13 h.)
- Venres 20 de xaneiro (de 9:45 a 13 h. e de 16 a 20 h.)

Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" (Mera)
Pechada ao público:
- Xoves 12 de xaneiro (de 18 a 20 h.)
- Venres 13 de xaneiro (de 16 a 20 h.)
- Xoves 19 de xaneiro (de 16 a 18 h.)

Biblioteca “Mª José Ruso” (Dorneda)
Pechada ao público:
- De luns 2 a venres 5 de xaneiro (de 16 a 20 h.)
- Martes 31 de xaneiro (de 16 a 20 h.)

Biblioteca “Ánxel Fole” (Nos)
Pechada ao público:
- Luns 16 (16:30 a 20 h.), martes 17 e venres 20 de xaneiro (de 16 a 20 h.)

Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé)
Pechada ao público :
- Do luns 27 ao venres 30 de decembro. (de 16 a 20 h.)
- Do xoves 19 ao mércores 25 de xaneiro (de 16 a 20 h.)
- Venres 27 de xaneiro (de 18:30 a 20 h.)
- Martes 31 de xaneiro (de 16 a 20 h.)
Desculpen as molestias