- Infantil (nenas-os maiores de 5 anos):
"O Nadal de Ernesto e Celestina" de Gabrielle Vincent. Editado por Kalandraka.
Desta volta, Celestina está emocionada coa chegada do Nadal. A súa proposta de facer unha festa coas súas-seus amigas-os non é moi ben recibida por parte do seu amigo Ernesto, máis preocupado polo frío e polo presuposto necesario para a celebración. Pero Celestina pode ser unha ratiña moi convincente...

- Mozas-os e adultas-os:
"Mejor la ausencia" de Edurne Portela. En Galaxia Gutenberg.
Historia dunha familia vasca nos tempos máis duros do terrorismo de ETA narrada pola filla máis pequena que anos despois volve ao pobo no que foi testemuña de reunións clandestinas e ameazas, pero tamén doutros tipos de violencia familiar e patriarcal que camiñaban da man das drogas, o alcol e os abusos sexuais. De aí o título da novela, mellor ausente que unha presenza que asfixia, que pode ferir e incluso matar.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario