22/5/20

Desde a nosa fiestra vemos lindas iniciativas para celebrar a nosa lingua e literatura #MesDasLetras

https://youtu.be/klE7lFf0IUI
- "O galego é unha lingua universal = O galego é uma linguagem universal", fermoso vídeo realizado polo IES Maximino Romero de Lema de Baio (Zas). Este centro educativo fixo unha viaxe poética arredor do mundo, coa lingua galega como nexo de unión para homenaxear a Carvalho Calero. A universalidade do galego-português é un tesouro marabilloso que a proposta deste IES amosa a través de poesías na nosa lingua, con sotaques tan diversos e por compañeir@s de países tan lonxanos ao noso cos que compartimos unha lingua común.
Grazas, Obrigado, IES Maximino Romero de Lema!!!
https://youtu.be/t-KagMBzgz4
 - No vídeo realizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do CPI As Mirandas de Ares co gallo do Día das Letras Galegas, o persoeiro homenaxeado fálalle en primeira persoa ás-aos alumnas-os deste centro. Cóntalles de primeira man a súa vida e a súa traxectoria profesional, educativa, literaria, académica, etc.  
Grazas por tan fermosa iniciativa!
 
https://www.lingua.gal/c/document_library/get_file?folderId=1647069&name=DLFE-20772.pdf 
- A editorial Bolanda, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon a disposición das-dos máis pequenas-os da casa, no Portal da Lingua Galega, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero. Descárgao de balde nesta ligazón e aprende moitas cousas interesantes do autor de "As pitas baixo a choiva", do que che deixamos aquí unha adaptación en vídeo realizada polo profesorado do CEIP Vilaverde-Mourente da obra publicada por Edicións Embora e ilustrado por Alberto Toval. Grazas, Bolechas. Grazas, CEIP Vilaverde-Mourente!


https://artsandculture.google.com/story/roman-walls-of-lugo/sALCGQjgKEVOJg- "Don Ricardo de Fingoi": nesta web podes ver a estreita relación de Carvalho Calero e a cidade de Lugo. O intelectual ferrolán residíu e traballou en Lugo desde 1950 a 1965, como profesor e responsable do Colexio Fingoi. Imaxina cantas veces terá percorrido a súa Muralla! Cantos paseos terá dado por riba desa espléndida construcción e nalgunha desas voltas non lle terá dado forma a moitos dos seus versos! Pois, sabías que a Muralla de Lugo é un dos 40 monumentos do Patrimonio Mundial que a UNESCO promocionou durante este confinamento? A iniciativa enmárcase na campaña #ComparteNuestroPatrimonio, destinada a dar a coñecer o Patrimonio Mundial e supón un gran recoñecemento, xa que a listaxe reúne máis de 1020 monumentos, paisaxes e tradicións ao longo de todo o mundo e coincide co vixésimo aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade. Nesta web podes ver estupendas fotos, vídeos e mesmo podes facer un paseo virtual por riba da muralla!!! Grazas, Colexio Fingoi! Grazas, Unesco!
#MesDasLetras

No hay comentarios:

Publicar un comentario