4/10/19

Recomendacións en Radioleiros: 4 outubro 2019

https://youtu.be/xrLLEq6fxQ0
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1476196&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20Artur%20and%20au%2Cwrdl%3A%20oli- Infantil:
"Artur", texto de Oli e ilustracións de Marc Taeger. En Kalandraka.
Álbum infantil, dirixido a prelectores/as.
Preséntanos un pito que estaba dentro dun ovo, pero que se lle facía pequeno e incómodo. Descubriu que o seu peteiro era máis forte que a casca, así que comezou a picar, ata que o rompeu e puido sacar o corpo. Cando se asomou viu que todo era moito máis grande e descoñecido que o lugar onde el estivera ata ese momento...
Unha fermosa obra que nos fala dun pito que ao nacer se atopa cun mundo novo, polo que se sente inseguro. As nenas e os nenos pequenos identificaranse con el debido a que tamén necesitan a protección da nai.
Editado en tapas e páxinas duras, cun sinxelo texto poético e unhas atractivas ilustracións, que nos lembran os debuxos infantís, nas que predominan as cores negra, amarela e azul.
Un conto excelente para lerllo aos menores de 6 anos.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1129553&branch_group_limit_txt=Oleiros%20-%20Biblioteca%20Central%20Rialeda&branch_group_limit=branch%3AOLE1- Mozas-os e adultas-os:
"Madres e hijas": Relatos de Rosa Chacel, Carmen Laforet, Carmen Martín Gaite, Ana Mª Matute, Josefina R. Aldecoa, Esther Tusquets, Cristina Peri Rossi, Ana Mª Moix, Soledad Puértolas, Clara Sánchez, Paloma Díaz-Mas, Mercedes Soriano, Almudena Grandes e Luisa Castro. Edición e prólogo de Laura Freixas. Editado por Anagrama.
Antoloxía de catorce relatos de escritoras españolas contemporáneas, publicada por primeira vez en 1996 e da que hai numerosas reedicións.
Laura Freixas elixiu para esta obra algunhas das escritoras españolas máis importantes de finais do século XX. Os relatos de Rosa Chacel, Carmen Laforet, Carmen Martín Gaite e de Ana Mª Matute  foron seleccionados entre a creación literaria destas autoras, pero os de Josefina R. Aldecoa, Esther Tusquets, Cristina Peri Rossi, Ana María Moix, Soledad Puértolas, Clara Sánchez, Paloma Díaz-Mas, Mercedes Soriano, Almudena Grandes e Luisa Castro foron escritos expresamente para este libro.
Os textos que figuran nesta publicación dan visións moi diferentes das relacións entre nai e filla: amorosas, protectoras, de loita entre ambas, de crítica social, rivalidade, adoración, amor/odio etc.
Se analizamos algúns dos relatos:
En “Chinina Migone” de Rosa Chacel vemos un clima envolvente, cunha narración misteriosa e a veces difícil de entender porque hai aspectos que non se explican totalmente.
En “Al colegio” de Carmen Laforet, a autora describe aspectos externos que demostran agarimo e complicidade entre a nai e a filla.
En “De su ventana a la mía” de Carmen Martín Gaite, soña que lle estaba escribindo unha carta a súa nai para contarlle cousas de Nova York e que a invadía unha felicidade porque tiña a certeza de que ela, aínda despois de morta, a oía e a ía entender, ademais que se trataba dun xogo ensinado pola súa propia nai e que ninguén máis que elas dúas podían comprender.
En “Cuaderno para cuentas” de Ana Mª Matute, un dos máis impactantes, vemos que non é un caderno para facer contas, senón que é para apuntar a vida, no que a filla irá escribindo para deixar constancia do que pensa ou o que lle pasa debido a que non llo pode contar a ninguén.
Estes catro relatos son un exemplo da diversidade que se poderá atopar nesta interesante obra.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario