23/1/24

Ler para saber A CIENCIA 2024: charlas de divulgación científica na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)

Ler para saber A CIENCIA 2024: charlas de divulgación científica na Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Realizamos unha nova programación de “Ler para saber A CIENCIA: charlas de divulgación científica” para os meses de febreiro a maio. Son seis charlas sobre temas científicos dirixidas a nenas e a nenos (a partir de 10 anos de idade), adolescentes e público en xeral, que terán lugar na Biblioteca Central Rialeda (Perillo), os venres 2 e 23 de febreiro, 15 de marzo, 19 de abril, 10 e 24 de maio, ás 18:30 horas.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos sobre temas científicos de importancia na vida diaria, fomentar o coñecemento específico dunha materia determinada, dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas, atraer á biblioteca a un público interesado pola ciencia e, en definitiva,  fomentar  a lectura e a consulta de libros que traten estas temáticas.

Programáronse charlas ou obradoiros sobre aspectos diferentes para atraer a un publico de gustos diversos e variados: 
- 2 de febreiro
A ciencia na arte
Gemma Andújar Santos. Profesora de Educación Secundaria

- 1 de marzo
A importancia da conservación dos océanos
Sebastián Losada Figueiras. Ecoloxista e activista. Licenciado en Ciencias do Mar. Asesor de Greenpeace Internacional

- 15 de marzo
Construímos unha nave espacial
Alejandro Cardesín Moinelo. Enxeñeiro e científico de Misións Planetarias

- 19 de abril
O corazón: función, patoloxías e coidados   
Enrique Iglesias Río. Cardiólogo no CHUAC e no Hospital San Rafael

- 10 de maio
Investigación sobre microalgas  
Carmen Rioboo Blanco. Profesora de Microbioloxía na Universidade da Coruña

- 24 de maio
Arquitectura sostible: casa bioclimática e casa ecolóxica
Desde a Biblioteca Central Rialeda invítase a todas as persoas que desexen asistir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario