"Santiago de Compostela é unha creación sorprendente. Naceu dunha estrela que indicaba unha tumba e floreceu sobre ese sepulcro. En todo caso falamos dunha obra aberta, con páxinas de cronoloxía en espiral que se solapan como pétalos dunha enigmática rosa". Estas palabras do escritor Manuel Rivas poden estimularnos a seguir abrindo esas páxinas-pétalos das obras que che presentamos sobre a cidade-rosa...de pedra.13/9/10
Destino SCQ. Volume 4
"Santiago de Compostela é unha creación sorprendente. Naceu dunha estrela que indicaba unha tumba e floreceu sobre ese sepulcro. En todo caso falamos dunha obra aberta, con páxinas de cronoloxía en espiral que se solapan como pétalos dunha enigmática rosa". Estas palabras do escritor Manuel Rivas poden estimularnos a seguir abrindo esas páxinas-pétalos das obras que che presentamos sobre a cidade-rosa...de pedra.10/9/10
Recomendacións en Radioleiros
Editado por Kalandraka
- Adultos:
"La sal de la vida" de Anna Gavalda.
Editado por Seix Barral

Tres irmáns, Simon, Garance e Lola, fuxen dunha voda para ir visitar a Vincent, o seu outro irmán quen vive nun pobo. Un día de descanso lembrando os tempos pasados que constitúe unha historia afectiva e amena, propia de Anna Gavalda.
7/9/10
O cine dos irmáns Coen
Os irmáns Joel e Ethan Coen sempre amosaron sinais de identidade dun estilo inconfundible, dotado dun ácido,
corrosivo e xudeu sentido do humor. No cine dos Coen, os persoaxes están por enriba da historia, e os diálogos resultan intelixentes. Na súa extensa filmografía, que arranca a mediados dos anos oitenta, ollamos os lugares máis agochados do mid west americano, o sur de Missouri ou os desertos de Arizona. No cine dos Coen o lugar onde transcorre a acción é sumamente importante, asociándose intrínsecamente cos personaxes.Enlace ao artigo completo (en castelán)
3/9/10
Recomendacións en Radioleiros
Que farías se atopases no teu xardín unha bolsa repleta de cartos e só tiveses un par de semanas para gastalos?
.Lavinia vive en paz e liberdade ata que os pretendentes acuden para pedir a súa man, a man da filla do rei Latino, e uns estranxeiros navegan Tibet arrriba cargados de malos augurios.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
1/9/10
Destino SCQ. Volume 3
Proba e déixate engaiolar!!!
30/8/10
Pósit Poemas
Ola: seguimos recibindo versos para Pósit Poemas. Hoxe son catro poemas que che ofrecemos nesta galería.Anímate!!, manda os teus. Clica na imaxe da dereita e segue as instruccións de uso.
27/8/10
Recomendacións en Radioleiros
- Infantil (de 6 a 8 anos): La gran caja de Toni Morrison e Slade Morrison con ilustracións de Giselle Potter, en Ediciones B
rk, New York de Inma López Silva editado por Galaxia."Textos curtos nos que a autora relata diferentes aspectos da súa estadía laboral en NY durante uns meses a cabalo entre o 2005 e 2006. Unha visión con moito humor e ironía."
25/8/10
Agora serache máis doado atopar os teus favoritos!!!
Agora serache máis doado atopar os teus libros favoritos, en concreto, novelas e relatos. Ademáis da clasificación por autores-as que figura nas etiquetas na parte inferior dos lombos dos libros, colocamos un icono (na parte superior do lombo) que representa a clasificación de novelas e relatos por xéneros literarios. Son 11 grupos: Aventuras, Ciencia ficción, Erótica, Fantástica, Histórica, Humor, Intriga e misterio, Romántica, Social e política, Terror, e Vida cotiá, con cadanseu icono.
Sabemos de libros que teñen algo así como o "don da ubicuidade" e poderían levar varios signos identificativos, pero eleximos o que o representa mellor dentro dos nosos 11 grupos. De todos os xeitos son benvidas as túas suxestións.
20/8/10
Recomendacións en Radioleiros 20 agosto 2010
- Nenos e nenas (12 anos en adiante): "Primeira entrega da serie Cazadores de sombras chea de acción, intriga, humor e, como non, unha historia de amor "
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
17/8/10
Destino SCQ. Volume 2
13/8/10
Recomendacións en Radioleiros
Títulos recomendados o 13 de agosto:
- Infa
ntil: As vidas de Galileo : viaxe pola historia da astronomía, por Fiami, editado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Un percorrido didáctico pola astronomía, explicado con humor e cunhas magníficas ilustracións.
- Mozos-as e adultos-as: Nada de Carmen Laforet, en Destino.
Premio Nadal 1944, esta novela foi un revulsivo nas letras españolas da posguerra. Narra a historia de Andrea, unha moza que chega a Barcelona a finais de 1939 para comezar os seus estudos na Universidade. De tintes autobiográficos, fixo de Carmen Laforet unha autora de obrigada lectura.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
12/8/10
Destino SCQ 2010. Volume 1
6/8/10
Recomendacións en Radioleiros
- Mozos-as e adultos-as:Conxunto de relatos moi diferentes entre si, cun denominador común: están protagonizados por indoamericanos que viven o conflito de respectar a tradición cultural india da que proceden e a necesidade de integrarse na sociedade de adopción, neste caso a americana.
30/7/10
Recomendacións en Radioleiros

Neda e Mercurín, fillos do rei do mar, procuran un agasallo no aniversario do seu pai. Na procura do mesmo acontecen situacións imaxinativas e disparatadas, mesturando o excepcional co cotián e o surrealismo co normal.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
28/7/10
Tertulia Literaria en Rialeda: títulos máis valorados
2. El amor en los tiempos del cólera, de Gabriel García Márquez
3. La tía Julia y el escribidor, de Mario Vargas Llosa
O Premio Nobel Thomas Mann publicóu Los Buddenbrook con 25 anos, en 1901. A novela inspírase na historia da familia do propio escritor, e a cidade e algúns persoaxes secundarios están tomados directamente da realidade. Como anécdota, a moitos dos habitantes de Lübeck non lles gustóu o retrato que Mann fixo deles, sendo moi críticos coa novela.
omo unha autobiografía ficticia sobre a experiencia do seu primeiro matrimonio coa súa tía política Julia Urquidi. Asimesmo, a través do “escribidor”, Vargas Llosa homenaxea ao xénero da radionovela que acompañóu a xeneracións completas de radiouvintes, e que aínda a principios dos noventa conseguían manter atento ao auditorio coas peripecias dos seus heróis correspondentes.Recomendamos a súa lectura.





