10/1/25

Recomendacións en Radioleiros: 10 xaneiro 2025

- Infantil (a partir de 4 anos):

A visita
, de Núria Figueras, con ilustracións de Anna Font.
Kalandraka.

A visita do Silencio a unha raposiña implica unha nova realidade da percepción cunha proposta estética galardoada no XVI Premio Internacional de Compostela Álbum Ilustrado.

- Mocidade e persoas adultas:

La guerra sucia: la República contra la Quinta Columna, de Julius Ruiz.
Espasa.

Este profesor de Historia de Europa da Universidade de Edimburgo, tráenos un completo estudo da política de seguridade interior seguida polo goberno da República na Guerra Civil, con alianzas, tensións e momentos críticos neses anos de 1936 a 1939.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/1/25

Intelixente. Sensible. Burleiro: centenario do nacemento do naturalista, presentador de televisión e novelista Gerald Durrell (1925-2025)

Intelixente. Sensible. Burleiro: centenario do nacemento do naturalista, presentador de televisión e novelista Gerald Durrell (1925-2025)
Gerald Malcolm Durrell naceu na India o 7 de xaneiro de 1925. A nenez de Durrell transcorreu na India, (aínda pertencía daquela ao Imperio Británico), e dalí é a lembranza da súa primeira visita a un zoo, momento que abre a súa paixón pola conservación da natureza e o amor aos animais.  A partir de 1935, a súa estadía na illa grega de Corfú, foi de grande importancia para a súa formación e foi contada de forma moi ocorrente en parte dos seus libros. Viaxou por todo o mundo para estudar e recoller exemplares para zoolóxicos e acuarios. Estas viaxes convertéronno nun firme defensor da vida salvaxe e comprometeuse en protexela. En 1963, fundou o Durrell Wildlife Conservation Trust en Jersey, nas Illas do Canal, co obxectivo de protexer especies en perigo de extinción. Unha cápsula do tempo soterrada en 1988 no Zoo de Jersey, que forma parte da súa fundación, conserva unha das súas citas máis fermosas: "Agardamos que haxa lucecús na noite para vos guiar e bolboretas nas sebes e bosques para vos saudar. Agardamos que nas vosas alboradas escoitedes unha orquestra de paxaros e que o son das súas ás e a opalescencia da súa cor vos fascinen. Agardamos que siga existindo a extraordinaria variedade de criaturas que comparten o planeta connosco para vos marabillar e enriquecer as vosas vidas como o teñen feito connosco".

Exposición bibliográfica para conmemorar o centenario do nacemento de Gerald Durrell na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
A Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) ofrécenche senllas exposicións bibliográficas para conmemorar o centenario do seu nacemento.

Libros dispoñibles en eBiblio
Libros de Gerald Durrell en Bibloleiros
Ligazóns de interese:

5/1/25

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (8 xaneiro 2025)

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 8 de xaneiro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Ninguén queda" de Brais Lamela.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.

3/1/25

Recomendacións en Radioleiros: 3 xaneiro 2025

"Conoce, ama y protege: Listado de especies amenazadas y casos de éxito según la lista roja" de Laura FraileRecomendacións en Radioleiros: 3 xaneiro 2025- Xuvenil:
Conoce, ama y protege: Listado de especies amenazadas y casos de éxito según la lista roja de Laura Fraile. En Mosquito.
Un fermoso e interesante álbum ilustrado que presenta especies ameazadas do mundo.
Grazas á información que cada ano publica a Unión Internacional para a Conservación da Natureza, na súa Lista Vermella, podemos saber que especies desapareceron e cales están en proceso de salvación. Por exemplo: Que máis de 41.000 especies están ameazadas, das que o 41% son anfibios, o 37% tiburóns e raias, o 33% corais de arrecife, o 27% mamíferos, etc.
Como a caza ilegal e furtiva do gorila oriental é a súa principal ameaza. Cázano para o comercio da súa carne. O tigre é o felino máis grande e actualmente só sobreviven 6 das 9 subespecies que existiron. O lince ibérico é a especie de felino máis ameazada do mundo. Que acontece coas tartarugas mariñas ou cos mamíferos mariños como a balea azul, ou o rorcual común? O caso do panda xigante, o problema das abellas, a importancia dos insectos, etc.
Tamén fala de especies que xa están fóra de perigo: o bisonte europeo, o raposo insular, o oryx (antílope) de Arabia, o paxaro monarca colilongo, etc.
Nas primeiras páxinas explica algunhas características do Planeta Terra: cando naceu, cando se orixinou a vida, cando apareceu o ser humano, etc. Durante os millóns de anos transcorridos como se foron diversificando e evolucionando as distintas especies, pero tamén que é unha especie ameazada, como se avalían e clasifican as especies, etc.
Unha obra de só 42 páxinas con moitas ilustracións, gráficos, cadros e textos curtos. Dirixida a todos os públicos, pero principalmente a adolescentes a partir de 10 ou 11 anos, que indica como precisamos unha natureza sa para vivir, como a humanidade se enfronta a un reto medioambiental, pero tamén como hai diversos programas de conservación. 

"Detective Ferruchi" de Marta Villar
- Mocidade e persoas adultas:
Detective Ferruchi de Marta Villar. Editado por Xerais.
Dispoñible en GaliciaLe
XLI Premio Xerais de Novela
Unha novela coral de intriga e entretida, que consegue manter o misterio ata o final.
Na localidade de Umeiro apareceu Xan Sequeiros brutalmente asasinado na súa propia casa. Era o mellor dos veterinarios da zona, cun don especial para curar os animais, pero tamén unha persoa introvertida e suprasensible. Ao chegar, a Policía Local protexeu o escenario do crime, agardando á  Policía Xudicial que serían os que levarían a investigación.
Uns días antes, Sol Cortés, unha padronista de Inditex, decide deixar ese traballo e a cidade da Coruña, e volver a súa vila natal para montar unha libraría, que vai chamar “Libraría Agatha”, como homenaxe á escritora Agatha Christie. Desde o principio, decidiu contratar unha empregada, coa casualidade de que tamén se chamaba Agatha. Vai narrando acontecementos relacionados con distintos personaxes: Vivita, madriña de Sol, que vive actualmente con ela, despois de abandonar o seu home tras 40 anos de infelicidade e convivencia insoportable. Acacio, avó do xefe da policía Amil, que está hospitalizado e que para Amil é unha persoa extraordinaria, coa que se criou, por estar seus pais emigrados. Acacio debe ser a única persoa do mundo encantada de estar no hospital: falar coas enfermeiras, coas médicas, coas acompañantes dos enfermos, etc. Sempre que sexan mulleres, el está feliz. Alicia, a alcaldesa, que lle pide ao xefe de prensa se a pode acompañar a unha voda. Cantoná, o heroe local. Santiago, o irmán do morto, que lle comenta a Sol se pode investigar algo, debido a que el é o principal sospeitoso por ser o herdeiro. Ten moitas débedas porque o negocio de arranxar ordenadores e móbiles non vai ben. A trama céntrase na investigación paralela de Sol, a través da cal saen temas da sociedade actual que invitan á reflexión: As mulleres que durante os anos oitenta axudaron a levantar o imperio téxtil de Inditex grazas ao seu duro traballo nas cooperativas, pero que para moitas significou a súa independencia económica. A visibilización de colectivos minoritarios que reivindican o valor da diferenza e rachan cos prexuízos. A propia Sol é xitana por parte do pai. Ágatha é lesbiana, etc. Unha novela  presentada con humor, cunha morea de personaxes peculiares e sorprendentes, contada cun ton irónico para explicar costumes e hábitos da zona.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

2/1/25

"Surtido de Nadal": calidade suprema para degustar

 
 
Producción ilimitada de delicatessen literaria. Catas para padais esixentes.

27/12/24

Recomendacións en Radioleiros: 27 decembro 2024

- Infantil (a partir de 4 anos):

Dentro deste libro viven dous crocodilos
, de Claudia Souza, con ilustracións de Ionit Zilberman.
Verdemar.

Un libro para os máis cativos arredor dos medos e a inseguridade, todo con moito humor.

- Mocidade e persoas adultas:

La derrota de Occidente, de Emmanuel Todd.
Akal.

A guerra entre Rusia e Ucrania sérvelle a Todd para reflexionar sobre o acontecido nas últimas décadas e o futuro a medio e longo prazo.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


20/12/24

Recomendacións en Radioleiros: 20 decembro 2024

- Infantil (a partir de 6 anos):

El corazón y la botella, de Oliver Jeffers.
Fondo de Cultura Económica.

Este álbum conta a historia dunha nena soñadora, cun afán inesgotable de coñecer o mundo e que comparte esta curiosidade co seu avó. Pero todo cambiará cando el non poda seguir acompañándoa nesta viaxe.

- Mocidade e persoas adultas:

El siglo de las luces, de Alejo Carpentier.
Bibliotex.

Versión dixital en eBiblio.

Alejo Carpentier, autor de, entre outras, “El reino deste mundo” e “Los pasos perdidos”, nesta, a súa gran obra mestra, relátanos un feito histórico: a chegada dos ideais da revolución francesa ao Caribe.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/12/24

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (16 a 19 decembro 2024)

 

Biblioteca "Mª José Trincado". Mera (Grupo B)
- Luns 16 de decembro. 19 a 20:30 h.
Comentario de "El extranjero" de Albert Camus.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Ancho mar de los Sargazos" de Jean Rhys.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo C)
- Martes 17 de decembro.
11 a 12:30 h.
Comentario de "Todo cuanto amé" de Siri Hustvedt.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Un viejo que leía novelas de amor" de Luis Sepúlveda.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)
- Martes 17 de decembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La mujer helada" de Annie Ernaux.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Canciones de amor a quemarropa" de Nickolas Butler.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 18 de decembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Sostiene Pereira" de Antonio Tabucchi.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Como maté a mi padre" de Sara Jaramillo.

Biblioteca "Manuel María". Oleiros.
- Xoves 19 de decembro
. 11 a 12:30 h.
Comentario de "Canción dulce" de Leila Slimani.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remata de sesión entregaráse a seguinte lectura: "Llévame a casa" de Jesús Carrasco.

13/12/24

Recomendacións en Radioleiros: 13 decembro 2024

- Infantil (a partir de 4 anos):

No todas las vacas son iguales, de Antonio Ventura con ilustracións de Pablo Amargo.
Camelia.

As vacas, aínda que o pareza, non son todas iguais.
Diferéncianse na cor, no tamaño e tamén nos seus gustos e preferencias.
A algunhas vacas gústalles deitarse na herba do prado, a outras xogar ás agachadas, algunhas soñan con ser xabaril, outras prefiren pasar o tempo mirando ...
Pero o que  lles gusta a todas, sobre todo cando son pequenas, é que seus pais lles conten contos á hora de ir durmir.


- Mocidade e persoas adultas:

Todos los nombres, de José Saramago.
Alfaguara.

Don José é  un escribán da Conservaduría Xeral do Rexistro Civil. Alí anota a diario datos nas fichas dos vivos e nas fichas dos mortos que forman un inmenso arquivo.
A Don José gústalle coleccionar noticias sobre persoas famosas. Pero, para outorgarlles fiabilidade, decide completalas cos documentos do Rexistro Civil onde traballa.
Un día, por casualidade,  repara na ficha dunha muller descoñecida e chámalle a atención que nela figuran moi poucos datos, apenas os esenciais, e decide poñerse a investigar.
Isto lévao a  protagonizar mil aventuras e cometer infraccións varias. Algo impensable para el  que sempre fora tan responsable,  metódico e entregado no seu traballo e na súa vida.


Unha novela sobre a identidade e a soidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/12/24

Ler para saber A CIENCIA: 13 de decembro 2024

Carmen Rodríguez Coronado. Dobre grao en Bioloxía e Química. Máster en Bioloxía Molecular, Celular e XenéticaLer para saber A CIENCIA: 13 de decembro 2024Charla de divulgación científica dirixida á poboación infantil (a partir de 10 anos), adolescentes e público en xeral.

Día: Venres, 13 de decembro
Hora: 18:30 h.

Limpar de antobióticos o medio ambiente
Carmen Rodríguez Coronado. Profesora substituta de Fisioloxía Vexetal (Área de Fisioloxía Vexetal - Departamento de Bioloxía) da UDC. Dobre grao en Bioloxía e Química. Máster en Bioloxía Molecular, Celular e Xenética. Estudante de doutoramento na UDC e contratada pola Facultade de Ciencias como axudante de investigación.

Seleccionamos para ti títulos relacionados con este tema. Preme na ligazón.

8/12/24

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (9 a 11 decembro 2024)


Biblioteca "María José Trincado". Mera (Grupo A)
- Luns 9 de decembro.
19 a 20:30 h.
Comentario de "Ancho mar de los Sargazos" de Jean Rhys.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate da sesión entregaráse a seguinte lectura: "El coronel no tiene quien le escriba" de Gabriel García Márquez.

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo B)
- Martes 10 de decembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "O único que queda é o amor" de Agustín Fernández Paz.
Modera: Pepe Taboada.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La nieta del señor Linh" de Philippe Claudel.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo A)
- Mércores 11 de decembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Cómo maté a mi padre" de Sara Jaramillo Klinkert.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Ninguén queda" de Brais Lamela.

5/12/24

Surtido de libros do Nadal, en Rialeda

Surtido de libros do Nadal, en Rialeda
Eis o Surtido de libros do Nadal: Especialidades Bibloleiros con temática de Nadal, bonitas historias para todos os gustos de calidade suprema!!!

Visita a expo na sala infantil da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e lévate estas suculencias en préstamo.
Boas festas!!!

2/12/24

Presentación de "Detective Ferruchi" de Marta Villar: 3 decembro 2024

Presentación de "Detective Ferruchi" de Marta Villar: 3 decembro 2024
Teatro "As Torres" (Santa Cruz)

Martes 3 de decembro ás 19:30 h.

Intervirán: a autora, Marta Villar e o cantautor e escritor, Paris Joel.

Libros de Marta Villar en Bibloleiros
Libros de Marta Villar en GaliciaLe

Libros de Paris Joel en Bibloleiros




Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que 
desexen asistir, ata completar o aforo.

1/12/24

Tertulias literarias nas Bibliotecas de Oleiros (3 e 4 decembro 2024)


Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro". Santa Cruz (Grupo A)

- Martes 3 de decembro. 17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La nieta del señor Linh" de Philippe Claudel.
Modera: Silvia Salgado.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "La mujer helada" de Annie Ernaux.

Biblioteca Central Rialeda. Perillo (Grupo B)
- Mércores 4 de decembro.
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "As alumnas" de Paula Carballeira.
Modera: Rosa García Vilariño.
Documentación.
Ao remate entregaráse a obra "Sostiene Pereira" de Antonio Tabucchi.