1/2/21

AVISO: Peche ao público das Bibliotecas Municipais de 27 de xaneiro a 17 de febreiro

 MEDIDAS DE MINIMIZACIÓN DO RISCO DE CONTAXIO DO CORONAVIRUS COVID-19

En cumprimento das medidas en relación coa situación sanitaria provocada polo COVID-19, a Xunta de Galicia (Orde do 26 de xaneiro de 2021, D.O.G nº 16 bis, apartado 4.1. III.2.4.2) decretou a restrición temporal da actividade de bibliotecas, polo que as Bibliotecas Municipais de Oleiros permanecerán pechadas ao público
de 27 de xaneiro a 17 de febreiro

Indicacións das Bibliotecas:
 
O persoal atenderá o teléfono e o correo electrónico nos horarios das respectivas bibliotecas.

O servizo de renovación de documentos poderá facerse a través do teléfono e o correo electrónico no horario das respectivas bibliotecas, así como a través de Internet coas claves de acceso do catálogo en liña catalogo-rbgalicia.xunta.gal

Os préstamos que tiñan a data de vencemento desde o 27 de xaneiro en adiante
quedarán prorrogados ata o 18 de febreiro.
 
Lembramos que as persoas socias das Bibliotecas Municipais de Oleiros poden acceder gratuitamente a GaliciaLe, a plataforma de préstamo de libros, revistas, audiolibros e películas en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. En GaliciaLe as-os lectoras-es atoparán dous catálogos: un que contén o “Catálogo galego” e outro que aloxa o “Catálogo en castelán”. As obras incluídas nestas dúas contornas poderán lerse e visionarse en dispositivos compatibles: tabletas, teléfonos móbiles e ordenadores persoais. No caso dos libros, poderá facelo, ademáis, desde un lector de libro electrónico.

Para calquera dúbida ou aclaración pode dirixirse por correo electrónico ou teléfono á biblioteca correspondente no horario establecido.

Teléfono da Biblioteca Central Rialeda: 981 639 511
Correo electrónico da Biblioteca Central Rialeda: biblioteca.rialeda@oleiros.org

PREGAMOS DESCULPEN AS MOLESTIAS

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: 2 febreiro 2021 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Adiós, Hemingway, de Leonardo Padura
Documentación

Seguinte lectura: Abril encantado, de Elizabeth Von Arnim

29/1/21

Recomendacións en Radioleiros: 29 xaneiro 2021

- Xuvenil (a partir de 10 anos):

A ponte que non tiña río, de Paco Martín, con ilustracións de Xosé Cobas
Galaxia, 2020

Versión dixital en Galiciale

Marta e Álvaro atopan unha ponte sen río nos arredores da súa casa e están dispostos a saber os motivos. Xuntos comezarán a traballar para amañar a situación.

- Mozas/os e adultas/os:

La ciudad de los prodigios, de Claudio Stassi (baseado na novela de Eduardo Mendoza)
Planeta, 2020

A Barcelona das dúas exposicións universais (1888 e 1929), unha cidade que viu a chegada da luz eléctrica, a expansión do ensanche, a loita política e de clase e a violencia entre patronal e obreiros, é debuxada en banda deseñada por Stassi seguindo a narrativa do mellor Eduardo Mendoza.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

25/1/21

2º trimestre nas Tertulias Literarias de Rialeda

Biblioteca Central Rialeda. Perillo

Programación Grupo A:

- Americanah, de Chimamanda Ngozi Adichie
    (27 de xaneiro a 10 de febreiro)
- Vinieron como golondrinas, de William Maxwell
    (10 a 24 de febreiro)
- Amor de tango, de María Xosé Queizán
    (24 de febreiro a 10 de marzo)
- La habitación de invitados, de Helen Garner
    (10 a 24 de marzo)
- La lotería, de Shirley Jackson
    (24 de marzo a 7 de abril)

Programación Grupo B:

- Desgracia, de J. M. Coetzee
    (3 a 17 de febreiro)
- La vegetariana, de Han Kang
    (17 de febreiro a 3 de marzo)
- Escola de menciñeiros, de Álvaro Cunqueiro
    (3 a 17 de marzo)
- El aleph, de Jorge Luis Borges
    (17 marzo a 14 de abril)

2º trimestre nas Tertulias Literarias de Santa Cruz

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz

Programación Grupo A:

- Abril encantado, de Elizabeth Von Arnim
    (2 a 23 de febreiro)
- Poetízate: antoloxía da poesía galega, elaborada por Fran Alonso
    (23 de febreiro a 9 de marzo)
- Otra vida por vivir, de Theodor Kallifatides
    (9 a 23 de marzo)

Programación Grupo B:

- Un amor, de Alejandro Palomas
    (9 de febreiro a 2 de marzo)
- Abril encantado, de Elizabeth Von Arnim
    (2 a 16 de marzo)
- A esmorga, de Eduardo Blanco Amor
    (16 de marzo a 6 de abril)

22/1/21

Recomendacións en Radioleiros: 22 xaneiro 2021

- Infantil:

SOS: monstros verdadeiros ameazan o planeta, de Marie G. Rohde, con tradución de Iria Taibo
Baía, 2020

A pegada ecolóxica e as súas consecuencias (acidificación oceánica, burato da capa de ozono…) explicadas de xeito ameno para os máis novos/as.

- Mozas-os e adultas-os:

Viaje al sur, de Juan Marsé, con fotografías de Albert Ripoll Guspi
Lumen, 2020

Narrativa de viaxes por Andalucía e fotorreportaxe xúntanse neste libro redactado nos primeiros sesenta e publicado despois da morte de Marsé no 2020.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/1/21

Recomendacións en Radioleiros: 15 xaneiro 2021

- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos):

"O meu avó e o queixo" de María Reimóndez. Ilustracións de Vanesa Álvarez. Editado por Alvarellos.  
 
Sabores, afectos cos maiores e lingua mestúranse neste texto fermosísimo de María Reimóndez con ilustracións procedentes da arte urbana que nos remiten ao graffiti e ao collage.

- Mozas-os e adultas-os:

"Las dos Fridas: recuerdos escritos por Frida Kahlo". Ilustrado por Gianluca Folì. En Libros del Zorro Rojo.

A casa da nenez de Frida no barrio de Coyoacán tráelle lembranzas daqueles anos de problemas de saúde e primeiras inquedanzas artísticas que foron fundamentais para a súa evolución posterior. Ilustracións que corresponden perfectamente co espírito do texto.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

13/1/21

AVISO: horario das Bibliotecas Municipais en xaneiro de 2021

Horario das Bibliotecas Municipais durante o mes de xaneiro de 2021:

- Biblioteca Central Rialeda (Perillo): Aberta no seu horario habitual. Pecha ao público o 2 de xaneiro.
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): Aberta no seu horario habitual. Pecha ao público o 2 de xaneiro.
- Biblioteca Municipal "Mª José Trincado" (Mera): Aberta no seu horario habitual.
- Biblioteca Municipal "Mª José Ruso" (Dorneda): Aberta no seu horario habitual. Pecha ao público o 5 e 22 de xaneiro.
- Biblioteca Municipal "Manuel María" (Oleiros): Aberta no seu horario habitual. Pecha ao público o 4, 5, 7, 8, 9, 15 e 27 de xaneiro.
- Biblioteca Municipal "Ánxel Fole" (Nós): Aberta no seu horario habitual. Pecha ao público o 4, 5 e 29 de xaneiro.
- Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" (Lorbé): Aberta no seu horario habitual. 

Desculpen as molestias. Feliz 2021!

60 aniversario da publicación de "Memorias dun neno labrego"

Bestseller e longseller! Van 60 anos da publicación, na editorial Follas Novas na cidade de Bos Aires, de "Memorias dun neno labrego" de Xosé Neira Vilas. 35 edicións e 700.000 exemplares convirten a historia de Balbino no libro escrito en galego máis vendido, editado e traducido da nosa historia! Idiomas como o alemán, sueco, romanés, ucraíno, búlgaro, esperanto, checo, maia, ruso, e a publicación en braille achegan a obra de Neira Vilas a moitas-os lectoras-es de todo o mundo.
O 5 de xaneiro de 1961 publicábase a primeira edición dun libro que faría historia na literatura galega.
"Memorias dun neno labrego" inicia unha triloxía completada con "Aqueles anos do Moncho" e "Cartas a Lelo" que falan da Galicia rural, a emigración e a desigualdade, ben coñecidas polo seu autor.
Unha morea de iniciativas conmemoraron a celebración deste aniversario, como foi a presentación do documental "Un legado de futuro", contido audiovisual que achega datos relevantes sobre Neira Vilas, o seu tempo e a súa obra. A Real Filharmonía de Galicia interpretou, en novembro de 2020, por vez primeira, a composición "Memorias dun neno labrego", orixinal do músico de orixe galega asentado en Nova York Aaron Siebert a partir da obra homónima do autor nacido en Gres.
Bibloleiros aproveita este aniversario para homenaxear a Xosé Neira Vilas e a súa obra cunha exposición bibliográfica no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda. Xosé Neira Vilas, que tivo, xunto á súa parella Anisia Miranda, unha vinculación especial con Oleiros, dálle nome, desde a súa inauguración en maio de 1989, ao IES situado en Perillo. Recuperamos unhas palabras daquel discurso de inauguración: "Quero adicar esta homenaxe que me facedes, ós rapaces de Galicia, ós Balbinos todos, ós nenos das aldeas, das vilas, das cidades do noso país... O mundo agarda por vós. O século XXI agarda por vós. Adiante."

Fontes: culturagalega, nosdiario, iesneiravilas, rfgalicia


Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 13 xaneiro 2021 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Intemperie, de Jesús Carrasco
Documentación

Seguinte lectura: Tierra de campos, de David Trueba

8/1/21

Recomendacións en Radioleiros: 8 xaneiro 2021

- Infantil: 

"Vento, ventiño, venteiro" de Antonio García Teijeiro. Ilustracións de María Lires. En Xerais. 

Poemario deste veterano escritor que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil en 2017. Co vento como elemento común, compón poemas frescos e lúdicos con referencias musicais, magníficamente ilustrados por María Lires. 

- Mozas-os e adultas-os:

"Patricia Highsmith: el talento de Miss Highsmith" de Joan Schenkar. Editado en Circe. 

Unha análise detallada da vida da xenial escritora de novela negra, contada dun xeito ameno e á vez formal, aportándonos  claridade para entender a súa traxectoria literaria e vital.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.