10/3/17

Séptima Arte filma en feminino: Día da Muller na Biblioteca de Santa Cruz

www.un.org/es/events/womensday/index.shtml
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller, é a celebración das mulleres en todo o mundo, unha chamada á unidade, para reflexionar sobre as cousas aprendidas e para incrementar os esforzos postos cara a igualdade de xénero e o empoderamento de todas as nenas e as mulleres. 

É un día para recrearse nos extraordinarios actos das mulleres e para traballar xuntas, como unha forza unitaria para avanzar cara a igualdade de xénero en todo o mundo.

Desde a Biblioteca de Santa Cruz queremos participar neste traballo en común a través dunha exposición de películas en dvd titulada “A séptima arte filma en feminino” que recolle unha selección de títulos nos que as mulleres son as protagonistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario