29/12/20
Feliz e venturoso 2021! Boas lecturas!
22/12/20
Recomendacións de Nadal 2020: 240 suxestións para todas as idades
Un ano máis, presentámosche 3 guías (Infantil, Xuvenil, Moz@s e Adult@s) con recomendacións para desfrutar durante o Nadal. 240 títulos de todos os xéneros literarios para todas as idades.
Lecturas para compartir e gozar.
Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros desexámosvos feliz nadal e un venturoso ano novo!!!
AVISO: horario das Bibliotecas Municipais en decembro de 2020
Horario das Bibliotecas Municipais durante o mes de decembro de 2020:
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo): Aberta no seu horario habitual. Pecha ao público o 24, 26 e 31 de decembro.
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): Aberta no seu horario habitual. Pecha ao público o 24 e 31 de decembro.
- Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" (Mera): Aberta no seu horario habitual. Pecha ao público o 24 e 31 de decembro.
- Biblioteca Municipal "Mª José Ruso" (Dorneda): Aberta no seu horario habitual. Pecha ao público o 23, 24 e 31 de decembro.
- Biblioteca Municipal "Manuel María" (Oleiros): Aberta no seu horario habitual. Pecha ao público o 24, 26 e 31 de decembro.
- Biblioteca Municipal "Ánxel Fole" (Nós): Aberta no seu horario habitual. Pecha ao público o 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro.
- Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé): Aberta no seu horario habitual. Pecha ao público o 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro.
Desculpen as molestias. Bo Nadal!
18/12/20
Recomendacións en Radioleiros: 18 decembro 2020
- Xuvenil (a partir de 10 anos):
Quen salva un can, de Érica Esmorís ; ilustracións de Iria Fafián
Xerais, 2019
Por amor á súa cadela Nona, Rai lánzase a unha aventura disparatada e arriscada. Emoción e tamén humor nesta historia de busca e achados sorprendentes.
- Moz@s e adult@s:
Cafre, de Jean-Luc Deglin
Norma Editorial, 2019
A convivencia nun apartamento entre unha profesional urbana e un gato novo. Anécdotas con ironía e afecto en banda deseñada.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
14/12/20
Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 16 decembro 2020 (Grupo A)
17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)Comentario de Pensa nao, de Anxo Angueira
Coa colaboración da catedrática de Lingua e Literatura Galegas Rosa García Vilariño
Documentación
Seguinte lectura: Intemperie, de Jesús Carrasco
Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: 15 decembro 2020 (Grupo B)

Comentario de Paisajes de invierno, de Milagros Frías
Documentación
Seguinte lectura: Antoloxía do conto galego: século XX
11/12/20
Recomendacións en Radioleiros: 11 decembro 2020

Que podes atopar? Na cidade, ilustrado por Maxine Davenport e Cindy Roberts
Engaiolarte, 2016
Unha oportunidade para aprender novas palabras dun xeito divertido, estimulando os hábitos de observación e preparando para o mundo escolar.
- Moz@s e adult@s:
Mirarse de frente, de Vivian Gornick
Sexto Piso, 2019
A soedade, a súa evolución como feminista, a experiencia como profesora universitaria xunto coa vida na cidade pasan por estas páxinas de contido autobiográfico e social, formando un conxunto de textos de peso literario e humano.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
4/12/20
Nadal con contos en Bibloleiros: comezamos o 11 de decembro
Non te perdas os Axóuxeres de Nadal de Soledad Felloza, os Contos para noites de Nadal de Fátima Fernández, os Contos para poder durmir en Noiteboa e Un Nadal nada normal de Ramiro Neira, a Estación Inverno de Charo Pita e os Dous contos de Nadal: Vai onde non che diga, trae o que non che pida de Paula Carballeira.
Estas sesións están dirixidas a nenas-os a partir de 6 anos. Lembra que has de reservar praza na biblioteca onde se celebre a actividade. Toda a info nesta ligazón.
Tertulia literaria en Rialeda: 9 decembro 2020 (Grupo B)

Comentario de O exército de fume, de Manuel Gago
Coa colaboración da catedrática de Lingua e Literatura Galegas Rosa García Vilariño.
Documentación
Seguinte lectura: Las hijas de Hanna, de Marianne Fredriksson
Recomendacións en Radioleiros: 4 decembro 2020

O apalpador e a nena sen medo, de Celtia Figueiras e Sonia García, baseado nun poema de Séchu Sende
Guindastre, 2019
A nena sen medo escribiulle unha carta especial ao Apalpador pedíndolle o que lle faltaba. Texto baseado nun poema de Séchu Sende e levado ao teatro por A Xanela do Maxín.
- Moz@s e adult@s:
Blanco letal, de Robert GalbraithSalamandra, 2019
Da man de J. K. Rowling temos a serie protagonizada por Cormoran Strike, un detective privado de Londres, sen unha perna por ferida de guerra e cunha relación especial cos seus colaboradores. Trama situada no Londres das Olimpiadas de 2012 con protagonismo político e lembranzas do pasado.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
2/12/20
Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 2 decembro 2020 (Grupo A)

Comentario de La librería ambulante, de Christopher Morley
Documentación
Seguinte lectura: Pensa nao, de Anxo Angueira
1/12/20
Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: 1 decembro 2020 (Grupo A)

Comentario de República luminosa, de Andrés Barba
Documentación
Seguinte lectura: Unha viaxe pola lírica medieval
27/11/20
Recomendacións en Radioleiros: 27 novembro 2020
"El hombre que compró la ciudad de Estocolmo" de Gianni Rodari. Ilustracións de Javier Zabala. En SM.
Divertido relato de Rodari cunha parte de humor absurdo no que un barbeiro merca a cidade de Estocolmo. Libro en formato grande cun fabuloso valor estético.
- Mozas-os e adultas-os:
"Servir era o pan do demo: historia da vida cotiá en Galicia: séculos XIX e XX" de Xavier Castro. Editado por Galaxia.
Cunha linguaxe achegada ao gran público, Xavier Castro achéganos a como bebían, comían, cantaban, namoraban… os galegos e as galegas en función da súa clase social. Unha viaxe no tempo de sumo interese.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
25/11/20
Exposicións en Bibloleiros para conmemorar o Día Internacional contra as Violencias Machistas
Podes visitar a expo 16 Mulleres Nobel de Literatura na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e na Biblioteca Manuel María (Oleiros).
21/11/20
As bibliotecas de Oleiros, premiadas nos María Moliner!!!
O proxecto titúlase “Viaxando coa lectura”, en alusión á esta época na que non se poden facer moitos viaxes reais, pero si coa lectura e coa imaxinación. Nel descríbense as actividades de promoción da lectura e de extensión cultural planificadas pola Biblioteca Central Rialeda para o ano 2020 e que se puideron levar a cabo.
Seleccionaron 310 proxectos promovidos por bibliotecas de municipios con menos de 50.000 habitantes nos que se recoñecen as mellores iniciativas de promoción lectora a nivel de todo o Estado.
Esta subvención destinarase á adquisición de libros para as bibliotecas municipais, en función das súas necesidades, e para completar os seus fondos bibliográficos en beneficio de todos os veciños e veciñas do municipio.
Grazas por participar nas nosas actividades, grazas por facer biblioteca!!!
















