9/2/19

Actividades de promoción da lectura: de 11 a 15 de febreiro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 11 a 15 de febreiro:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Luns 11 de febreiro:
- 10:00 e 11:30: Alumnas-os de 5º e 6º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Rato canguro" con Trinke Trinke.
Mércores 13 de febreiro:
- 10:15: Alumnas-os de 3º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Xeografía máxica europea" con Charo Pita.
Xoves 14 de febreiro:
- 10:15: Alumnas-os de 4º de EI do CEIP Juana de Vega (Nós).
"Os ratos da caixiña" con Trinke Trinke.
Venres 15 de febreiro:
- 9:00 e 11:30: Alumnas-os de 3º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"ABD debuxando" con Miguel Cuba.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Martes 12 de febreiro:
- 10:35: Alumnas-os de 1º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"ABD debuxando" con Miguel Cuba.
Mércores 13 de febreiro:
- 9:30 e 11:35: Alumnas-os de 1º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"ABD debuxando" con Miguel Cuba.
Xoves 14 de febreiro:
- 10:00: Alumnas-os de 1º de EP do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Continentes" con Chus Álvarez.
Venres 15 de febreiro: 
- 9:30 e 11:35: Alumnas-os de 3º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Talleres de banda deseñada" con Manel Cráneo.

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Martes 12 de febreiro:
- 11:00: Alumnas-os de 6º de EI do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Rato canguro" con Trinke Trinke.
Venres 15 de febreiro:
- 11:00: Alumnas-os de 1º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Cores e persoas" con Trinke Trinke.

8/2/19

Recomendacións en Radioleiros: 8 febreiro 2019

https://youtu.be/5qK4HDuSF-s
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1214956&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=branchname&sb=ASC-Infantil (menores de 6 anos):
"Xa voooou!", texto de Susana Peix e ilustracións, Romina Martí. Editado por Bululú.
O protagonista deste conto chámase Suit e é un peixiño moi dicharacheiro e alegre, que nada a gran velocidade pero que é moi, moi despistado. Isto ocasiónalle problemas, xa que cada día alguén se enfada con el, pois cada vez que lle piden algo, el contesta Xa voooou! Pero logo se distrae e se esquece. O luns anóxase a súa nai, o martes é a señora Ostra, o mércores, o seu veciño, o señor Percebe… Menos mal que a súa amiga Nora lle fai un agasallo!
 

- Mozas-os e adultas-os:
"El cielo es azul, la tierra blanca" de Hiromi Kawakami. En Alfaguara.
Conta a historia de Tsukiko, unha xaponesa de 38 anos que un día se cruza nun bar co seu vello
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1488104&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20cielo%20es%20azul%20la%20tierra%20blanca profesor de literatura. Ela está solteira e el “o mestre” (así o chamará durante todo o relato) está viúvo dende hai anos. Pouco a pouco, a raíz de encontros fortuitos na taberna, na que beben sake e comen, case sempre o mesmo menú, irán estreitando  lazos. O que empezou sendo unha historia entre mestre-alumna, evolucionará cara unha relación entre iguais, de adultos libres e autosuficientes que gozan da súa independencia. Sutileza, palabras xustas, elegancia. Unha autora que non precisa demostrar que sabe escribir e fai o que importa: contar unha historia sen artificios.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/2/19

Hora do conto e actividades infantís: 6 a 8 de febreiro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdf
Todos os actos serán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 6 de febreiro
Para nenas-os a partir de 4 anos   Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “O que conta a neve para que ninguén a escoite”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 7 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 3 anos   Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Contos en verso para os máis pequechos”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 8 de febreiro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)    
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Dado o duende”

Actividades de promoción da lectura: de 5 a 8 de febreiro 2019

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29319.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 5 a 8 de febreiro:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Martes 5 de febreiro:
- 10:15 e 11:45: Alumnas-os de 1º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"Visita á Biblioteca e contacontos con Ramiro Neira".
Mércores 6 de febreiro:
- 9:00 e 11:15: Alumnas-os de 1º de ESO do IES Neira Vilas (Perillo).
"Visita á Biblioteca e contacontos con Ramiro Neira".
Xoves 7 de febreiro:
- 10:15: Alumnas-os de 4 anos do Colexio Cristo Rey (Oleiros).
"Rato canguro" con Trinke Trinke.
Venres 8 de febreiro:
- 10:15: Alumnas-os de 4 anos do Colexio Cristo Rey (Oleiros).
"Rato canguro" con Trinke Trinke.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Venres 8 de febreiro:
- 10:35: Alumnas-os de 1º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"ABD debuxando" con Miguel Cuba.

Tertulia literaria en Rialeda: 6 febreiro 2019 (grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=36737&name=DLFE-29316.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "La chica del tren" de Paula Hawkins
Documentación

Seguinte lectura: "No voy a pedirle a nadie que me crea" de Juan Pablo Villalobos

Tertulia literaria en Santa Cruz: 4 febreiro 2019

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.rosamontero.es/Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
17,30 a 19 h.

Comentario de "La ridícula idea de no volver a verte" de Rosa Montero

Seguinte lectura: "El reflejo de las palabras" de Kader Abdolah

1/2/19

Recomendacións en Radioleiros: 1 febreiro 2019

https://youtu.be/ONUZd8Js4vU
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1210172- Infantil (nenas-os menores de 6 anos):
"Todos bostezan", texto e ilustracións de Anita Bijsterbosch. En Combel.
Un fermoso libro que, cada dúas páxinas, nos presenta un animal que ten moito sono, polo que bocexa e ábreselle a boca. Cada un deles trae unha pequena lapela que as nenas e os nenos poden levantar e ver o interior da súa boca. Figuran animais como un gato, unha serpe, un mapache, un coelliño, un porquiño, etc. ata que chegamos ao final en que vemos a un neno que tamén ten sono.
Estamos ante unha simpática obra, con estupendas ilustracións e moi ben editada, que fai as delicias das nenas e os nenos. Un libro para gozar e divertirse cos máis pequenos da casa e que eles quererán que se lle lea unha e outra vez.

- Mozas-os e adultas-os:
"Hijos del ancho mundo" de Abraham Verghese. Editado por Salamandra.
Unha interesante obra que se desenvolve en Etiopía e que nos axuda a coñecer mellor a vida neste país. No ano 2010 foi elixida polos libreiros de Estados Unidos como a mellor novela do ano.
Cóntanos como a finais dos anos 40 do século pasado, a abadesa dun convento carmelita da India decide facer realidade un dos seus soños que é enviar dúas novas monxas, e enfermeiras, a evanxelizar en África e a que funden unha comunidade carmelita neste continente. Despois de pasar moitas vicisitudes, nas que unha delas morre, a outra consegue chegar ao hospital Missing de Adis Abeba e alí establecerse como enfermeira.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=855901
Fai diferentes traballos, pero principalmente axudando ao cirurxián Stone. Ata que un día se sente mal. O motivo é que está de parto. Nacen dous nenos xemelgos, fillos dela e do cirurxián. A nai morre e o médico desaparece. Os nenos son criados por unha parella de médicos do hospital (tamén procedentes da India) e por outro persoal do servizo doméstico...
Unha historia apaixonante que segue aos irmáns Stone. Segundo imos lendo veremos a pobreza do país as enfermidades máis comúns, o difícil que é a vida no terceiro mundo, pero principalmente para os seres máis indefensos como as mulleres e a infancia. Tamén nos iremos familiarizando con moitos termos médicos, ao mesmo tempo que asistimos ás crises económicas e políticas deste país na segunda metade do século XX.
Estamos ante unha obra que nos presenta un país moi descoñecido para a maioría da poboación, unha historia entrañable, e que nos fai cribles todos os personaxes. Unha obra magnífica e entretida que nos axudará a coñecer mellor Etiopía e os seus habitantes.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

31/1/19

Exposición bibliográfica de Amos Oz: 1939 - 2018

http://www.fpa.es/es/premios-princesa-de-asturias/premiados/2007-amos-oz.html?texto=discurso&especifica=0
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) adicamos unha exposición bibliográfica ao escritor hebreo Amos Oz finado en decembro do pasado ano. Obtivo moitos premios literarios ao longo da súa vida, sendo candidato durante varios anos consecutivos ao Nobel de Literatura. En 2007 recibíu o Premio Príncipe de Asturias das Letras
Ofrecemos unhas palabras do discurso de recepción deste galardón, recomendando a súa lectura íntegra:
"Se adquires un billete e viaxas a outro país, é posible que vexas as montañas, os palacios e as prazas, os museos, as paisaxes e os lugares históricos. Se a fortuna che sorrí, quizáis teñas a oportunidade de conversar con algúns habitantes do lugar. Volverás a casa cargado cunha morea de fotografías e postais. Pero, se les unha novela, adquires unha entrada aos pasadizos máis secretos doutro país e doutro pobo. A lectura dunha novela é un convite a visitar as casas doutras persoas e a coñecer as súas estancias máis íntimas".
O libro "Un descanso verdadero" de Oz foi obxecto de análise nas Tertulias literarias e a súa obra "Una pantera en el sótano", entre outras, foi recomendada no programa semanal que Bibloleiros ten na emisora municipal Radioleiros.

1 de febreiro: comeza a Campaña de Animación á Lectura

Comeza a Campaña de Animación á Lectura para alumnado dos centros de ensino do Concello de Oleiros. Isabel Andrés impartirá o obradoiro titulado "Do fantástico ao neofantástico: Julio Cortázar" ao alumnado do IESP Neira Vilas.

Venres 1 de febreiro:
- 9 a 11 h. (4º ESO A)
- 11,30 a 13,30 (4º ESO B)

O obradoiro terá lugar no IESP Neira Vilas.

30/1/19

30 de xaneiro: Día da Paz na Biblioteca de Lorbé

https://www.unicef.es/sites/unicef.es/files/comunicacion/unicef-educa-adp-cores-paz-actividade-dia-paz-educacion-infantil.pdfPara conmemorar o Día da Paz e a Non Violencia na Biblioteca “Xograr Mendiño” (Lorbé), durante a semana do 28 de xaneiro ao 1 de febreiro haberá unha exposición de libros infantís sobre a paz. 

Poderás levar a casa títulos como "Los conquistadores", "A guerra dos números", "Azadah", "El pequeño soldado", "O principio" e moitos outros relacionados coa resolución pacífica dos conflitos, a convivencia sen violencia e a solidariedade entre os pobos.

28/1/19

Máis de 60 sesións de actividades de promoción da lectura de febreiro a maio!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-29179.pdfSerán máis de 60 actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas-os e adolescentes entre os meses de febreiro e maio as que poderás gozar nas sete Bibliotecas Municipais de Oleiros. 60 oportunidades para que nos visites no teu tempo de lecer. Xa que o aforo é limitado é imprescindible que reserves praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Podes facelo chamando por teléfono ou achegándote persoalmente!!!
Pretendemos que as nenas-os se divirtan escoitando contos, descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e aquelas-os nenas-os aos que xa vos gusta ler afiancedes este marabilloso hábito.
Comprender, divertirse e reflexionar son os tres principais puntos en que se basea esta actividade. Participarán Charo Pita, Soledad Felloza, Sonia Ojea, Anxo Fariña, Caxoto, Fátima Fernández, Raquel QueizásRamiro Neira, Paula Carballeira, El caldero de Peltre, Manel Cráneo, Trinke Trinke Teatro, Eduvía: vías para a educación e a Asociación Participa para a Inclusión Social. Estas actividades de animación á lectura realizaranse de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Para a nena e neno pequeno a palabra oída exerce unha gran fascinación. O conto ou a poesía incorpórano a unha cultura que lle pertence, fano partícipe dunha creación colectiva e outórganlle signos de identidade. O libro oído, visto, tocado, como lectura compartida con outras nenas e nenos, axudaralle no seu contacto coa letra impresa, motivando unha lectura gozosa.
A través do universo máxico dos contos desenvólvese a imaxinación, a fantasía e acapacidade de fabulación de quen escoita. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.

As idades para as que se recomenda cada actividade son orientativas para facilitar a súa comprensión.

Na semana do 6 ao 8 de febreiro terán lugar as seguintes actividades:
Todos os actos serán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 6 de febreiro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)    
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “O que conta a neve para que ninguén a escoite”

Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 7 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)    
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Contos en verso para os máis pequechos”

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 8 de febreiro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)    
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Dado o duende”

25/1/19

Recomendacións en Radioleiros: 25 xaneiro 2019

https://youtu.be/fL2u1AX700A
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1471084- Xuvenil (nenas e nenos a partir de 12 anos):
"A balada dos unicornios" de Ledicia Costas, ilustrado por Mónica Armiño. En Xerais.
Ambientada na cidade de Londres na segunda metade do século XIX, nunha civilización onde a tecnoloxía electrónica e os modernos combustibles foron sustituidos por trebellos que funcionan pola combustión do vapor. Nunha estética futurista propia de Verne ou H. G. Wells, atopamos a Ágata, unha nena mecánica que se dirixe á Escola de Artefactos e Oficios coa intención de visitar a León, un amigo que está enfermo, que coma ela, acadou o nivel de xenio na escola. Un labirinto de mundos fantásticos, animais mitolóxicos, cans que guían humáns, inventos de todo tipo e vidas cruzadas con protagonistas femininas independentes e con poderes, unhas desde o lado máis escuro e outras dando luminosidade ás historias.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1246074 
- Mozas-os e adultas-os:
"La isla de las mil historias" de Catherine Banner. Editado por Salamandra.
Unha pequena illa do Mediterráneo, catro xeracións dunha familia e unha historia na que se nos contan os feitos máis salientables ocorridos ao longo do último século: as dúas guerras mundiais, a chegada da electricidade, a televisión, o cambio de moeda ao euro, a crise financeira do 2008 ou o turismo masivo que modifica completamente a forma de vida dun pobo que mira ao mar e deixa pasar o tempo dende o balcón do bar, ao que chaman “la casa al borde de la noche”.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.