21/10/22

Recomendacións en Radioleiros: 21 outubro 2022

- Infantil (nenas-os menores de 6 anos):
"Bágoas debaixo da cama" de Ana Meilán. Ilustracións de Marta Mayo. en Entrenubesycuentos.
Simón, o protagonista desta historia, é un rapaz que desde que naceu choraba deseguido, polo que todo o mundo lle dicía o mesmo:  Simón, es un chorón!! Os anos pasaban e Simón medraba, pero seguía a chorar por todo. Agora mesmo a mestra e o seu mellor amigo, seguíanlle a dicir: Simón, es un chorón!! Así que, un día, decidiu que non volvería a chorar diante da xente. Agarraba e metía dentro dun frasco cada bágoa que asomaba dos seus ollos. A partir dese momento todo o mundo empezou a dicirlle: Moi ben Simón, es un home feito e dereito!! Apañaba tanto as súas como as bágoas de calquera que quixese chorar, creando un mundo sen bágoas. Isto ocasionará serios problemas...
 
- Mozas-os e adultas-os:
"A flor de piel" de Javier Moro. Editado por Seix Barral.
A novela reivindica a Real Expedición da Vacina, posta en marcha en 1803 durante o reinado de Carlos IV. Parte un 30 de novembro de 1803 do porto da Coruña coa finalidade de levala por todo o reino, incluídas as colonias de ultramar. Serían 21 orfos e orfas os portadores do virus da varíola, que aletargado, iríaselles inoculando para chegar “fresco” alén do Océano. A directora do orfanato, Isabel Zendal e os médicos Balmis e Salvany foron a columna vertebral desta expedición filantrópica cualificada como a maior fazaña médica da historia de España, esquecida durante moitos anos.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/10/22

Tertulia literaria en Rialeda: mércores 19 outubro 2022 (Grupo A)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h.

Comentario de "El colibrí" de Sandro Veronesi
Documentación

Seguinte lectura: "Hamnet" de Maggie O'Farrell

1º trimestre nas Tertulias Literarias de Rialeda 2022-2023

Biblioteca Central Rialeda. Perillo

Programación Grupo A:


- El colibrí, de Sandro Veronesi
  (5 a 19 outubro)
- Hamnet, de Maggie O'Farrell
  (19 outubro a 2 novembro)
- Beleza vermella, de Arantza Portabales
  (2 a 16 novembro)
- Las lealtades, de Delphine de Vigan
  (16 a 30 novembro)
- La anomalía, de Hervé Le Tellier
  (30 novembro a 14 decembro)
- Un caballero en Moscú, de Amor Towles
  (14 decembro a 11 xaneiro)

Programación Grupo B:

- Nuestros inesperados hermanos, de Amin Maalouf
  (5 a 26 outubro)
- La loca de la casa, de Rosa Montero
  (26 outubro a 9 novembro)
- O frío azul, de Ramón Caride Ogando
  (9 a 23 novembro)
- Un amor, de Sara Mesa
  (23 novembro a 21 decembro)
- La hondonada, de Jhumpa Lahiri
  (21 decembro a 18 xaneiro)

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 18 outubro 2022 (Grupo B)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro"

17:30 a 19 h.

Comentario de "El héroe discreto" de Mario Vargas Llosa
Documentación

Seguinte lectura: "Ollos de auga" de Domingo Villar

17 de outubro: Día das Escritoras

Lema da VII edición: Antes, despois e durante a guerra

A Biblioteca Nacional de España, en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas, celebran a VII edición do Día das Escritoras para reivindicar a labor e o legado das mulleres que escribiron ao longo da historia.
Como en edicións anteriores a data elexida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Xesús (1515-1582), que se conmemora o 15 de outubro, por elo neste ano 2022 celébrase o día 17 de outubro.

Na Biblioteca de Sta Cruz celebramos este Día das Escritoras o martes, 18 de outubro, coincidindo coa sesión do grupo B das Tertulias Literarias.
Faremos unha lectura de varios textos en galego ou castelán, algún con acento latinoamericano, todos escritos por mulleres, que a día de hoxe, ninguén podrá dubidar que forman parte de algo tan extenso como a cultura nambas linguas.
Mulleres que viviron, dun modo ou outro, a terrible experiencia de distintas guerras nos séculos XIX e XX, asi como as repercusións destes conflitos, deixando testemuña escrita das súas impresións:
Autoras: Isabel Palencia, Carmen de Burgos, Luz Pozo Garza, Concepción Arenal, Emilia Pardo Bazán, María Elena Walsh, Aída Cartagena Portalatín, Cecilia G. Guilarte, Montserrat Roig, María Teresa León, etc.

14/10/22

Ler conta moito, Hora do conto e Obradoiros para público infantil: 19 a 21 de outubro 2022

- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 19 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Contando números, cantando cores”
CONTACONTOS: Pablo Díaz

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 20 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Leo e as cores”
CONTACONTOS: Trémola Teatro

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 21 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Fíos de contos”
CONTACONTOS: O Maquinista

AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Recomendacións en Radioleiros: 14 outubro 2022

- Infantil (nenas-os menores de 6 anos):

"Chuvisca" de Fernando Pérez Hernando. Editado por Kalandraka.
Dunha adversidade, como é a choiva que enchoupa o fogar dunha familia de aves, xorde a oportunidade para aprender as-os unhas-uns das-dos outras-os. 

- Mozas-os e adultas-os:

"Os seres queridos" de Berta Dávila. En Xerais.
Un autorretrato incómodo sobre o que significa o amor maternal e, por enriba de todo, unha novela sobre os vínculos afectivos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Annie Ernaux, Nobel de Literatura 2022

 
O motivo principal da elección da escritora francesa foi «a coraxe e a fineza clínica coa que descubre as raíces, os estrañamentos e as restricións colectivas da memoria persoal».
Deixou cedo a ficción pola autobiografía e abordou temas como a adolescencia, o matrimonio, o aborto, a humillación, a memoria e a enfermidade. Definíuse como “unha etnóloga de si mesma”.
 
A Academia Sueca destacou de Ernaux que “escribir é un acto político que nos abre os ollos á desigualdade social”, facendo referencia ao forte compromiso que atravesa as súas creacións e o seu uso da linguaxe como un “coitelo” que abre os veos da imaxinación.
 
Lévate en préstamo as novelas de Ernaux que temos para ti nas bibliotecas municipais de Oleiros.
 
 


10/10/22

Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 11 outubro 2022 (Grupo A)

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller
"Rosalía de Castro"
17:30 a 19 h.

Comentario de La herencia, de Vigdis Hjorth
Documentación

Seguinte lectura: Un ollo de vidro, de Castelao

1º trimestre nas Tertulias Literarias de Santa Cruz 2022-2023

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz

Programación Grupo A:

- La herencia, de Vigdis Hjorth
  (27 setembro a 11 outubro)
- Un ollo de vidro, de Castelao
  (11 a 25 outubro)
- El colibrí, de Sandro Veronesi
  (25 outubro a 22 novembro)
- El héroe discreto, de Mario Vargas Llosa
  (22 novembro a 13 decembro)
- La mujer de un solo hombre, de A.S.A. Harrison
  (13 decembro a 17 xaneiro)

Programación Grupo B:

- El héroe discreto, de Mario Vargas Llosa
  (27 setembro a 18 outubro)
- Ollos de auga, de Domingo Villar
  (18 outubro a 8 novembro)
- El corazón helado, de Almudena Grandes
  (1ª parte: 8 a 29 novembro)
  (2ª parte: 29 novembro a 20 decembro)
- El ferrocarril subterráneo, de Colson Whitehead
  (20 decembro a 31 xaneiro)

Ler conta moito, Hora do conto e Obradoiros para público infantil: 10 a 14 de outubro 2022

- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas/actividades.
 
Luns 10 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
ESPECTÁCULO: “A peregrina máxica”
CONTACONTOS: Leo Leíño

Xoves 13 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
ESPECTÁCULO: “Conto-concerto para montar a túa banda”
CONTACONTOS: Xoán Curiel
 
Xoves 13 de outubro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “20000 leguas de lectura divertida”
MONITORADO: Ciencia Divertida
 
Venres 14 de outubro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “Basilicamente. A biblioteca de don Basilio”
CONTACONTOS: Pinconús Teatro 
 
                                                       AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

7/10/22

Recomendacións en Radioleiros: 7 outubro 2022

- Xuvenil (A partir de 11 anos):

No xardín do poeta, de Antonio García Teijeiro. Ilustracións de Víctor Rivas
Xerais

Versión dixital en Galiciale

Antonio García Teijeiro é un dos mellores poetas galegos de literatura infantil e xuvenil da actualidade. Entre as súas numerosas distincións ten o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil, do ano 2017, por Poemar o mar.

No xardín do poeta é un fermoso libro de poesía infantil e xuvenil no que o autor dialoga coa poesía de Federico García Lorca.
Nese xardín marabilloso que é a obra de Lorca nacen 30 poemas de Antonio García Teijeiro, con formas variadas e medidas diversas; poemas musicais, rítmicos, cheos de luz, e sobre todo vitais, que son froito da conversa íntima entre dous poetas que aman a vida...


Na conferencia de Antonio García Teijeiro na Biblioteca Nacional de España en 2018 define a poesía como “esa voz que hace preguntas” e di tamén “a los niños les encanta la poesía. Pero para ello necesitan mediadores o mediadoras que crean en esa necesidad, que estén convencidos de su bondad y en que solo desde ese convencimiento contagien su entusiasmo a los pequeños. Solo así se conseguirán resultados”.

- Mozas/os e adultas/os:

El camino del fuego, de María Oruña
Destino

Versión dixital en eBiblio
Audiolibro en eBiblio

Novela de intriga da serie Los libros del Puerto Escondido, na que o personaxe principal é Valentina Redondo, tenente da Garda Civil a cargo da Unidade Orgánica de Policía de Investigación Xudicial de Santander.

Nesta obra, a inspectora Valentina Redondo e o seu compañeiro Oliver deciden tomar unhas vacacións e viaxan a Escocia para visitar á familia deste. O seu pai, Arthur Gordon, está empeñado en recuperar parte do patrimonio e da historia dos seus antepasados polo que adquiriu o castelo de Huntly, nas Highlands, que pertencera á súa familia ata o século XVII. Durante a rehabilitación do edificio atopan un pequeno despacho, que calculan que levaba oculto uns douscentos anos, e nel ven documentos que revelan que as memorias de Lord Byron (supostamente queimadas a comezos do século XIX) poden seguir intactas e estar entre esas paredes. Fai unha roda de prensa e rapidamente diversas persoas interesadas na obra de Lord Byron se achegan para colaborar na revisión desa documentación...

Paralelamente, e relacionada coa documentación que atopan no castelo, retrocederemos ata o século XIX á historia de Jules Berlioz e Mary MacLeod.

Jules era un aposto mozo de orixe francés que traballaba de empregado nunha librería nas Highlands, debido a que tivera que trasladarse para aí a causa dun problema que lle acontecera en Francia. Mary MacLeod era unha moza dunha familia escocesa acomodada. A ela gustáballe a lectura polo que visitaba a librería. Para Jules, Mary era o partido ideal. El non tiña patrimonio, pero por intentalo non perdía nada. Nesa cidade non o coñecía ninguén...

Os capítulos da novela van alternado do século XIX á época actual, pero un acontecemento inesperado fará que Oliver e Valentina se mergullen nunha investigación que os levará a adentrarse na Escocia de épocas pasadas...


Con esta novela, ademais de intrigarnos coas historias narradas, poderemos viaxar pola paisaxe escocesa, visitar algún palacio e achegarnos, dunha forma amena, á historia de Escocia, así como coñecer algunhas comidas e costumes típicas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.