2/2/18

ENTROIDO en Bibloleiros: aínda quedan prazas nalgúns obradoiros!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27477.pdf
Este Entroido, as nenas e os nenos que o desexen, poden participar nos Obradoiros de creación de libriños pop-up entroideiros que se levarán a cabo nas sete bibliotecas municipais.  


Elaborarán sinxelos libros pop-up realizados con divertidos motivos entroideiros.

- Están dirixidos a nenas e nenos a partir de 5 anos.
- Cada obradoiro pode ter un máximo de 20 participantes.
- É imprescindible inscribirse na biblioteca na que se desexe participar.
- Poden apuntarse desde dez días antes da realización da actividade en cada unha das bibliotecas. 
- Todas as sesións se celebrarán ás 17:30 horas.
 
Na semana de 5 a 9 de febreiro se realizarán:
Luns, 5 de febreiro
Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda, tel.: 981 626 638
Martes, 6 de febreiro
Biblioteca Manuel María. Oleiros, tel.: 981 610 700
Mércores, 7 de febreiro
Biblioteca Rosalía de Castro. Santa Cruz, tel.: 981 626 338  Aforo completo!!!
Xoves, 8 de febreiro
Biblioteca Central Rialeda. Perillo, tel: 981 639 511
  Aforo completo!!! 
Venres, 9 de febreiro
Biblioteca Mª José Trincado. Mera, tel.: 981 628 507

En todas as bibliotecas se realizarán exposicións de libros relacionados co Entroido: obras de disfraces, de distintos tipos de traxes históricos ou de personaxes de contos, maquillaxe, máscaras, manualidades, festas tradicionais, cociña, etc.
Animamos ás nenas e aos nenos a que se inscriban nos obradoiros e a que participen na realización dos libriños pop-up e ás nais e aos pais a que leven libros en préstamo para a casa das distintas temáticas relacionadas co Entroido.

Tertulia literaria en Rialeda: 7 febreiro 2018 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27291.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La liebre con ojos de ámbar" de Edmund de Waal
Documentación

Seguinte lectura: "Bartleby y compañía" de Enrique Vila-Matas

Actividades de promoción da lectura: de 5 a 8 de febreiro 2018

Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino público do Concello, de 5 a 8 de febreiro:
 

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Luns 5 de febreiro:
- 10:15: 3º B de Primaria do
CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz)
"Sensacións debuxadas", a cargo de Manel Cráneo.

Martes 6 de febreiro:
- 10:35: 1º A, B, C, D de ESO do IES María Casares (Santa Cruz) 
"Contos de candil que ninguén cre", co contacontos Ramiro Neira.


Mércores 7 de febreiro:
- 10:35: 3º C de ESO do IES María Casares (Santa Cruz) 
"Taller de banda deseñada", a cargo de Manel Cráneo.

Xoves 8 de febreiro:
- 10:30: 2º A, B, C, D de ESO
do IES Miraflores (Oleiros)
"De leria con Castelao", a cargo da Compañía Galeatro.
 
Xoves 8 de febreiro:
- 10:15: 5º A de Primaria
do CEIP Juana de Vega (Nós)
"Taller de banda deseñada", a cargo de Manel Cráneo.

Máis info das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

Recomendacións en Radioleiros: 2 febreiro 2018

https://youtu.be/5Hza5RHbI4Q
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=yo+matare+monstruos+por+ti&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (maiores de 6 anos):

Yo mataré monstruos por ti, texto de Santi Balmes e ilustración de Lyona
Principal de los Libros

Martina está convencida que debaixo da súa cama hai toda unha civilización de monstros que viven cabeza abaixo e que son como espellos das persoas e das cousas…
O que menos desexa Martina é que veña un deses monstros pola noite, a colla e a leve lonxe dos seus pais, a ese mundo do revés.
O que non sabe é que nese mundo-espello o seu reflexo é unha pequena monstruiña de cor rosa que se chama Anitram, que ten os mesmos medos que Martina, ela tamén teme a civilización de humáns que hai no outro mundo do revés do seu.


- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=el+cuento+de+la+criada&branch_group_limit=multibranchlimit-OLEEl cuento de la criada, de Margaret Atwood
Bruguera

O que queda dos Estados Unidos despois dun soposto ataque terrorista convértese da man duns políticos extremistas na República de Gilead, na que se instaura unha sociedade opresiva e tecnócrata, que xera unha continua perda de dereitos. 

Isto tradúcese nunha férrea desigualdade e falta de liberdades, sobre todo para as mulleres que se ven desposuídas de todo para convertirse en Esposas. Estas son axudadas nos labores da casa polas Marthas e as Criadas, entre as que se atopa a protagonista, mulleres fértiles desposuídas de todo, ata do seu nome, que teñen a misión de enxendrar fillos para o seu dono, o comandante do que toman o nome. Os fillos seranlles arrebatados para ser coidados pola Dona do Comandante, xa que as donas son case todas estériles debido a unha epidemia mundial de infertilidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Campaña animación á lectura 2018: "O bo, si breve..." con Maribel Andrés en Rialeda (venres 2 de febreiro)

http://usal.academia.edu/MariaIsabelAndresLlamero/CurriculumVitae
Dúas sesións: 9,30 e 11,45 h.
Actividade dirixida ao alumnado de 3º ESO A e B do IES Neira Vilas (Perillo)

Comezamos a Campaña de Animación á Lectura 2018 cun obradoiro de microficción a cargo da profesora da Universidade de Salamanca Maribel Andrés Llamero, licenciada en filoloxía portuguesa, filoloxía hispánica e teoría da literatura e literatura comparada. Foi profesora colaboradora do Instituto Cervantes de Río de Xaneiro. Tamén ten ensinado español para estranxeiros compaxinando con tarefas de investigación (+ info)

"O bo, si breve..." é un obradoiro de microficción. A partir da lectura dunha significativa selección de textos, exploraranse de modo colectivo, a definición do xénero, os seus antecedentes, a súa tradición, as súas características ou a súa actual difusión grazas ás novas tecnoloxías, en espazos como Twitter. O alumnado descubrirá como se fai literatura desde a brevidade e a condensación, con poucas palabras.
foto: Universidade de Salamanca 

26/1/18

Recomendacións en Radioleiros: 26 xaneiro 2018

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=543424&viewallitems=1&homebranch=ALLhttps://youtu.be/5abUSx9vzU0- Xuvenil:
"Eu tamén fun peliqueiro de Laza" de Ánxela Gracián. Editado por Everest Galicia.
A participación dun rapaz no entroido de Laza é o arranque desta novela que xunta pezas familiares, sociolóxicas e de intriga nun relato moi ben construido. Unha historia que comeza dun xeito individual e remata nun marco máis amplo.
- Mozas-os e adultas-os:
"Un adúltero americano" de Jed Mercurio. En Anagrama.
Un texto moi orixinal arredor da figura de John Fitzgerald Kennedy, home de familia poderosa, soldado na II Guerra Mundial a pesar da súa deteriorada saúde, senador e posteriormente presidente dos Estados Unidos. Cun estilo áxil, Mercurio paséanos polo día https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=868574&viewallitems=1&homebranch=ALL
a día de Kennedy nunha mestura de novela e reportaxe, aportando detalles de grande interese histórico e político.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

24/1/18

A solución está no disfraz: expo sobre o Entroido

Caretos (Portugal), Wilder mann (Austria), Schnappviecher (Italia), Zezengorri (País Vasco), Sauvage (Suíza), Strohmann (Alemaña), Juantramposo (Navarra), Felos de Maceda, Boteiros de Viana, Pantallas de Xinzo, Cigarróns de Verín, Peliqueiros de Laza, Xenerais da Ulla, Volantes de Chantada, Madamas e Galáns de Cobres, choqueiros... personaxes que afunden as súas raíces nos moitos entroidos que se celebran en Europa. 

Ricas tradicións que ofrecen mil formas de divertirse durante uns días.

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas/biblio/anxel-fole-nosA solución está no disfraz* é unha exposición bibliográfica, no vestíbulo da Biblioteca Central Rialeda,  que ofrece textos de cociña, guías de festas, turismo entroideiro e obras de ficción que dalgún xeito falan desta folía galega e universal. Nas outras seis bibliotecas municipais podes visitar as exposicións adicadas a este evento de celebracións múltiples.                                  
Gózaa!!!

*A solución está no disfraz, é o título dun poema do “Libro do Entroido” de Manuel Rivas

22/1/18

ENTROIDO en Bibloleiros: obradoiros de libriños pop-up entroideiros

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27477.pdf
Este Entroido, as nenas e os nenos que o desexen, poden participar nos Obradoiros de creación de libriños pop-up entroideiros que se levarán a cabo nas sete bibliotecas municipais.  


Elaborarán sinxelos libros pop-up realizados con divertidos motivos entroideiros.

- Están dirixidos a nenas e nenos a partir de 5 anos.
- Cada obradoiro pode ter un máximo de 20 participantes.
- É imprescindible inscribirse na biblioteca na que se desexe participar.
- Poden apuntarse desde dez días antes da realización da actividade en cada unha das bibliotecas. 
- Todas as sesións se celebrarán ás 17:30 horas.

Datas:
Luns, 5 de febreiro
Biblioteca Mª José Ruso. Dorneda, tel.: 981 626 638
Martes, 6 de febreiro
Biblioteca Manuel María. Oleiros, tel.: 981 610 700
Mércores, 7 de febreiro
Biblioteca Rosalía de Castro. Santa Cruz, tel.: 981 626 338
Xoves, 8 de febreiro
Biblioteca Central Rialeda. Perillo, tel: 981 639 511
Venres, 9 de febreiro
Biblioteca Mª José Trincado. Mera, tel.: 981 628 507
Xoves, 15 de febreiro
Biblioteca Xograr Mendiño. Lorbé, tel.: 981 618 201
Venres, 16 de febreiro
Biblioteca Ánxel Fole. Nós, tel.: 981 664 257

En todas as bibliotecas se realizarán exposicións de libros relacionados co Entroido: obras de disfraces, de distintos tipos de traxes históricos ou de personaxes de contos, maquillaxe, máscaras, manualidades, festas tradicionais, cociña, etc.
Animamos ás nenas e aos nenos a que se inscriban nos obradoiros e a que participen na realización dos libriños pop-up e ás nais e aos pais a que leven libros en préstamo para a casa das distintas temáticas relacionadas co Entroido.

20/1/18

55 sesións de actividades infantís entre febreiro e maio!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdfEntre o 2 de febreiro e o 24 de maio, nas Bibliotecas Municipais de Oleiros levaranse a cabo 55 sesións de diversas actividades infantís dirixidas a nenas e nenos desde 1 a 12 anos. Entre estas podemos destacar os contacontos para nenas e nenos de 1 a 3 anos, a hora do conto para público infantil de 4 a 8 anos e diferentes obradoiros de cómic, de ciencia, de maxia, de encadernación (Scrapbooking), de traballos manuais, etc. dirixidos a maiores de 6 anos. Continuaremos cos obradoiros para a inclusión social. Por segundo ano consecutivo, levaranse a cabo na Biblioteca Central Rialeda coa Asociación Participa para la Inclusión Social. Tres obradoiros para a inclusión social cos obxectivos de informar e sensibilizar sobre a realidade social próxima, a situación das persoas con diversidade funcional, e as posibilidades dunha convivencia e interrelación activa; xerar actitudes e comportamentos pro-sociais en favor da normalización social das persoas con diversidade funcional; crear axentes activos de cambio social a través da participación conxunta en actividades e talleres sobre diferentes temáticas e sensibilizar á poboación en xeral das posibilidades e capacidades de todas as persoas e da necesidade de proporcionar as mesmas oportunidades. Levaranse a cabo:
- Un taller para nen@s con discapacidade intelectual e nen@s sen afectación.
- Un taller para nen@s en situación de risco social e nen@s sen afectación.
- Un taller para nen@s con autismo e/ou síndrome de Asperger e nen@s sen afectación.

