Serán máis de 60 actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas-os e adolescentes entre os meses de febreiro e maio as que poderás gozar nas sete Bibliotecas Municipais de Oleiros. 60 oportunidades para que nos visites no teu tempo de lecer. Xa que o aforo é limitado é imprescindible que reserves praza na biblioteca en que se desenvolva cada unha das actividades. Podes facelo chamando por teléfono ou achegándote persoalmente!!!
Pretendemos que as nenas-os se divirtan escoitando contos, descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e aquelas-os nenas-os aos que xa vos gusta ler afiancedes este marabilloso hábito.
Comprender, divertirse e reflexionar son os tres principais puntos en que se basea esta actividade. Participarán Charo Pita, Soledad Felloza, Sonia Ojea, Anxo Fariña, Caxoto, Fátima Fernández, Raquel Queizás, Ramiro Neira, Paula Carballeira, El caldero de Peltre, Manel Cráneo, Trinke Trinke Teatro, Eduvía: vías para a educación e a Asociación Participa para a Inclusión Social. Estas actividades de animación á lectura realizaranse de forma lúdica, activa e participativa, fomentando a imaxinación e a creatividade.
Para a nena e neno pequeno a palabra oída exerce unha gran fascinación. O conto ou a poesía incorpórano a unha cultura que lle pertence, fano partícipe dunha creación colectiva e outórganlle signos de identidade. O libro oído, visto, tocado, como lectura compartida con outras nenas e nenos, axudaralle no seu contacto coa letra impresa, motivando unha lectura gozosa.

A través do universo máxico dos contos desenvólvese a imaxinación, a fantasía e acapacidade de fabulación de quen escoita. Trátase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.
As idades para as que se recomenda cada actividade son orientativas para facilitar a súa comprensión.
Na semana do 6 ao 8 de febreiro terán lugar as seguintes actividades:
Todos os actos serán ás 18:30
Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 6 de febreiro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “O que conta a neve para que ninguén a escoite”
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Xoves 7 de febreiro
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Contos en verso para os máis pequechos”
Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado". Mera
Venres 8 de febreiro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Dado o duende”
No hay comentarios:
Publicar un comentario