14/12/09

Biblioteca de Lorbé: Estamos de Nadal

¿Non te decatáche? achégase o Nadal...

Achégate tí tamén á biblioteca e participa na súa decoración. Utilizaremos pinturas, cartuliña, plastilina, algodón, papel de aluminio, etc. Tamén faremos un Belén con paos, herba, musgo e demáis materiais naturais.

Podes participar so/soa ou acompañado/a dun adulto/a, no horario habitual da biblioteca e durante o mes de decembro e ata a festividade de Reis.

11/12/09

Tertulia Literaria en Santa Cruz: 14 decembro 2009

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: de 18,30 a 20 h.

Comentaráse a obra "Ada y el ardor" de Vladimir Nabokov.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Nabokov.

Tertulia Literaria en Rialeda: 16 decembro 2009 (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 18,00 a 20,00 h. (Atención: cambio de horario)

Comentaráse a obra "La tía Julia y el escribidor" de Mario Vargas Llosa

Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.

Outras ligazóns relacionadas co autor:
- La obra de Mario Vargas Llosa (páx. non oficial)

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Mario Vargas Llosa.

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 11 de decembro:
Infantil (de 6 a 8 anos):
"A gaivota e o faro" de María José Lozano editado por Sieteleguas

Mozos-as e adultos-as: "Ella tan amada" de Melania G. Mazzucco en Anagrama.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/12/09

Ler para saber: 11 de decembro


Hora: 18,30
Dirixido a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
"As nosas mascotas": Iria Vázquez e Camila Hernández e
"As mascotas non son un xoguete", charla de divulgación científica a cargo do veterinario Enrique Orro .
Seleccionamos para ti libros e dvd
para esta charla científica.

4/12/09

Tertulia Literaria en Rialeda: 9 decembro 2009 (Grupo B)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)

Hora: de 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "A praia dos afogados" de Domingo Villar
Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.
Outras ligazóns relacionadas co autor:
- Vídeo entrevista en Página 2 (RTVE)
- Encontro Dixital (Xornal El País)
- Vídeo promocional de "A praia dos afogados" (Youtube)

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Domingo Villar.

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 4 de decembro:

- Infantil (a partires de 9 anos):
"O día despois do día", de Manuel Lourenzo González, ilustrado por Enrique Flores.
Editado por Xerme Edicións e SM

- Mozos-as e adultos-as:
"Los que van a morir te saludan" de Fred Vargas
Editado por Santillana en Punto de Lectura

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

1/12/09

Hora do conto na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove: martes 1 de decembro


Ola: espérote na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove o martes 1 de decembro ás 18:30 para escoitar a Pablísimo na hora do conto. Os títulos serán: "O día en que a mamá se lle puxo cara de teteira", "Arrepíos", "O Grúfalo"

30/11/09

Hora do conto na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda: luns 30 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda o luns 30 de novembro ás 18:30 para escoitar a Fran Insua na hora do conto. Os títulos serán: "O día que olvidei pechar a billa", "Brancos e negros", "Cambios", "O meu papá"

27/11/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 27 de novembro:
-Infantil (de 6 a 8 anos):
"Soy el más guapo" de Mario Ramos
editado por Corimbo
- Mozos-as e adultos-as:
"Unha soidade demasiado ruidosa" de Bohumil Hrabal editado por Rinoceronte

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Hora do conto na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós: venres 27 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós o venres 27 de novembro ás 18:30 para escoitar a Rato Camifuco da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "Os tres porquiños", "Bebé bigotes", "La boda de cerdito"

26/11/09

Tertulia Literaria en Rialeda: 2 decembro 2009 (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)Hora: de 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "Las abuelas" de Doris Lessing.
Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Doris Lessing.

Tertulia Literaria en Rialeda: 30 novembro 2009 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "El palacio de la Luna" de Paul Auster.

Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.

Outras ligazóns relacionadas co autor:

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Paul Auster.

Hora do conto na Biblioteca "Rialeda" de Perillo: xoves 26 de novembro


Ola: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 26 de novembro ás 18:30 para escoitar a Soledad Felloza na hora do conto.

LEMBRA QUE É IMPRESCINDIBLE RECOLLER INVITACIÓN NA BIBLIOTECA RIALEDA PARA ASISTIR A ESTE CONTACONTOS!!!

23/11/09

Hora do conto na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros: martes 24 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Manuel María" de Oleiros o martes 20 de novembro ás 18:30 para escoitar a Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke na hora do conto. Os títulos serán: "Martín y las galletas de coco", "La cocina de noche"