31/1/20

Expo bibliográfica adicada a Concepción Arenal en Rialeda

https://youtu.be/hESNJedv95U
Escritora. Xornalista. Activista. Feminista. Precursora. Xurista. Intelectual.

O 31 de xaneiro de 2020 celébrase o bicentenario do nacemento de Concepción Arenal. Numerosas institucións (Universidade de Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, Ateneo de Santiago, Biblioteca Nacional, etc.) van organizar conferencias, exposicións e congresos ao longo deste ano para dar a coñecer as múltiples facetas da muller nacida en Ferrol que foi vangarda na defensa dos dereitos das mulleres, loitadora incansable pola mellora das condicións de vida da poboación reclusa e que teceu con fíos solidarios unha sociedade xusta e igualitaria. 
Bibloleiros súmase á divulgación da súa obra cunha expo bibliográfica no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda.  
A imaxe que ilustra este post pertence ao bronce coa efixie de Concepción Arenal, no monumento adicado a ela, ubicado nos Xardíns Méndez Núñez de A Coruña. Foi realizado en 1916 por Rafael González Villar, arquitecto da Biblioteca Central Rialeda.



Recomendacións en Radioleiros: 31 xaneiro 2020

https://youtu.be/uk9ZJ1GJZ7Y
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1285801&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 6 anos):

Caramulo e a carpinteira dos soños, de Anxo Moure, con ilustracións de Cristina Ouro
Baía

O escritor e contacontos Anxo Moure tráenos unha historia que recolle o xeito de contar da tradición oral dirixido á xente pequena. Cunha temática na que está presente a natureza e o mundo dos xoguetes tradicionais, desenvolve unha historia na que a corredora e carpinteira Fernanda bate cun tronco e comeza a traballar coas súas ferramentas.

- Mozas/os e adultas/os:

El sombrero de Vermeer: los albores del mundo globalizado en el siglo XVII, de Timothy Brook
Tusquets

Os cadros do pintor holandés Jan Vermeer de Delft (1635-1680) son o fondo que explica o mundo da súa época: a expansión cara terras lonxanas, desexoso de novos produtos e á vez, desconcertado diante de pobos e costumes descoñecidos. As minas do Potosí e os mares da China aparecen neste libro que abre numerosas portas aos lectores curiosos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/1/20

Recomendacións en Radioleiros: 24 xaneiro 2020

https://youtu.be/c3yMfZ6FdB8
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1390916&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 6 anos):

El iglú, de Jesús López Moya, con ilustracións de Zuriñe Aguirre

A súbita aparición dun iglú nunha vila pequena provoca medo e desconfianza.

Un texto de actualidade para que os máis novos teñan un motivo de reflexión nun mundo complexo. Magníficas ilustracións de Zuriñe Aguirre.

- Mozas/os e adultas/os:

Tres pintores, de Cid Cabido
Xerais

Na primavera de 1984 un vigués discute coa moza e despois de durmir no seu Renault 8 decide marchar a París acompañado dun amigo. Unha viaxe de varios días que constitúe unha experiencia vital dun tempo xa pasado que trae lembranzas.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/1/20

Recomendacións en Radioleiros: 17 xaneiro 2020

https://youtu.be/he33Ob1PNrw
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1542597&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (a partir de 4 anos):

Porque te quero moito, de Milja Praagman
Hércules

Nesta historia acompañaremos a Ibi e á súa avoa nun paseo pola cidade.
Montaremos en metro, veremos tendas de roupa, visitaremos a panadaría ou a pastelaría. Tamén entraremos no museo e iremos xogar ao parque. Viviremos un día intenso e esgotador. De regreso a casa, a avoa pregúntalle a Ibi todo o que veu e a pequena relata todo ese mundo cheo de luces, de animais e de xente diferente. Pero o máis bonito e tenro chega cando Ibi lle fai a mesma pregunta á súa avoa.


Un libro moi interesante, sobre todo se o len o avó ou a avoa aos-ás cativos-as. Un conto que reivindica, en certo modo, a súa figura, tan importante na crianza dos nosos pequenos e pequenas.

- Mozas/os e adultas/os:
 
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=formula+preferida+profesor+yoko+ogawa&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas+P%C3%BAblicas+Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE
La fórmula preferida del profesor, de Yoko Ogawa
Funambulista

Unha empregada doméstica, nai solteira, cun fillo de dez anos, entra a traballar na casa dun profesor de matemáticas de sesenta e catro anos que sufrira un accidente de tráfico dezasete anos atrás. Este accidente afectoulle á memoria recente, de xeito que só é capaz de lembrar o que pasou nos últimos oitenta minutos. Con todo, conserva a memoria anterior ao accidente. Así, a súa capacidade matemática e os vellos recordos están intactos.
Pouco a pouco, vaise forxando entre os tres protagonistas unha amizade baseada en dous pilares: as matemáticas e o béisbol.
As lectoras e lectores amantes dos números disfrutarán moito coa súa lectura e os máis profanos atoparán unha forma divertida e diferente de velos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

16/1/20

Club Xuvenil de Literatura Fantástica en Rialeda: 17 xaneiro 2020

https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjma7LygDwu5H0NZuUbSEogAXB6i3VgevTDj9kRe48MuNi8aICEQZR0Fn73hjeiNLpJSnatL-7QDVmbHGZ3L6TMRuzZ7Jj4MW3GUV4jAM0E6-GSvSAzxpVILaYXQo_OiL2zMXs9D82Jj8g/s200/logo+CXLF+blog+e+web+250p.jpg
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=castillo+ambulante+jones&branch_group_limit_txt=&branch_group_limit=Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades) 18,30 a 20 h.

Comentario de El castillo ambulante, de Diana Wynne Jones

Seguinte lectura: "El libro de los portales" de Laura Gallego

Aínda quedan prazas! se tes entre 12 e 17 anos chama ao teléfono 981 639 511, achégate á biblioteca ou envía un correo electrónico a biblioteca.rialeda@oleiros.org