9/11/09

Recomendacións en Radioleiros






Títulos recomendados o venres 6 de novembro:
- Infantil e xuvenil (de 6 a 8 anos): "El color de la arena" de Elena O´Callaghan i Duch e María Jesús Santos Heredero editado por Edelvives


- Mozos-as e adultos-as:
Herbario de Sandor Márai editado por Rinoceronte




Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

6/11/09

Tertulia Literaria en Santa Cruz: 9 novembro 2009

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"

Hora: de 18,30 a 20 h.

Comentaráse a obra "El amor en los tiempos del cólera" de Gabriel García Márquez.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras do autor.

Tertulia Literaria en Rialeda: 11 novembro 2009 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)Hora: de 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "La elegancia del erizo" de Muriel Barbery.
Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.
Outros enlaces relacionados con Muriel Barbery:

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Muriel Barbery.

5/11/09

Hora do conto na Biblioteca de Mera: venres 6 de novembro

Ola: espérote na Biblioteca "Mª José Trincado de Mera o venres 6 de novembro ás 18:30 para escoitar a Pablísimo na hora do conto. Os títulos serán: "O día en que a mamá se lle puxo cara de teteira", Arrepíos" e "O Grúfalo"

4/11/09

Hora do conto na Biblioteca Rialeda de Perillo: xoves 5 de novembro



Ola: espérote na Biblioteca Central Rialeda o xoves 5 de novembro ás 18:30 para escoitar a Pablísimo na hora do conto. Os títulos serán: "O día en que a mamá se lle puxo cara de teteira", Arrepíos" e "O Grúfalo".


LEMBRA QUE É IMPRESCINDIBLE RECOLLER INVITACIÓN NA BIBLIOTECA RIALEDA PARA ASISTIR A ESTE CONTACONTOS!!!

3/11/09

Hora do conto na Biblioteca de Santa Cruz: mércores 4 de novembro


Ola: espérote na Biblioteca Rosalía de Castro de Santa Cruz o mércores 4 de novembro ás 18:30 para a hora do conto con Soledad Felloza e os seus “Contos de bruxas, monstros e magostos”

2/11/09

Hora do conto na Biblioteca de Lorbé: martes 3 de novembro


Ola: espérote na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé o martes 3 de novembro ás 18:30 para a sesión da hora do conto na que Pablísimo contará “O día en que a mamá se lle puxo a cara de teteira”, “Arrepíos” e “O Grúfalo”



31/10/09

Obradoiros de Ilustración e Cómic: 5-6 novembro

Na Biblioteca Central Rialeda (2º andar).

A cargo do ilustrador Manel Cráneo
Díptico (anverso / reverso)

Actividade dirixida ao alumnado de 1º ESO do IES Miraflores.

Xoves 5 novembro:
- 1ª sesión: 9.30 h.
- 2ª sesión: 11,50 h.
Venres 6 novembro:
- Sesión única: 9,30h.

AVISO: Durante as sesións os ordenadores da citada planta estarán fora de servizo. Desculpen as molestias.

30/10/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 30 de outubro:

- Infantil e Xuvenil (a partires de 9 anos):
"Restaurante Farruco" de Chus Pereiro ; ilustrado por Xan López Domínguez
Edicións Xerais de Galicia (Colección Merlín)
"Divertida obra de teatro, escrita en verso e cun ritmo moi áxil."

- Mozos/as e Adultos/as:
"Lo que el día debe a la noche" de Yasmina Khadra
Destino
"Unha novela sobre a identidade, a dignidade, a amizade e o amor. Unha historia de Arxelia, dende o 1930 ata a actualidade, na que defende a dobre cultura entre Occidente e o Islam, xunto co respeto ás raices e costumes do seu pobo e á fidelidade á palabra dada."
No 2008 foi un éxito de ventas en Francia e premio da revista Lire ao mellor libro do ano.

Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/10/09

Tertulia Literaria en Rialeda: 4 novembro 2009 (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30 h.

Comentaráse a obra "Un descanso verdadero" de Amos Oz.
Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.
Outros enlaces relacionados con Amos Oz:

Consulta no catálogo a disponibilidade de obras de Amos Oz.

26/10/09

Tertulia Literaria: 28 outubro 2009 (grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)Hora: 17,30 a 19,30 h.

Presentación da tempada 2009-2010
Ao remate entregaráse a obra "La elegancia del erizo", de Muriel Barbery.
As persoas interesadas en participar na actividade poden pre-inscribirse na lista de espera chamando ao 981-639511. A participación está condicionada ás vacantes que se produzan no grupo.

23/10/09

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 23 de outubro:

- Infantil e Xuvenil:
"Sabeliña e os ratos", de Paco Martín ; ilustrado por José Tomás
Galaxia
"Recreación dun conto tradicional. Sabeliña ten un dente abalando, cáelle estando na escola e agarda pola noite ao rato para receber un agasallo."

- Mozos-as e Adultos-as:
"Más Platón y menos prozac", de Lou Marinoff
Punto de Lectura
"Todos os filósofos quixeron que os seus consellos foran de utilidade. Neste libro o profesor canadiano Lou Marinoff trata de conectar a filosofía coa siquiatría, entendendo que son disciplinas complementarias."

Recomendacións feitas no programa semanal "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

21/10/09

Biblioteca de Montrove: E ti, qué les?

Para conmemorar o “Día da Biblioteca”, que se celebra todos os anos o 24 deste mes, faremos un mural no que compartiremos as nosas lecturas preferidas. Achégate á biblioteca entre o 19 e o 30 de outubro e fai a túa recomendación. Comparte o pracer de ler.

Horario da biblioteca: luns a venres de 16 a 20h.

19/10/09

Tertulia Literaria: 21 outubro 2009 (grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h.

Presentación da tempada 2009-2010

Ao remate entregaráse a obra "Un descanso verdadero", de Amos Oz.
As persoas interesadas en participar na actividade poden pre-inscribirse na lista de espera chamando ao 981-639511. A participación está condicionada ás vacantes que se produzan no grupo.

16/10/09

Espectáculo de Maxia no Teatro Gabriel García Márquez (Mera)

O luns 19 de outubro en dúas sesións (10, 30 e 12,30 h.)
terá lugar o espectáculo de maxia "Amancio Amigo" a cargo de Cali o Mago.

Trátase dun espectáculo cheo de maxia e ilusión baseado na serie do escritor Xosé Miranda. Un percorrido polos efectos máxicos máis coloridos e fantásticos na procura dese espazo de inocencia que transmiten os libros e a súa lectura, que xorde como por arte de encantamento. Un espectáculo divertido e comunicativo, na busca da atmósfera máxica e da ilusión.

Ao final do espectáculo entregaráse un libro a cada asistente.

Acto enmarcado dentro da campaña "Voces á Orella" do programa "Bocaberta 2009" organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Edicións Xerais.

Dirixído a escolares de 11 a 14 anos, participando o alumnado dos Centros Públicos do Concello de Oleiros (5ª de Primaria a 2º de ESO)