27/6/25

Recomendacións en Radioleiros: 27 xuño 2025

"Siete ratones ciegos" de Ed Young
Recomendacións en Radioleiros: 27 xuño 2025 - Infantil (a partir de 4 anos):
"Siete ratones ciegos" de Ed Young. En Ekaré.
Un conto fermoso e cheo de cor que nos ensina, dun xeito sinxelo e divertido, a importancia de observar con atención e de escoitar as distintas visións antes de sacar conclusións. 



"El lunes nos querrán" de Najat El Hachmi- Mocidade e público adulto:
"El lunes nos querrán" de Najat El Hachmi. Editado por Destino.
Dispoñible en eBiblio
Premio Nadal 2021 
Poderosa e conmovedora novela que nos fala da liberdade, da identidade e do desexo de vivir unha vida propia. A través da historia dunha moza que loita por escapar das imposicións familiares e culturais, Najat El Hachmi convídanos a reflexionar sobre o que significa ser muller, migrante e libre nunha sociedade chea de contradicións. Cunha escrita directa e emotiva, a autora móstranos o valor de atreverse a soñar, aínda que o prezo sexa moi alto.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario