Esperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 2 de marzo ás 18:30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
Primeiramente, Ana Varela Ortega, alumna de 1º de ESO do IES Miraflores de Oleiros e Daniel Sánchez, alumno de 1º de ESO do IES Neira Vilas de Perillo, realizarán unha breve presentación sobre “O espazo”.
A continuación terá lugar a conferencia do arqueólogo Antón Fernández Malde, director da equipa de investigación do Castro das Travesas, que falará nesta charla científica de “Petróglifos de Pena Furada”.

Despois de dúas décadas do achádego de A Moura, a enigmática figura feminina presente no xacemento da Pena Furada, o arqueólogo Antón Malde vainos pór ao día das últimas investigacións deste singularísimo emprazamento: a particular incidencia da luz solar neste conxunto arqueolóxico e o seu simbolismo, así como a concepción arquitectónica e o proceso construtivo deste castro, dotan a este lugar dunha especial relevancia. Tamén o fan peculiar, a implicación social e cidadá do entorno que Malde e a súa equipa perseguen con este proxecto, así como de toda a sociedade, a través da Internet.
Seleccionamos para ti libros e web para esta charla científica.
No hay comentarios:
Publicar un comentario