Historia de Lusco, un pintor que ten a idea de pintar un gran bodegón. Ponse ao traballo pero o asunto non é tan simple.

Editado por Edhasa

É un fermoso álbum ilustrado onde nos presenta a Matías que ten un taller de corazóns. Matías fabrica todo tipo de corazóns: brandos como os de mazapáns, duros como os de porcelana, transparentes, como os de cristal, pero ten un segredo. Cada primavera vai visitar á súa amada Beatriz.... Estamos ante un texto poético e unhas singulares, suxestivas e delicadas ilustracións que nos falan das emocións e os sentimentos para introducirnos nun máxico mundo de fantasía e de soños.
Sol de inverno gañou o Premio Xerais de Novela 2009.Narra a historia dunha nena chamada Inverno e cóntanos un terrible suceso provocado por celos, acaecido antes da Guerra Civil no lugar onde vivía, en Antes. Como eses acontecementos a marcaron totalmente.Ao estalar a Guerra civil tiveron que escapar para Barcelona. Describe como era a súa vida alí, a fuxida a Francia, o barco Ipanema que as levará ao exilio a México e a Cuba, país onde se reencontra cos seus antepasados.A Inverno roubáronlle a infancia e durante toda a súa vida loitará por recuperar ese tempo. O seu exilio non é solo dun país, senón tamén a súa loita interior.Esta obra fala de acontecementos e personaxes reais como por exemplo as Misións Pedagóxicas da II República con Rafael Dieste e Carmen Muñoz, da Guerra Civil e de Castelao, de José Martí e a Revolución Cubana, pero tamén doutros inventados. É moi entenrecedor o personaxe de Rebeca, a irmá pequena, que a raíz de visitar en Francia unha praia onde estaban concentrados os homes republicanos españois, polo horror que alí viu e o frío que pasou quedoulle para sempre un tremor nos pes, coa sensación de que tiña area neles.Rosa Aneiros di que "Sol de Inverno non é unha novela histórica, senón que é a historia de cómo Inverno procura recuperar o paraíso perdido da súa infancia no territorio de Antes".
Estamos ante unha interesante novela, máis de cincocentas páxinas con moito simbolismo, onde nos presenta unha memoria do exilio.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas
Heterodoxo director, amplamente galardoado
(recentemente coa medalla Carlomagno) Jean Jacques Annaud acadou recoñecemento mundial con El nombre de la rosa (1986). Sempre inclinado á transgresión, tanto narrativa en En busca del fuego (1981) ou El oso (1988), como á moral, aunque en este caso desde actitudes casi opuestas, en El amante (1992). A miúdo é visto como un antropólogo ao que gusta recrear nos seus filmes as diferentes culturas dende unha perspectiva de conflicto, de transformacións emocionais.
- Enemigo a las puertas (2001)
un médico novo que chega desde Crimea a Niza acompañado pola súa muller e ou seu fillo, aínda bebé. Este médico monta unha consulta e loita por conseguir pacientes, pero a súa cor de pel algo máis escura e a súa condición de estranxeiro inspira desconfianza. Asfixiado polas débedas, Darío loita desesperadamente por conseguir unha clientela, pero a súa orixe provoca rexeitamento. A precaria situación da súa familia, a súa obsesión por medrar e as débedas que se van acumulando obrígao a realizar traballos pouco claros. Aproveita a necesidade de confianza dos enfermos para dedicarse á psicanálise sen os coñecementos necesarios e sen ningún escrúpulo ofrecendo falsas seguridades e grazas á súa facilidade de palabra. Darío transfórmase en terapeuta, ofrece o que desexan oír as persoas con cartos. Desta forma a autora vainos presentando unha serie de mulleres e homes poderosos que acoden á súa consulta. O protagonista irá medrando socialmente, pero este ascenso terá unhas consecuencias inesperadas para el. Di que todo o fai pola súa muller e polo seu fillo, pero tamén vemos as súas ansias por medrar.
de Noé" de Lluís Farré e Mercé Canals. Editado por Combel.
Seguen chegando poemas para Pósit. Neste caso son dous: un de Paulo Coelho e o outro de Gustavo Alejandro Castiñeiras. A nosa doadora de versos foi Mª Carmen Costoya González.
"Santiago de Compostela é unha creación sorprendente. Naceu dunha estrela que indicaba unha tumba e floreceu sobre ese sepulcro. En todo caso falamos dunha obra aberta, con páxinas de cronoloxía en espiral que se solapan como pétalos dunha enigmática rosa". Estas palabras do escritor Manuel Rivas poden estimularnos a seguir abrindo esas páxinas-pétalos das obras que che presentamos sobre a cidade-rosa...de pedra.
Os irmáns Joel e Ethan Coen sempre amosaron sinais de identidade dun estilo inconfundible, dotado dun ácido,
corrosivo e xudeu sentido do humor. No cine dos Coen, os persoaxes están por enriba da historia, e os diálogos resultan intelixentes. Na súa extensa filmografía, que arranca a mediados dos anos oitenta, ollamos os lugares máis agochados do mid west americano, o sur de Missouri ou os desertos de Arizona. No cine dos Coen o lugar onde transcorre a acción é sumamente importante, asociándose intrínsecamente cos personaxes.
.
Ola: seguimos recibindo versos para Pósit Poemas. Hoxe son catro poemas que che ofrecemos nesta galería.
rk, New York de Inma López Silva editado por Galaxia.Agora serache máis doado atopar os teus libros favoritos, en concreto, novelas e relatos. Ademáis da clasificación por autores-as que figura nas etiquetas na parte inferior dos lombos dos libros, colocamos un icono (na parte superior do lombo) que representa a clasificación de novelas e relatos por xéneros literarios. Son 11 grupos: Aventuras, Ciencia ficción, Erótica, Fantástica, Histórica, Humor, Intriga e misterio, Romántica, Social e política, Terror, e Vida cotiá, con cadanseu icono.
Sabemos de libros que teñen algo así como o "don da ubicuidade" e poderían levar varios signos identificativos, pero eleximos o que o representa mellor dentro dos nosos 11 grupos. De todos os xeitos son benvidas as túas suxestións.