Nos contacontos para nen@s de 1 a 3 anos mestúranse contos, cancións e xogos, para facer unha actividade máis dinámica e que enganche mellor aos máis pequen@s.

A Hora do conto é unha actividade que se desenvolve ano tras ano como consecuencia do seu recoñecido valor lúdico e educativo, que reside, fundamentalmente, no incentivo á lectura das-dos máis pequenas-os. Realizase a través de narración ou dramatización dun ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a imaxinación e  a creatividade.

Para todas as actividades é imprescindible reservar praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha delas, http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdfisto pode facerse, desde dez días antes do seu inicio, chamando por teléfono ou achegándose persoalmente á biblioteca correspondente.

Participarán Soledad Felloza, Elefante Elegante, Pablísimo, Sonia Ojea, Gemola, Manel Cráneo, Pavís Pavós, Pedras: artesanía e patrimonio, Chrystyan Magic, Paco Nogueiras, OQO, Caxoto, Ciencia en ruta, Marisa Irimia, Charo Pita, Ramiro Neira, Chus Álvarez, Fátima Fernández, Ana Carreira, Paula Carballeira, a compañía Trinke Trinke Teatro e a Asociación Participa para la Inclusión Social.

Tomando como punto de partida a narración de contos e historias, a relación pracenteira cos libros, o xogo cos  personaxes de ficción, resáltase o valor da palabra xunto coa articulación de diferentes disciplinas artísticas tendo en conta que en todas as historias aparece un mundo de imaxes, un mundo sonoro e un mundo de xestos e accións. Para as nenas e os nenos pequenas-os a palabra oída exerce unha gran fascinación. O libro oído, visto, tocado, como lectura compartida con outras nenas e nenos, axudaralle no seu contacto coa letra impresa, motivando unha lectura gozosa e fomentando a súa creatividade. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenas e nenos vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.

19/1/18

Recomendacións en Radioleiros: 19 xaneiro 2018

https://youtu.be/BoUpdCIknm4
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1227332- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Trenfugiados" texto de José Campanari e ilustracións de Evelyn Daviddi. Editado por La fragatina.
Trenfugiados é un delicioso álbum ilustrado que narra a historia duns curmáns que están pasando a tarde na casa da súa avoa. O máis pequeno de todos (Juan), comenta que o día anterior el e os seus compañeiros levaron comida á escola para os “trenfuxiados". Palabra inventada por el mesmo que a explica dicindo que “é trenfuxiados porque na súa lingua fuxiados significa mollados e cando subiron ao tren ían mollados”. Un conto que expón de maneira sinxela unha problemática actual. 

- Mozas-os e adultas-os: 
"O rapaz que nunca existiu" de Sjón. En Rinoceronte.
Conta a vida de Manni Steinn, un adolescente de 16 anos, orfo, que vive cunha tía avoa en Reikiavik. Gaña uns cartos como prostituto. Usa o seu corpo sen inmutarse, non o pasa mal e saca
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1244996 as moedas para pagarse o que de verdade lle interesa: o cine. Amosa unha sociedade islandesa hipócrita, de principios do século XX, 1918, concretamente, ultraconservadora e intolerante coa homosexualidade do rapaz. Sjón presenta, a base de frases curtas e palabras sinxelas, un fresco portentoso dunha época e das súas xentes.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.