No 2º andar da Biblioteca Central Rialeda.
Presentamos unha selección de películas cun denominador común, o humor e o entretemento. Directores como Billy Wilder, Luis G. Berlanga, Woody Allen e títulos como "El apartamento", "La vaquilla", "Misterioso asesinato en Manhattan" ou máis recentes como "Mi gran boda griega", "Ella me odia" ou "Es más fácil para un camello" á vosa disposición simplemente presentando o voso carné de socio/a. Préstamo: 7 días.
2/7/09
En clave de comedia (exposición dvd cine)
30/6/09
A lúa e fraga
Os obxectivos que se pretenden conseguir coa realización desta actividade convocada polas Bibliotecas Municipais de Oleiros é que as nenas e nenos vivan a lectura e a escritura en común, así como fomentar a imaxinación e a creatividade desde as primeiras idades.
PODES VER OS ORIXINAIS NA SALA INFANTIL DA BIBLIOTECA RIALEDA!!!
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
17:01
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Publicacións
26/6/09
Recomendacións en Radioleiros
Títulos recomendados o venres 26 de xuño:
Infantil e xuvenil (a partir de 11 anos):
"Os lobos de Moeche" de Manel Cráneo editado por Demo Editorial.
Mozos-as e adultos-as:
"Ella, que todo lo tuvo" de Ángela Becerra editado por Planeta.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
24/6/09
Xa está na rúa (e na rede) a guía de lectura De todas as cores!!!
Nestas 156 suxestións clasificadas por idades e temas, diferenciamos as obras de coñecementos das de ficción, e entre estas últimas destacamos en apartados especiais a poesía, a narrativa ou a banda deseñada.
Esta guía de lectura foi repartida a todo o alumnado de educación infantil e primaria dos centros de ensino público deste concello e a alumnado de secundaria. Pódese coller en calquera das oito bibliotecas municipais e descargar por internet a través do noso blog (clica na imaxe) ou da páxina web do Concello de Oleiros.
19/6/09
Recomendacións en Radioleiros
Infantil:
"Historia de la resurrección del papagayo" de Eduardo Galeano, con ilustracións de Antonio Santos. Editado por Libros del Zorro Rojo.
Mozos/as e adultos/as:
"Sete casas en Francia" de Bernardo Atxaga. Editado por Faktoría K de Libros.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
12/6/09
Recomendacións en Radioleiros
Infantil-xuvenil:
"Charles Darwin: descubre o mundo de Darwin a través do diario do grumete do Beagle" de Alan Gibbons. Baía Edicións."El viaje de la evolución: (el joven Darwin)" de Vicente Muñoz Puelles.
Editado por Anaya.
"Hacia los confines del mundo" de Harry Thompson. Editado por Salamandra .
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
11/6/09
Ler para saber: 12 de xuño
Biblioteca Central Rialeda (2º andar)
Hora: 18:30
Dirixido a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
"Obradoiro de xogos matemáticos"
Charla de divulgación científica a cargo de Manuel Pazos Crespo.
Seleccionamos para ti libros recomendados para esta charla científica.
Hora: 18:30
Dirixido a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
"Obradoiro de xogos matemáticos"
Charla de divulgación científica a cargo de Manuel Pazos Crespo.
Seleccionamos para ti libros recomendados para esta charla científica.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
12:45
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Ler para Saber
9/6/09
Remate Tempada Tertulias Literarias
Data: mércores 10 de xuño.Hora: 20 h.
Un ano máis, e chegados a este punto, a Biblioteca Central Rialeda agradece a todos e todas as participantes nas Tertulias Literarias non só a vosa participación, senón tamén o entusiasmo e interés amosado ao longo destes 9 meses de compaña literaria.
Como dí o verso "... el camino se hace al andar" e neste longo camiño de máis de 10 anos, o éxito da actividade non sería tal sen o compromiso e cariño co que sempre a acollestes.
A xeito de colofón, a Biblioteca comprácese en invitar a todas e todos os participantes na actividade desta tempada a un pequeno refrixerio no lugar habitual de celebración da mesma.
5/6/09
Encontro Literario con Agustín Fernández Paz: 10 de xuño
Na Biblioteca Central Rialeda (2º andar)Hora: 19 h.
Encontro con Agustín Fernández Paz, actual Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil pola súa obra “O único que queda é o amor” é un dos escritores de máis éxito da literatura galega.
Autor dunha longa obra narrativa en lingua galega, dirixida a un público infantil e xuvenil, na súa maior parte traducida a todas as linguas ibéricas e outros idiomas estranxeiros.


“O único que queda e ó amor” é un libro de relatos adicados ao amor en todas as súas variantes: desde o primeiro amor adolescente ata o que se mantén máis alá da morte. Pero tamén é unha homenaxe do autor á lectura e á excelencia da escritura.
Obras de Agustín Fernández Paz nas nosas bibliotecas.
Discurso de Agustín na entrega dos Premios Xerais 2009.
Tertulia Literaria: 10 xuño (Grupo B)
Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña dos Guardiáns)Hora: 18 a 20 h.
Comentaráse a obra "Los hombres que no amaban a las mujeres", de Stieg Larsson.
Obras de Stieg Larsson nas nosas bibliotecas.
Con esta sesión remata a tempada 2008-2009.
Recomendacións en Radioleiros
Infantil:
Elmer de David McKee.
Elmer de David McKee.
Editorial Xerais
Recomendada para nenos e nenas menores de 8 anos.
Recomendada para nenos e nenas menores de 8 anos.
Editorial Xerais
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
4/6/09
Hora do conto na Biblioteca de Mera: venres 5 de xuño
CONTACONTOS: Fran Ínsua
TÍTULOS: "O lobo que quería ser unha ovella", "Coidado coa ra", "Que pasa aí arriba?"
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
15:30
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Mera,
Hora do Conto
Ler para Saber: 5 de xuño
Biblioteca Central Rialeda (2º andar)Hora: 18,30
Dirixido a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
"Investigacións sobre a pesca"
Charla de divulgación científica a cargo de Xaime Mejuto, doutor en bioloxía mariña.
Seleccionamos para ti libros recomendados para esta charla científica.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
13:19
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Ler para Saber
3/6/09
Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda: xoves 4 de xuño
Ás 18:30
Para nenos/as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS: "Yaci y su muñeca", "Cuento popular de Brasil", "Corre, corre, cabaciña"
Para nenos/as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: "O ovo máis bonito do mundo", "365 pingüíns"
Para nenos/as menores de 6 anos:
CONTACONTOS: Ratiña Lupiña da Compañía Trinke Trinke
TÍTULOS: "Yaci y su muñeca", "Cuento popular de Brasil", "Corre, corre, cabaciña"
Para nenos/as maiores de 6 anos:
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULOS: "O ovo máis bonito do mundo", "365 pingüíns"
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
21:02
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda,
Hora do Conto
Biblioteca Rialeda: Aviso Importante
O servizo de ordenadores da 2ª planta non estará dispoñible durante as mañás dos días 4, 5, 9 e 10 de xuño por mor da celebración dos Obradoiros de Ilustración e Cómic. Os/as usuarios/as poden utilizar os ordenadores da sala infantil.
Pregamos desculpen as molestias.
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
9:13
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca Central Rialeda
Suscribirse a:
Entradas (Atom)