Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros sumámonos ao pesar pola perda do escritor, tradutor e académico da Real Academia Galega, Darío Xohán Cabana.
Darío Xohán Cabana Yanes foi unha das grandes voces das letras galegas contemporáneas e membro de número da Real Academia Galega. O escritor nacido en Roás (Cospeito), cultivou, ao longo de máis de medio século de vida, case todos os xéneros en máis de corenta títulos dirixidos tanto ao público adulto como ao máis novo, entre os que salientan obras como "Galván en Saor", un dos grandes éxitos da literatura galega das últimas décadas; poemarios como "Patria do mar" ou "Romanceiro da Terra Cha" e as traducións ao galego dos grandes clásicos da literatura italiana, Dante e Petrarca.
O fondo compromiso coa lingua e a identidade cultural e política galega atravesa unha produción creativa que arrincou no eido da poesía co guieiro de Manuel María, cuxa cadeira na Real Academia Galega ocupou no ano 2006.
Leva en préstamo as obras que temos nas exposicións bibliográficas adicadas a Darío Xohán Cabana nas Bibliotecas Municipais de Oleiros como a mellor homenaxe a este marabilloso escritor.
Leva en préstamo as obras que temos nas exposicións bibliográficas adicadas a Darío Xohán Cabana nas Bibliotecas Municipais de Oleiros como a mellor homenaxe a este marabilloso escritor.
Fonte: academia.gal
No hay comentarios:
Publicar un comentario