12/4/21

Hora do conto: 14 a 16 de abril 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Contacontos para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas. 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 14 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Paula Carballeira
TÍTULO: “As bruxas de abril”

Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 15 de abril
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Trémola Teatro
TÍTULO: “O neno que se comía todos os contos”

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 16 de abril
Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Carmen Domech
TÍTULO: “Contos de libros contentos"                                                     

AVISO

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario