4/11/16

Recomendacións en Radioleiros: 4 novembro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43637472/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1081896&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20corazon%20da%20maxia- Infantil-xuvenil (nenas-os maiores de 11 anos):
"O corazón da maxia", texto de Xavier Estévez e ilustracións de Santy Gutiérrez. En Xerais.
Estamos ante unha historia dobre, por un lado temos a historia real cunha protagonista feminina, Laura, que se caracteriza pola gran alegría que desprende, sempre que o seu corpo enfermo llo permite e por outro lado temos outra historia fantástica que se entrelaza e conflúe coa real, onde Laura e a pequena Mistre convírtense en Auela e Mistera cunha misión que levar a cabo, a búsqueda dos dragóns desaparecidos, protectores das aldeas.
 
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1097688&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20vi%20a%20un%20hombre- Mozas-os e adultas-os:
"Vi a un hombre" de Owen Sheers. Editado por Reservoir Books.
Trala perda da súa muller, Michael Turner trasládase a Londres, ao acomodado barrio de Hampstead, onde establece unha próxima relación de amizade cos Nelson, a familia que vive na casa da beira. Josh, Samantha e as súas dúas fillas pequenas representan o que Michael teme que xamais conseguirá: estabilidade familiar e un fogar. Esta nova amizade parece
servir de cura para Michael ata que un día algo cambia radicalmente os seus destinos… Entón, da noite para a mañá, Michael atópase ante un grandísimo dilema moral.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

No hay comentarios:

Publicar un comentario