“Hay muchas clases de besos...
Tantos como colores tiene el amanecer.”
“A mí los que más me gustan
son los besos voladores...
¿Los conoces? Se dan de lejos...
A veces, vuelan impulsados por
la mano a su lugar o flotan
sobre una nube dejándose llevar.
Salen a montones... Como
cometas de colores jugando a ver
cuál toca primero el sol.”
O texto está acompañado polas delicadas ilustracións de Aldara Prado, nas que quere representar a diversidade do amor, reflectida na variedade de bicos.
Mª Inés Cuadrado nunha entrevista publicada en La Voz de Galicia di que «Los besos, como cualquier otro gesto, son capaces de transmitir lo más sutil de nosotros mismos». Para ela, os que destacan son os bicos voadores porque “Pensar que si doy algo de amor al universo alguien lo recibirá me parece importante”. E define esta obra como “una historia reparadora, que invita a seguir contando para crear mundos mejores».
- Mozas-os e adultas-os:
"Dos amigos" de Iván Turguénev. En Ediciones Invisibles.
Viazovnín, un terratenente culto, un home de mundo ao que a fortuna deixou de serlle favorable, volve á casa familiar e mantén unha amizade co veciño Krupitsyn, un ex-tenente de cabalería, non moi culto pero reflexivo . Ambos son moi diferentes entre si, tanto na idade, como na forma de vestir, na condición social ou na cultura que teñen. Os dous amigos deixan pasar os días falando de temas diversos, ata que Krupisyn aconsella a Viazovnín que se case e ofrécese para presentarlle algunhas candidatas.
Viazovnín acepta que Krupitsyn lle busque esposa. Visitan varias casas nas que hai algunha muller posible candidata. Isto sérvelle ao autor para ir mostrándonos a sociedade do momento (dentro desta clase social) e a súa forma de vida. Segundo van facendo estas visitas, cada un deles vai reflexionando sobre o que ven e os distintos acontecementos.
Unha obra moi agradable de ler, que a editorial incluíu na colección “Pequeños placeres”, un título que lle vai moi ben, porque é un pracer lela. Nela podemos apreciar algúns dos arquetipos de Turguénev: o mozo de clase alta ocioso e o home da terra humilde, fronte á muller rica e prepotente, con tanta cultura como arrogancia, baseada na figura da súa propia nai que o marcou negativamente.
Diversos estudos destacan as referencias e paralelismos desta novela con Eugene Oneguin de Puskhin e o propio autor a cita e refírese a ela en varias frases da obra.
Un bo libro, escrito cunha boa prosa, que nos transporta á época narrada e cuns personaxes moi ben definidos.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario