13/8/10

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o 13 de agosto:
- Infantil: As vidas de Galileo : viaxe pola historia da astronomía, por Fiami, editado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Un percorrido didáctico pola astronomía, explicado con humor e cunhas magníficas ilustracións.


- Mozos-as e adultos-as: Nada de Carmen Laforet, en Destino.

Premio Nadal 1944, esta novela foi un revulsivo nas letras españolas da posguerra. Narra a historia de Andrea, unha moza que chega a Barcelona a finais de 1939 para comezar os seus estudos na Universidade. De tintes autobiográficos, fixo de Carmen Laforet unha autora de obrigada lectura.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


12/8/10

Destino SCQ 2010. Volume 1

SCQ é o código IATA para Santiago de Compostela, cidade-meta neste ano xacobeo para moitos-as peregrinos-as que andan o Camiño. Disque hai tantos Camiños como persoas que o percorren. Prepara o teu, coñece máis del e da cidade, que segundo o escritor ourensán Otero Pedrayo era a aldea máis grande de Galicia. Aldea global que che presentamos nesta primeira entrega da expo sobre Santiago e os seus camiños. Ultre ia Et Sus eia!


6/8/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o 6 de agosto:
- Nenos-as a partir de 10 anos (e adultos-as):
"Joven para siempre" de Bob Dylan e ilustracións de Paul Rogers, en Blume.
"Forever young", a famosa canción de Bob Dylan, é ilustrada neste album verso a verso por Paul Rogers. Os debuxos están cheos de referencias á vida e á carreira musical do mítico cantante americano.
- Mozos-as e adultos-as:
"Intérprete de emociones" de Jhumpa Lahiri, en Ediciones del Bronce.
Conxunto de relatos moi diferentes entre si, cun denominador común: están protagonizados por indoamericanos que viven o conflito de respectar a tradición cultural india da que proceden e a necesidade de integrarse na sociedade de adopción, neste caso a americana.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

30/7/10

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o 30 de xullo:
- Infantil (de 10 a 12 anos):
"Mil cousas poden pasar.Libro I" de Jacobo Fernández Serrano, editado por Xerais.
Neda e Mercurín, fillos do rei do mar, procuran un agasallo no aniversario do seu pai. Na procura do mesmo acontecen situacións imaxinativas e disparatadas, mesturando o excepcional co cotián e o surrealismo co normal.
- Mozos-as e adultos-as:
"La paciencia de la araña" de Andrea Camilleri en Salamandra.
O secuestro dunha moza é o motivo da octava entrega da serie do comisario Salvo Montalbano. Un interesante caso dunha novela policiaca sen sangue pero cunha alta dose de intriga e traición, contando cun remate distinto ao habitual.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


28/7/10

Tertulia Literaria en Rialeda: títulos máis valorados

As participantes do grupo B da nosa tertulia literaria destacaron os seguintes títulos como os máis valorados entre os doce títulos programados na recén rematada tempada 2009-2010:

1. Los Buddenbrook, de Thomas Mann
2. El amor en los tiempos del cólera, de Gabriel García Márquez
3. La tía Julia y el escribidor, de Mario Vargas Llosa

O ascenso e decadencia dunha familia da alta burguesía alemana ao longo de catro xeneracións. O Premio Nobel Thomas Mann publicóu Los Buddenbrook con 25 anos, en 1901. A novela inspírase na historia da familia do propio escritor, e a cidade e algúns persoaxes secundarios están tomados directamente da realidade. Como anécdota, a moitos dos habitantes de Lübeck non lles gustóu o retrato que Mann fixo deles, sendo moi críticos coa novela.

Unha rica enciclopedia sobre o amor, na que podemos atopar prácticamente todas as manifestacións reais ou imaxinarias dese sentimento tan cruel como maravilloso. A obra de Gabriel García Márquez é a historia dun anhelo que perdura ao longo de máis de 50 años nalgún lugar de Sudamérica.


Unha novela rodeada e envolta pola polémica: ‘La tía Julia y el escribidor’ é considerada como unha autobiografía ficticia sobre a experiencia do seu primeiro matrimonio coa súa tía política Julia Urquidi. Asimesmo, a través do “escribidor”, Vargas Llosa homenaxea ao xénero da radionovela que acompañóu a xeneracións completas de radiouvintes, e que aínda a principios dos noventa conseguían manter atento ao auditorio coas peripecias dos seus heróis correspondentes.
Os títulos están dispoñibles nas bibliotecas de Oleiros.
Recomendamos a súa lectura.

23/7/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 23 de xullo:
- Adolescentes:

Antes de los dieciocho : selección de cuentos. Selección de Mercedes Chozas. Editado por Espasa.

"Antoloxía de contos de grandes escritores como Cortázar, London ou Capote onde os protagonistas son nenos ou adolescentes".

- Mozos-as e adultos-as:

Los Buddenbrook de Thomas Mann, en Edhasa

"Thomas Mann retrata con mestría a esta familia, os Buddenbrook, e con eles á burguesía alemana da segunda metade do século XIX"

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/7/10

Tertulia Literaria en Santa Cruz: títulos máis valorados

As participantes da tertulia literaria na Biblioteca de Santa Cruz destacaron os seguintes títulos como os máis valorados entre os trece títulos programados na recén rematada tempada 2009-2010:


Unha novela mítica cun valor universal descriptivo do mundo dende a perspectiva dun adolescente, un mozo rebelde a camiño entre a infancia e o mundo adulto que vive enfrentado ao fracaso escolar e ás ríxidas normas dunha familia tradicional.

Unha versión inusitada da traxedia clásica pasada polo tamiz dunha sensibilidade moderna, impregnada do seu distanciamiento oriental e a súa desbordante imaxinación, e salpicada de referencias culturais contemporáneas.

A historia dun Merlín xa vello e refuxiado nas terras da Miranda luguesa a través dos ollos do seu paxe Felipe de Amancia. A historia desenvólvese cunha permanente tensión entre o marabilloso e o cotián. Cunqueiro humaniza ao mago Merlín des-idealizándoo e convertíndoo nunha persona de a pé, á que fácilmente poderíamos atopar pola rúa.

Os títulos están dispoñibles nas bibliotecas de Oleiros.
Recomendamos a súa lectura.

20/7/10

Tertulia Literaria en Rialeda: títulos máis valorados

As participantes do grupo A da nosa tertulia literaria destacaron os seguintes títulos como os máis valorados entre os catorce títulos programados na recén rematada tempada 2009-2010:

1. Los Buddenbrook, de Thomas Mann
2. Suite francesa, de Irène Némirovsky
3. La tía Julia y el escribidor, de Mario Vargas Llosa


Los Buddenbrook
O ascenso e decadencia dunha familia da alta burguesía alemana ao longo de catro xeneracións. O Premio Nobel Thomas Mann publicóu Los Buddenbrook con 25 anos, en 1901. A novela inspírase na historia da familia do propio escritor, e a cidade e algúns persoaxes secundarios están tomados directamente da realidade. Como anécdota, a moitos dos habitantes de Lübeck non lles gustóu o retrato que Mann fixo deles, sendo moi críticos coa novela.

Suite francesa
Irène Némirovsky morreu aos 39 anos de idade no campo de concentración de Auschwitz poucos días despois de escribir os últimos párrafos desta grandiosa novela sobre a ocupación alemana en Francia que vivíu en primeira liña. Némirovsky compuxo a súa novela coa intención de "interesar á xente de 1952 ou 2052". Non se equivocóu.

La tía Julia y el escribidor
Unha novela rodeada e envolta pola polémica: ‘La tía Julia y el escribidor’ é considerada como unha autobiografía ficticia sobre a experiencia do seu primeiro matrimonio coa súa tía política Julia Urquidi. Asimesmo, a través do “escribidor”, Vargas Llosa homenaxea ao xénero da radionovela que acompañóu a xeneracións completas de radiouvintes, e que aínda a principios dos noventa conseguían manter atento ao auditorio coas peripecias dos seus heróis correspondentes.
Os títulos están dispoñibles nas bibliotecas de Oleiros. Recomendamos a súa lectura.

16/7/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 16 xullo:

- Infantil (de 6 a 8 anos):

Sombras de manos, de Vicente Muñoz Puelles ; ilustraciones de Elisa Arguilé
Anaya

Un apagón de luz despois da cea, fai que Olga descubra as sombras. Un mundo novo e descoñecido, cheo de posibilidades no que Olga descobre que cada persoa ten a súa propia. Olga divírtese e proba guiada polos seus pais.

- Mozos-as e Adultos-as:

A choiva do mundo, de Xosé M. Pacho Blanco
Galaxia
Premio Torrente Ballester 2007

Libro coral composto dunha chea de historias e de personaxes onde o amor, o desamor, a loucura, a soidade e a terra mestúranse en lugares e tempos dispares.

Boa lectura para o verán e a praia, cun tamaño e extensión manexables.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/7/10

Exposicións Bibliográficas: Biblioteca de Nós

A Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós, presenta as seguintes exposicións bibliográficas:

Este verán mergúllate nun mar de lecturas
Baseada na Guía de Lectura "A lectura, esa gran viaxe" editada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais para este verán 2010

Un cómic tamén pode ser un bo aliado para disfrutar do verán
Exposición de Banda Deseñada.

9/7/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 9 de xullo:

- Infantil (maiores de 8 anos):

Los amantes mariposa, de Benjamín Lacombe
Edelvives

Obra baseada nunha antiga e coñecida lenda oriental, sobre a loita contra o destino de dous namorados.
Localizada no Xapón de hai séculos, conta a historia de Naoko, unha adolescente que ao cumprir 14 anos é enviada polo seu pai a Kioto para aprender a servir o té, bailar con abanicos e saber comportarse ante un home. Pero Naoko prefire ler e escribir poemas. Coa axuda da súa serventa Suzuki traza un plan para ir estudar literatura.

Álbum de gran formato cunhas delicadas e detallistas ilustracións, cheas de melancolía e expresividade, que recrean o Oriente de hai séculos.

- Mozos-as e Adultos-as:

Hermanas, de Josefina Aldecoa
Alfaguara

Unha novela enmarcada nunha cidade cántabra, entre os anos 1954 e 1990. Fálanos dunha familia da burguesía, para a que a vida transcorre tranquilamente na casa familiar situada ao lado da baía.
Conta a historia de Isabel e Ana, dúas irmás que terán a súa infancia marcada por unha nai frívola, máis preocupada polas aparencias e as normas sociais que pola felicidade das fillas. As nenas convivían cos pais na inmensa casa, sen apenas velos, apartadas nas súas habitacións ou no xardín, e cun horario diferente ao dos pais que sempre estaban ocupados con charlas, visitas e reunións.
Xunto a estes personaxes preséntanos á tía Ánxela e ao seu fillo Ignacio, un mozo que traballa de diplomático e que será un nexo de unión entre as dúas irmás.
Isabel e Ana segundo van medrando iranse diferenciando e representarán dous tipos distintos de muller. Isabel, decide estudar e facerse médica e Ana prefire vivir das rendas e negocios familiares e dedicarse ás relacións sociais.

Unha obra ben narrada, entretida, cun ritmo áxil, que se le moi rapidamente, que nos presenta un entramado de complicidades familiares.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

6/7/10

Exposicións Bibliográficas: Biblioteca de Santa Cruz

A Biblioteca e Centro de Documentación "Rosalía de Castro" de Santa Cruz, presenta as seguintes exposicións bibliográficas:

José Saramago (1922-2010)
Podes consultala á entrada da biblioteca:





Libros para levar na bolsa da praia
...verán, silla, sombriña e un bo libro






Parte do material desta exposición baséase na Guía de Lectura "A lectura, esa gran viaxe" editada polo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais para este verán 2010



2/7/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 2 de xullo:

- Infantil:

Kalandraka

Un libro e un CD que conteñen dezaseis cancións infantís sobre temas tan diferentes como un reloxo que se esquece da hora, un libro que pode ser o meu amigo, varias da natureza ou do mundo máxico infantil, algunhas sobre contos, para finalizar cunha canción de berce. Partindo da música folk, presenta outros ritmos como jazz, soul ou rock e conta coa colaboración de distintos artistas como Xabier Díaz, Carmen Rey ou Guadi Galego.

Unha obra ben feita, cunhas melodías que serven para escoitar os nenos pero tamén as familias, xunto a unhas coloridas e innovadoras ilustracións.

- Mozos-as e Adultos-as:

A cada cual lo suyo, de Leonardo Sciascia
Tusquets.

Unha tarde de agosto, o farmacéutico dun pequeno pobo siciliano recibe un anónimo no que o ameazan de morte “Esta carta é a túa sentenza de morte, morrerás polo que fixeches”. Ao principio preocúpase, pero despois pensa que é unha broma. Un día marcha de caza co seu amigo o médico Roscio e ambos son asasinados. Isto provoca moitos rumores e a policía non parece moi eficiente. Laurana, un profesor de instituto, veciño da localidade, un home culto pero inxenuo, descubriu que o anónimo estaba realizado con palabras recortadas dun diario católico e conservador, “L’Osservatore Romano”, pois o seu logotipo, “Unicuique suum” “A cada cual, lo suyo”, figura na parte de atrás dos recortes, polo que decide investigar as persoas que receben este periódico.

É unha novela que nos mostra como é a vida nunha pequena vila siciliana, escrita con gran mestría e coa que se poden pasar uns momentos moi entretidos, na que Sciascia realiza unha crítica aos políticos italianos e á mafia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/6/10

A lectura, esa gran viaxe

Dende o Sistema Municipal de Bibliotecas, propoñémosche esta Guía de Lectura con libros, dvd, cds pensados especialmente para estas datas que se achegan.

Animámosche a pasar por cada biblioteca, onde atoparás expostos os títulos seleccionados, que podes levar en préstamo.

Biblioteca Central Rialeda








Biblioteca de Dorneda






Biblioteca de Montrove






Biblioteca de Mera











Biblioteca de Lorbé