Escritora, novelista gráfica e cineasta, a francoiraniana Marjane Satrapi, finou aos 56 anos. Satrapi fíxose coñecida en todo o mundo pola obra gráfica Persépole que narra a historia da súa mocidade en Teherán vivindo baixo as restricións impostas polo liderado islámico de Irán tras a revolución de 1979. A autora chegou a Francia en 1994, acadando a nacionalidade francesa en 2006. Despois do éxito da edición impresa de Persépole, chegou a adaptación ao cine. Constituíu un grande éxito de público e crítica, ao gañar o Premio da Crítica en Cannes (2007) e o Premio César (2008) ao mellor guión adaptado. Estivo nomeada a Mellor Película de Animación nos Oscar (2008). Persépole trascendeu a mesma sociedade, esfarelou todas as fronteiras e se converteu nun emblema de tolerancia e liberdade.
En Bibloleiros dedicamos exposicións bibliográficas a Marjane Satrapi para que leves en préstamo as súas obras de banda deseñada e películas.
Ligazóns de interese: El Salto, On the line, 7 Curiosidades, Animationmagazine, Liberation, L'Élysée, Territorio 9

No hay comentarios:
Publicar un comentario