Biblioteca Central Rialeda
- Obradoiro e espectáculo de maxia con Chrystian Magic
O 9 de abril levarase a cabo un obradoiro e un espectáculo de maxia para nenas e nenos de 6 a 12 anos.
As 18:30 horas terá lugar o obradoiro de maxia.
Aforo limitado!!! Imprescindible reservar praza chamando ao teléfono 981 639 511, a partir do luns, 6 de abril.
As 19:30 horas realizarase o espectáculo de maxia.
Poden asistir todas as nenas e nenos que o desexen ata completar o aforo da
sala
- “Sol e led: expo da ciencia á ficción da luz”: libros de contidos, aventuras e dvd divulgativo relacionados coa temática da luz e tecnoloxías afíns, para conmemorar o Ano Internacional da Luz proclamado pola ONU. Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
- Hora do conto: o 8 de Abril, ás 18:30 horas, Raquel Queizás contará "Nano e Dara", para nenas e nenos de 1 a 4 anos. Aforo limitado. Imprescindible reservar praza chamando ao teléfono 981 626 338.
- Exposición bibliográfica de literatura infantil e xuvenil actual.
- Exposición de fotografías de lectoras e lectores infantís cos libros que lean durante o mes de Abril.
Tamén se realizará un taller de marcapáxinas e un obradoiro de debuxo.
Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera
- Hora do conto: o 10 de abril, ás 18:30 horas, coa compañía Pavís-Pavós e a actividade "Palma repalma" dirixida a nenas e nenos de 1 a 4 anos. Aforo limitado. Imprescindible reservar praza chamando ao teléfono 981 628 507.
- Exposición: libros infantís de autores/as galardoados/as co Premio Andersen.
- Mostra bibliográfica: Libros infantís de autores/as galegos/as actuais.
Biblioteca Municipal Mª José Ruso. Dorneda
- Exposición bibliográfica co máis representativo da literatura infantil e xuvenil actual.
- “Marca a túa páxina”: cada neno e nena participante realizará un marca páxinas partindo duns modelos preestablecidos.
Biblioteca Municipal Ánxel Fole. Nós
- Mural de fotografías nas que os protagonistas sexan os libros e as/os nenas/os.
- Exposición bibliográfica co máis novidoso e representativo da literatura infantil e xuvenil actual.
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño. Lorbé
- Exposición bibliográfica co máis representativo da literatura infantil e xuvenil actual.
- Elixir o mellor libro de literatura infantil entre todos os usuarios e usuarias da biblioteca.
- Concurso de debuxos: Que é para ti un libro?
Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros
- Exposición: Libros infantís de autores/as galardoados/as co Premio Andersen.
- Mostra bibliográfica: Libros infantís de autores/as galegos/as actuais.
Biblioteca Federico García Lorca. Montrove
- "Marca a túa páxina": cada neno/a realizará un marca páxinas partindo duns modelos preestablecidos.
- "Facemos un libro": Elaboración dun libro a partir dos contos, poemas e debuxos dos propios nenos e nenas que queiran participar.
- Exposición de libros de Andersen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario