5/2/10

OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES nas Bibliotecas de Dorneda e Nós



OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES
Nas Bibliotecas Públicas Municipais, "Mª José Ruso" de Dorneda e "Ánxel Fole" de Nós, celebramos o luns 8 de febreiro ás 18:30 un obradoiro de máscaras e antefaces a través do que coñeceremos os diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, etc.) .
Divertirémonos ao tempo que coñeceremos máis da nosa cultura e etnografía.
Para nenas e nenos a partir de 7 anos.

Número máximo de participantes en cada obradoiro: 20
Imprescindible inscrición na biblioteca na que desexes participar!!!

Contacta nos teléfonos:

Biblioteca Pública Municipal "Mª José Ruso" de Dorneda: 981 626 638

Biblioteca Pública Municipal "Ánxel Fole" de Nós: 981 664 257

Hora do conto na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove: luns 8 de febreiro

Ola: espérote na Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove o luns 8 de febreiro ás 18:30 para escoitar a Caxoto na hora do conto. Os títulos serán: "O reno Renato", "A ratiña que quería durmir", "Paco"

Recomendacións en Radioleiros


Títulos recomendados o venres 5 de febreiro:
- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Furacán" de Txabi Arnal Gil e ilustracións de Neus Bruguera, editado por Kalandraka
- Mozos-as e adultos-as:
"A pista de area" de Andrea Camilleri en Galaxia

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

4/2/10

LER PARA SABER: 5 de febreiro

Comeza a actividade LER PARA SABER que consiste nunha serie de charlas ou obradoiros sobre temas científicos dirixidos a nenos e nenas (a partir de 10 anos de idade) e público en xeral.
Preténdese achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar coñecementos sobre temas cientificos de especial relevancia para a vida diaria e fomentar a lectura e consulta de materiais relacionados.
Comezamos cun OBRADOIRO DE PAPIROFLEXIA.
Introduciránnos en materia as nenas Micaela Toledo Rizzo e Iria Vázquez Pillado con "As serpes".
Día: venres 5 de febreiro
Hora: 18:30
Lugar: Biblioteca Central Rialeda. Perillo

3/2/10

Entroido 2010 nas bibliotecas: OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES

OBRADOIROS DE MÁSCARAS E ANTEFACES

No Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais celebramos este entroido con obradoiros de máscaras e antefaces a través do que coñeceremos os diferentes personaxes e figuras do Entroido galego (choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, etc)

Divertirémonos ao tempo que coñeceremos máis da nosa cultura e etnografía.

Para nenas e nenos a partir de 7 anos.

Número máximo de participantes en cada obradoiro: 20

Imprescindible inscrición na biblioteca na que desexes participar!!!



2/2/10

Tertulia Literaria en Rialeda: 3 de febreiro 2010 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Seda" de Alessandro Baricco

Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra

Obras de Alessandro Baricco no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros

1/2/10

Exposición J. D. Salinger

A partir do 1 de febreiro a Biblioteca Pública Municipal "Xograr Mendiño" de Lorbé adica unha exposición ao escritor americano J. D. Salinger na que se poderán contemplar os fondos do autor de O vixía no centeo.



29/1/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 29 de xaneiro:
- Infantil (menores de 6 anos):
"Mola que chova" de Renata Otero en Galaxia e El País
- Mozos-as e adultos-as: "Diario de un fotógrafo" de Agustí Centelles en Península.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

28/1/10

Ler para Saber: volvemos o 5 de febreiro!!!

A actividade "Ler para Saber" consiste nunha serie de charlas ou obradoiros sobre temas científicos dirixidos a nenos e nenas (a partir de 10 anos de idade) e público en xeral.

Celébranse cada venres no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda de Perillo. As charlas teñen lugar ás 18,30 horas.

Preténdese achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar coñecementos sobre temas cientificos de especial relevancia para a vida diaria e fomentar a lectura e consulta de materiais relacionados .


Programación:

- 5 febreiro: Obradoiro de Papiroflexia
- 26 febreiro: Funcionamento do corazón e prevención de enfermidades (Emiliano Fernández-Obanza Windscheid. Médico)
- 5 marzo: A pesca e marisqueo na nosa costa (Fina Mosquera Roel. Profesora do CEIP Valle Inclán)
- 12 marzo: Algúns seres microscópicos curiosos (Concepción Herrero López. Doutora en Bioloxía. Vicerreitora de Investigación da UDC)
- 9 abril: Qué é a Biodiversidade? (Elvira Sahuquillo Balbuena. Vicedecana da Facultade de Ciencias da UDC)
- 16 abril: Curiosidades dos caracois (Mª Mar Domínguez Pacheco. Profesora CEIP A Rabadeira)
- 23 abril: Biodiversidade, evolución e ser humano (Francisco Armesto Ramón. Biólogo e Director Técnico de Proxectos dos Museos Científicos Coruñeses)
- 30 abril: Dende a natureza á farmacia (Isabel Nieto Prieto. Doutora en Química. Investigadora do Grupo de Produtos Naturais Mariños da UDC)
- 7 maio: Qué son os fósiles e qué nos contan? (Roberto Bao Casal. Doutor en Bioloxía. Profesor de Paleontoloxía da UDC)
- 14 maio: Ciencia sorprendente (Moisés Canle López. Doutor en Química. Vicedecano da Facultade de Ciencias da UDC)
- 21 maio: Estamos rodeados de ácidos e bases (Elena López Prada. Profesora de Física e Química do IES Miraflores)

25/1/10

Tertulia Literaria en Rialeda: 27 xaneiro 2010 (Grupo A)


Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Fin de século en Palestina" de Miguel-Anxo Murado

Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra

Obras de Miguel-Anxo Murado no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros

22/1/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 22 de xaneiro:


- Infantil (de 6 a 8 anos): "A nube de Martín" de Javier Sobrino con ilustracións de Rebeca Luciani, editado por Kalandraka
-Mozos-as e adultos-as: "Alta infidelidad" de Christopher G. Moore editado por Alea
Recomendacións feitas no programa semanal que podes
ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.





21/1/10

Tertulia Literaria en Santa Cruz: 25 de xaneiro 2010

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: de 18,30 a 20 h.

Comentaráse a obra "Historias de cronopios y famas" de Julio Cortázar.

Consulta no catálogo a dispoñibilidade de obras de Cortázar.

15/1/10

Recomendacións en Radioleiros






Títulos recomendados o venres 15 de xaneiro:
- Infantil (de 10 a 12 anos):


"O Príncipe das Sombras" de Milan, con ilustracións de Pablo Otero editado por Kalandraka.


- Mozos-as e adultos-as:

"Non me deixes nunca" de Kazuo Ishiguro, en Galaxia.

(ou a versión en español "Nunca me abandones", en Anagrama)

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


Tertulia Literaria en Rialeda: 20 xaneiro 2010 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Cabeza de perro" de Morten Ramsland.

Consulta e descarga a nosa documentación sobre a obra.

Obras de Morten Ramsland no Sistema de Bibliotecas do Concello de Oleiros.

14/1/10

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 8 de xaneiro:

- Infantil (menores de 6 anos):
"Juego de formas", de Hervé Tullet, editado por Kókinos.

- Mozos/as e Adultos/as:

Recomendacións feitas no programa semanal que podes escoitar en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.