- Infantil: "Trece noites, trece lúas: libro das marabillas do Nadal" texto de Antonio Reigosa e ilustracións de Noemí López, en Xerais.
Interesante obra, dividida en dez capítulos, que nos explica o por que de diversos mitos, ritos, lendas e tradicións do Nadal.

- Mozos/as e adultos/as:"1Q84" de Haruki Murakami, en galego están publicados os 3 volumes en Galaxia. En castelán están editados por Tusquets.
En xaponés, a letra q e o número 9 pronúncianse igual, de forma que 1Q84 lese igual que 1984.
É unha historia coral, con varios personaxes que se entrecruzan. Aomame, unha moza independente, que traballa nun ximnasio e que leva unha vida aparentemente normal, pero en realidade é unha asasina. Tengo, un profesor de matemáticas, que aspira a ser escritor. As historias de Aomame e Tengo vanse alternando simetricamente, ao tempo que nos presenta a sociedade xaponesa, as seitas relixiosas, os malos tratos e a corrupción.
1Q84 é a obra máis ambiciosa de Murakami na que reflicte a soidade e as ansias de amor. Unha novela dura e poderosa que engancha aos lectores e lectoras.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario