28/4/14

29 de abril: "Contos terribles" con Pablísimo na Biblioteca de Santa Cruz

Na Biblioteca de Santa Cruz haberá contos terribles, terroríficos, espantosos e horripilantes... contos de monstros, dragóns, lobos... unha sesión de risa para quitar o medo de enriba! Espectáculo de contacontos, lendas e tradicións populares con monicreques, láminas e obxectos, a cargo do contacontos Pablísimo, para alumnos-as do CEIP Luis Seoane e da Escola Infantil "O Vilar" de Nós:

- 10,20 h. - 3º A + B de Educación Primaria do CEIP Luis Seoane.
- 12,00 h. - Alumnado de Educación Infantil da EEI "O Vilar" de Nós.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario