14/1/22

Recomendacións en Radioleiros: 14 xaneiro 2021

- Infantil (a partir de 3 anos):

Cuando me siento solo, escrito e ilustrado por Trace Moroney
SM

Un libro infantil que forma parte dunha colección que presenta emocións e sentimentos, con títulos como: Cuando soy amable, Cuando estoy triste, Cuando estoy contento, Cuando estoy enfadado, Cuando tengo miedo, Cuando estoy celoso, Cuando estoy decepcionado, etc.

O protagonista é un coelliño co que as nenas e os nenos, de 3 a 6 anos, se sentirán identificados. Cunhas fermosas ilustracións, presentan exemplos sinxelos nos que ao coello lle acontecen situacións cotiás similares. Estas obras pretenden axudar aos máis pequenos a comprender mellor os seus sentimentos e as súas emocións e a xerar neles un pensamento positivo para que adquiran unha maior autonomía.

"Cuando me siento solo" dinos que sentirse así non é agradable pero que a todas as persoas lle pode pasar nalgún momento da súa vida.

Estamos ante unha colección que axuda aos máis pequenos a ter confianza en si mesmos para que saiban reaccionar ante a soidade, os fallos, as perdas, a vergonza... Cando os nenos confían en si mesmos para manexar sentimentos dolorosos como o medo, a furia ou a tristeza, ganan unha seguridade interior que lles axuda a enfrontarse ao mundo no que viven.

Ao final de cada libro, os pais, nais e educadores/as teñen una guía sobre cada sentimento, explicando como deben actuar ante estas situacións.

Recomendámolos para un publico de 3 a 6 anos, pero debemos ter en conta que todos teñen un importante compoñente pedagóxico polo que están igualmente recomendados para pais, nais e  docentes.


- Mozas/os e adultas/os:


Un amor, de Sara Mesa
Anagrama

Novela curta pero chea de tensión. Cunha trama simple fálanos de incomprensión, de soidade, de indefensión, de incomunicación, de maldade, de humillación, de intolerancia cara o estraño, do sentido de pertencer a un lugar e o rexeitamento cara os que son de fóra.

Desenvólvese nunha pequena localidade de interior chamada La Escapa á que Nat, unha moza e inexperta tradutora, acaba de trasladarse para poder  traducir con máis tranquilidade. Estaba cansada da cidade. Ela prefería ir á costa pero os prezos facíanselle caros polo que elixiu este lugar do interior máis asumible. Pero cando se instala a situación non vai ser como ela pensaba. Os problemas logo comezarán: aluga unha casa que está sucia e bastante deteriorada, ten goteiras... O caseiro comprométese a arranxalas, mais non se molesta en facelo. Dálle un can que lle causará problemas.  Ao principio os habitantes da zona  acollerán a Nat con aparente normalidade, pero no fondo laten a incomprensión e a estrañeza mutuas. Que ven facer esta moza a un lugar como este!...

A través dunha atmosfera pesada, oprimente, e cuns personaxes moi ben definidos, vemos como os habitantes da localidade non comprenden que fai esta muller alí, acóllena como unha intrusa e Nat tampouco se adapta a esa vida no rural: escoita ruídos pola noite, desconfía que o caseiro entre na casa cando ela non está...

Unha obra angustiosa, chea de silencios e equívocos, que presenta a falta de comunicación coas outras persoas do entorno o que provoca un ambiente que acabará sendo difícil de soportar.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/1/22

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 12 xaneiro 2022 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Sin muertos, de Alicia Giménez Bartlett
Documentación

Seguinte lectura: A corazón abierto, de Elvira Lindo

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 11 xaneiro 2022 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de El ruído de las cosas al caer, de Juan Gabriel Vásquez
Documentación

Seguinte lectura: Y llovieron pájaros, de Jocelyne Saucier

2º trimestre nas Tertulias Literarias (Virtuais) de Rialeda

Biblioteca Central Rialeda. Perillo

Programación Grupo A:

- A corazón abierto, de Elvira Lindo
  (12 a 26 de xaneiro)
- Poesías de Darío Xohán Cabana
  (26 de xaneiro a 9 de febreiro)
- Ébano, de Ryszard Kapuściński
  (9 a 23 de febreiro)
- La extraña desaparición de Esme Lennox, de Maggie O'Farrell
  (23 de febreiro a 9 de marzo)
- Y llovieron pájaros, de Jocelyne Saucier
  (9 a 23 de marzo)
- La tribuna, de Emilia Pardo Bazán
  (23 de marzo a 6 de abril)

Programación Grupo B:

- La herencia, de Vigdis Hjorth
  (19 de xaneiro a 2 de febreiro)
- El fin de semana, de Bernhard Schlink
  (2 a 16 de febreiro)
- El corazón helado, de Almudena Grandes
  1ª parte (16 de febreiro a 2 de marzo)
  2ª parte (2 a 16 de marzo)
- Poesías de Darío Xohán Cabana
  (16 de marzo a 30 de abril)

2º trimestre nas Tertulias Literarias (Virtuais) de Santa Cruz

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz

Programación Grupo A:

- Y llovieron pájaros, de Jocelyne Saucier
  (11 de xaneiro a 1 de febreiro)
- A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. Docampo
  (1 a 15 de febreiro)
- La isla de las mujeres del mar, de Lisa See
  (15 de febreiro a 8 de marzo)
- La mancha humana, de Philip Roth
  (8 a 22 de marzo)
- A flor de piel, de Javier Moro
  (22 de marzo a 19 de abril)

Programación Grupo B:

- La mancha humana, de Philip Roth
  (25 de xaneiro a 8 de febreiro)
- Poesía lírica medieval (selección de textos)
  (8 a 22 de febreiro)
- A la caza del amor, de Nancy Mitford
  (22 de febreiro a 15 de marzo)
- República luminosa, de Andrés Barba
  (15 a 29 de marzo)
- La herencia, de Vigdis Hjorth
  (29 de marzo a 26 de abril)

7/1/22

Recomendacións en Radioleiros: 7 xaneiro 2022

 - Infantil (nenas-os de 6 a 8 anos):
"O Apalpador e o arco da vella" de Xoán G. Editado por Biblos.
 
Partindo da historia do Apalpador, personaxe mítico galego que baixa polo Nadal a levarlles agasallos ás nenas e nenos cando están durmidas-os, desenvólvese este relato que mestura tradición cunha aposta pola ilustración chea de cores e de fondos contrastes.
- Mozas-os e adultas-os:
"Nunca te hagas librero" de Cecilia Monllor. En Alfabeto.
 
Escritora, editora, xornalista… a polifacética Cecilia Monllor decídese un día a emprender a actividade de libreira. Acertos, erros, anécdotas e unha chea de experiencias que fan deste libro unha testemuña de afecto polo mundo do libro.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


AVISO

 
Pregamos desculpen as molestias.

30/12/21

Recomendacións de Nadal 2021: 246 suxestións para todas as idades

  
 
Ofrecemos 3 guías con propostas para levar en préstamo neste Nadal. 
Achégate a calquera das 7 bibliotecas municipais e descubre a mellor historia.

Lecturas, imaxes e sons para compartir e gozar.

Desde as Bibliotecas Municipais desexámosche bo nadal e todo o mellor para o ano 2022!!!
 

Cecilia Monllor recomenda... no Nadal!

 
coordinadora dos clubs de lectura de Rialeda e Santa Cruz. 

Pulsa sobre a imaxe para descobrilas!

Feliz ano 2022

27/12/21

AVISO: o martes 28 de decembro 2021 a Biblioteca Manuel María (Oleiros) estará pechada pola mañá

A Biblioteca Municipal "Manuel María" (Oleiros) permanecerá pechada o martes 28 de decembro en horario de 9:45 a 13 h. (mañá)

Reanudaráse o horario habitual pola tarde, de 16 a 20 h. 

Pregamos desculpen as molestias

17/12/21

Recomendacións en Radioleiros: 17 decembro 2021

- Infantil (de 6 a 8 anos):

As aloucadas historias dos Monki, de Paula Merlán, con ilustracións de Blanca Millán
Triqueta Verde, 2019

Un texto para primeiras e primeiros lectores para favorecer o desenvolvemento do pensamento contando a historia dunha familia de monos de xeito divertido.

- Mozas/os e adultas/os:

Cuando la historia te quema las manos: Auden y Orwell entre dos guerras, de Miquel Berga
Tusquets, 2020

Un xogo de espellos que fusiona biografía, política e literatura conformando un ensaio orixinal e de gran calidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.