4/3/22

Recomendacións en Radioleiros: 4 marzo 2022

- Infantil (nenas-os a partir de 2 anos):
 
"Mini T. Rex y el abrazo imposible" de Jonathan Stutzman. Ilustracións de Jay Fleck. En RBA.

Mini é un pequeno tiranosauro rex que ten un “grave” problema: o seu amigo Pinchitos está preocupado e non quere xogar. Mini quere darlle un abrazo, pero os tiranosauros son temibles e intelixentes e as súa patas dianteiras son moi curtas. Pide axuda á súa familia, pero as solucións que lle dan non o convencen. Terá que planificar unha boa estratexia para conseguilo, aínda que ás veces as solucións veñan da forma que menos o espera. É unha historia sinxela, fácil de entender polas-os máis pequenas-os e que destaca a importancia de coidar as amizades e tamén por que non, da necesidade de contacto.

- Mozas-os e adultas-os:

"Entre la bruma" de Simonetta Agnello Hornby. Editado por Tusquets.
 
Simonetta Agnello presenta un  thriller xudicial intenso e duro que se desenvolve na actualidade, nun barrio de Londres. Na trama da novela vaise ver involucrada unha familia acomodada, a  escola infantil á que asiste unha das fillas desta familia e Pat, avogada encargada no caso das duras acusacións que a escola dirixe contra Mike, o pai, que se van convertir nun proceso xudicial con sobresaltos e xiros no guión que manterán o suspense ata o final.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario