12/11/22
"Mientras más suave tocas, más camina el sonido"

Recomendacións en Radioleiros: 11 novembro 2022
9/11/22
"Si, cousas marabillosas", Rialeda ofréceche tesouros sobre Exipto e Tutankamón, o faraón neno
8/11/22
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 9 novembro 2022 (Grupo B)

17:30 a 19:30 h.
Comentario de "La loca de la casa" de Rosa Montero
Documentación
Seguinte lectura: "O frío azul" de Ramón Caride Ogando
7/11/22
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 8 novembro 2022 (Grupo B)

"Rosalía de Castro"
17:30 a 19 h.
Comentario de "Ollos de auga" de Domingo Villar
Coa colaboración da profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.
Documentación
Seguinte lectura: "El corazón helado" (1ª parte) de Almudena Grandes
4/11/22
Obradoiros para público infantil e Hora do conto: 7 a 11 de novembro 2022
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 7 de novembro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
OBRADOIRO: “Atrapa o morcego: obradoiro para tempos de outono”
MONITORADO: Dinamo
Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros)
Martes 8 de novembro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
OBRADOIRO: “Atrapa o morcego: obradoiro para tempos de outono”
MONITORADO: Dinamo
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 9 de novembro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Atrapa o morcego: obradoiro para tempos de outono”
MONITORADO: Dinamo
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 10 de novembro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)
OBRADOIRO: “Atrapa o morcego: obradoiro para tempos de outono”
MONITORADO: Dinamo
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)
ESPECTÁCULO: “U-la Lúa?"
CONTACONTOS: A Xanela do Maxín
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 11 de novembro, ás 17:30
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
OBRADOIRO: “Atrapa o morcego: obradoiro para tempos de outono”
MONITORADO: Dinamo
AVISO
O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.
Recomendacións en Radioleiros: 4 novembro 2022

Lapadoiras, Sacauntos e Cocón, de Marilar Aleixandre con ilustracións de Lázaro Enríquez
Galaxia, 1999
O rato Pérez axúdalle a Bibi a superar o medo á noite dando un paseo e indo coñecer aos monstros que viven na escuridade.
Marilar Aleixandre é Premio Nacional de Narrativa 2022 do Ministerio de Cultura y Deporte
- Mozas/os e adultas/os:

Lumen, 2022
A historia da familia Vias entre 1850 e 1970 en seis relatos de gran calidade literaria, mesturando memoria e literatura dun xeito intelixente e propio dunha grande narradora.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
1/11/22
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 2 novembro 2022 (Grupo A)
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Hamnet" de Maggie O'Farrell
Documentación
Seguinte lectura: "Beleza vermella" de Arantza Portabales
28/10/22
Hora do conto: 2 a 4 de novembro 2022

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 2 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Contos de outono”
CONTACONTOS: O Maquinista
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 3 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os de 2 a 5 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Contando números, cantando cores”
CONTACONTOS: Pablo Díaz
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado (Mera)
Venres 4 de novembro, ás 18:30
Para nenas-os a partir de 6 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)
ESPECTÁCULO: “Animais artistas e outras cousiñas”
CONTACONTOS: Iván Davila
Recomendacións en Radioleiros: 28 outubro 2022
27/10/22
Parabéns, Marilar!!!
Narradora, poeta, tradutora, Marilar Aleixandre usa o galego como lingua literaria e afirma que ten a lingua partida, pero que non todos os bichos con lingua bífida son perversos. En canto aos libros, di que no fondo son mensaxes escritas con tinta, chuspe ou sangue que guindamos ao baleiro coa esperanza de que alguén os reciba. Afeccionada a recoller palabras descarreiradas, gárdaas entre as liñas de relatos ou poemas. Desde 2017 na Real Academia Galega, cun discurso sobre Voces termando da paisaxe galega. Vive en Santiago de Compostela onde escribe e investiga na argumentación e Didáctica da Bioloxía. Algúns temas recorrentes nos seus libros son as traizóns, sobre todo as traizóns a un mesmo, a unha mesma e as tortuosas relacións familiares. Fonte: marilar.gal

24/10/22
Conmemoración do Día das Bibliotecas (24 de outubro) en Bibloleiros
Este ano céntrase en destacar o papel das bibliotecas como espazos libres e abertos que se preocupan por atender as necesidades dos seus usuarios/as.
Nas Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, co obxectivo de festexar esta conmemoración, do 21 ao 28 de outubro realizaremos diversas actividades relacionadas coas bibliotecas.
- Biblioteca Central Rialeda. Perillo
Pílulas para sandar diversos tipos de doenzas
Ofrecemos unha escolla de novelas que poden curar oito tipos de doenzas. "Prescribimos”

Biblio-novidades para todas as idades
Boletín de novidades con suxestións de libros para todas as idades. Presentamos unha selección de títulos de obras literarias, coñecementos e banda deseñada, para divertir e emocionar, reflexionar e aprender. Animamos a todas as persoas a que visiten a biblioteca, utilicen o servizo de préstamo e gocen coa lectura.
Contacontos Rato Canguro, a cargo de Trinke Trinke Teatro
O 27 de outubro, ás 18:30 h, contacontos Rato Canguro, a cargo de Trinke Trinke Teatro, para nenas e nenos a partir de 6 anos.
- Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro

Bibliotecas, sustentos de palabras
Exposición de libros escritos por autores/as que foron bibliotecarios/as. Escritores e escritoras que compaxinaron,
.jpg)
Persoeiros como Borges, Lewis Carrol, Goethe, os irmáns Grimm, Rubén Darío, Marcel Proust, Stephen King, María Moliner, León Felipe, Vargas Llosa ou Gloria Fuertes, forman parte dese elenco que consideraban o seu traballo coma un paraíso. Porque, que mellor profesión para un autor ou autora que unha que lle permita pasarse o día entre libros, aínda que non sexan os seus? Imaxina entrar nunha biblioteca e que te atende o mesmísimo Stephen King!! En 1969 iso era posible.
Contos na lareira, a cargo de Iván Davila
O 26 de outubro, ás 18:30 h, contacontos titulado Contos na lareira, a cargo de Iván Davila, para nenas e nenos a partir de 6 anos.
- Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. Mera
O mellor acubillo, a biblioteca
Mostra bibliográfica con libros de ficción para adultos/as con temáticas referentes a bibliotecas ou ambientadas nelas.
Contacontos Fíos de contos, a cargo de O Maquinista
O 21 de outubro, ás 18:30 h, contacontos titulado Fíos de contos, a cargo de O Maquinista, para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
Exposición Fíos de contos
Exposición de contos que xiran en torno á imaxinación e á fantasía relacionados co contacontos.
- Biblioteca Pública Municipal Manuel María. Oleiros.
Contacontos Princesos e principetas, a cargo de Raquel Galavís
O 25 de outubro, ás 18:30 h, contacontos titulado Princesos e principetas, a cargo de Raquel Galavís, para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
Marcapáxinas para colorear
Para o público infantil repartiremos marcapáxinas para colorear conmemorativos do Día da Biblioteca.
- Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. Dorneda
Biblioterapia: lecturas para coidar a mente e o corazón
Mostra bibliográfica de literatura infantil e xuvenil con libros que divirten e axudan a coidar a mente e o corazón.
Pasatempos
As nenas e nenos poderán realizar diversos pasatempos relacionados co mundo da biblioteca.
Contacontos Os ratiños da caixa, a cargo de Trinke Trinke Teatro
O 24 de outubro, ás 18:30 h, contacontos Os ratiños da caixa, a cargo de Trinke Trinke Teatro, para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
LibrosLibres
Liberación de libros procedentes de doazóns, de agasallo para os visitantes da biblioteca. Estarán colocados no vestíbulo da biblioteca e cada persoa poderá levar o que queira. Son libros usados pero todos en bo estado.
- Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. Nós
BibliomostraMostra bibliográfica de literatura infantil con obras que falan de bibliotecas ou de bibliotecarios/as.
Marcapáxinas para colorear
Para o público infantil repartiremos marcapáxinas para colorear conmemorativos do Día da Biblioteca.
Encrucillado
As nenas e nenos poderán realizar un encrucillado relacionado co mundo da biblioteca.
Contando números, cantando cores, a cargo de Pablo Díaz
O 28 de outubro, ás 18:30 h, contacontos e mini-concerto titulado Contando números, cantando cores, a cargo de Pablo Díaz, para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
- Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. Lorbé
Obradoiro de decoración de marcapáxinas
Actividade dirixida ao público infantil que consiste na decoración de diferentes marcapáxinas conmemorativos do Día das Bibliotecas.
As bibliotecas como protagonistas
Mostra bibliográfica na que se expoñerán libros de adult@s e infantís nos que as biblitoecas sexan as protagonistas.
Contacontos A memoria das estrelas, a cargo de Raquel Galavís
O 27 de outubro, ás 18:30 h, contacontos titulado A memoria das estrelas, a cargo de Raquel Galavís, para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
Tertulia literaria en Rialeda: mércores 26 outubro 2022 (Grupo B)
Biblioteca Central Rialeda. Perillo
17:30 a 19:30 h.
Comentario de "Nuestros inesperados hermanos" de Amin Maalouf
Documentación
Seguinte lectura: "La loca de la casa" de Rosa Montero
Tertulia literaria en Santa Cruz: martes 25 outubro 2022 (Grupo A)

"Rosalía de Castro"
17:30 a 19 h.
Comentario de "Un ollo de vidro" de Castelao
Coa colaboración da profesora de lingua e literatura galegas Pepe Taboada.
Documentación
Seguinte lectura: "El colibrí" de Sandro Veronesi

22/10/22
Hora do conto: 24 a 28 de outubro 2022
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Trinke Trinke Teatro
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
ESPECTÁCULO: “Princesos e principetas”
CONTACONTOS: Raquel Galavís
Para nenas-os a partir de 6 anos Aforo completo!!!
ESPECTÁCULO: “Contos na lareira”
CONTACONTOS: Iván Davila
CONTACONTOS: Raquel Galavís
Para nenas-os de 2 a 5 anos (Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)
ESPECTÁCULO: “Contando números, cantando cores”
CONTACONTOS: Pablo Díaz