22/11/22

Presentación de "O obxecto muller e o xiro ontolóxico" de Inma Otero Varela: 24 de novembro 2022

Día: xoves 24 de novembro
Hora: 20:00 h.
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Intervirán: a autora Inma Otero Varela e o filósofo Carlos Lema.

"O obxecto muller e o xiro ontolóxico": A cuestión de xénero é un dos interrogantes aos que a filosofía feminista intenta responder desde os seus inicios. ¿Que é unha muller e que implica esta determinación inicial? ¿Pódese revogar ou é unha natureza inemendable? (...) Para contestar esas preguntas, a autora parte do xiro que o realismo especulativo, ou o novo realismo, deu na filosofía contemporánea. Pensar unha ontoloxía plana na que a relación de dependencia entre suxeito e obxecto desaparece ao deixar de ser a exclusiva forma de acceder ao senso, de existir.

Inma Otero (Carral, 1976), profesora de Lingua e Literatura Galega no Ensino Medio, combina o traballo docente coa investigación e crítica literaria (Grial e Sermos, entre outros medios). Traduciu do italiano Emerxencia de Maurizio Ferraris (Euseino? 2017) e é autora de A materialidade das fillas de Lupa. Obxectos ficcionais femininos na narrativa galega (Xerais, 2022)
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario